Galactosa: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: ar:جالاكتوز; cambios estética |
m bot Engadido: ko:갈락토스 |
||
Liña 29: | Liña 29: | ||
[[it:Galattosio]] |
[[it:Galattosio]] |
||
[[ja:ガラクトース]] |
[[ja:ガラクトース]] |
||
[[ko:갈락토스]] |
|||
[[la:Galactosium]] |
[[la:Galactosium]] |
||
[[ms:Galaktosa]] |
[[ms:Galaktosa]] |
Revisión como estaba o 20 de marzo de 2010 ás 13:17
A galactosa é un monosacárido formado por seis átomos de carbono (é dicir, unha hexosa), que se converte en glicosa no fígado como aporte enerxético. Ademais forma parte dos glicolípidos e glicoproteínas das membranas celulares das células, sobre todo das neuronas.
Dende o punto de vista químico é unha aldosa pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) ubicado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado pirano.
Síntese da galactosa
A galactosa é sintetizada polas glándulas mamarias para producir lactosa, que é un disacárido formado pola unión de glicosa e galactosa. Por tanto, a maior achega de galactosa na nutrición provén da inxesta de lactosa do leite.
A síntese da galactosa foi o primeiro descubrimento relevante que realizou o médico e bioquímico arxentino, e logo Premio Nobel de Química, Luis Federico Leloir. O descubrimiento, realizado en 1947, baseouse nun problema formulado polo biólogo Rawell Caputo no tecido da glándula mamaria.