Fiopáns, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°55′51″N 8°41′41″O / 42.9308199, -8.6945854

Fiopáns
Igrexa de Fiopáns.jpg
Igrexa de San Pedro de Fiopáns.
ConcelloA Baña
Área4,69 km²
Poboación181 hab. (2016)
Densidade38,59 hab./km²
Entidades de poboación8

San Pedro de Fiopáns é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 181 habitantes (94 homes e 87 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 268 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Idade Media[editar | editar a fonte]

Da época medieval existe un conxunto de doce cazoletas de pequeno tamaño realizadas sobre a superficie horizontal dun afloramento granítico de grandes dimensións. Este conxunto chámase Petróglifo do Monte da Calexa, situado en Alde.[1]

Cultura[editar | editar a fonte]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Patrimonio arquitectónico relixioso[editar | editar a fonte]

  • Igrexa parroquial. Situada en San Pedro de Fiopáns, é de estilo barroco. Nela consta documentación do 1777, aínda que se supón que a súa construción se remonta a varios anos antes. Destaca a presenza de varios escudos de armas, seis dentro da igrexa, e un no hórreo próximo á casa reitoral.

Patrimonio etnolóxico[editar | editar a fonte]

Muíños[2][editar | editar a fonte]

Todos están situados no regueiro chamado da Calexa (río Portalaxe)

  • de Baixo da Calexa, moía catro meses no ano.
  • de Rebordáns da Calexa, ídem.
  • do Crego, ídem.
  • dos Batáns, ídem.
  • dos Herdeiros, ídem.
  • da Baña, moía dous meses no ano.
Pombais[2][editar | editar a fonte]
  • Pombal do cura.

Etnografía[editar | editar a fonte]

Festas[editar | editar a fonte]

  • 2 de febreiro: As Candeas
  • 29 de xuño: San Pedro
  • 30 de xuño: Santo Antón
  • Último domingo de agosto: San Roque
  • 8 de outubro: A Inmaculada

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Fiopáns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Fiopáns no concello da Baña (A Coruña)

Agrocovo | O Alde | Estibadiña | Fiopáns | Peisais | San Pedro | Troitomil | Vilar de Suso

Parroquias da Baña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PXOM A Baña". 
  2. 2,0 2,1 Rodríguez Troncoso, Amador (2014). Os albores de Feiraco. Feiraco. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]