Diferenzas entre revisións de «A Baña»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
O topónimo ''Avania'' aparece documentado xa en [[156]] nun documento conservado no [[mosteiro de Toxosoutos]], e no tumbo B da [[catedral de Santiago de Compostela]] ([[1209]]), onde se menciona: ''...San Iurgio in Transtamarem. cum tota terra sua quam maiorem ab antiquo habuit, videlicet cum Carnota, Entines, Jalles, Barcala, '''Auania''' et de Celtigos, quantum magis antiquitus habuit...''.
 
A forma orixinal é ''Avaña''. En épocas máis recentes, froito dun proceso de castelanización de topónimos totalmente alleo á evolución natural etimolóxica, sofreusufriu a segmentación da vogal inicial "A", ó ser tomada como artigo singular feminino e ser traducida por "La"<ref>[[María Teresa González Balasch|González Balasch, M.T.]]: ''El Tumbo B de la Catedral de Santiago (Edición y Estudio)''. Universidade de Granada (tese de doutoramento), 1987.</ref>.
 
Estes falsos cortes tamén tiveron lugar noutros topónimos galegos, como Ogrobe ("El Grove") ou Agolada ("La Golada")<ref>[[Fernando Cabeza Quiles|Cabeza Quiles, F.]]: ''Os nomes da terra. Topónimos galegos''; [[Editorial Toxosoutos]], p. 201.</ref>.
Usuario anónimo

Menú de navegación