Barcala, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barcala
A Banha Barcala 1.JPG
Igrexa de San Xoán de Barcala.
Concello A Baña
Poboación 186 hab. (2015)
Entidades de poboación 10

San Xoán de Barcala é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñes da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 186 habitantes (94 mulleres e 92 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes.

Na aldea de Arzón naceu Avelino Pousa Antelo o 14 de maio de 1914, coñecido na parroquia coma Lucho do Peto.

Historia[editar | editar a fonte]

Na parroquia quedan restos do Neolítico e como mostra a existencia do grupo de seis mámoas de Pedra Alba, o grupo de dúas mámoas do Alto de Emes e a pedrafita de Pedra Alba, de 86 cm de altura, situada nun camiño tradicional.[1]

Foi parroquia desde moi antigo, ata que no 1668 pasou a depender de Ordoeste.

Escola de Cuba[editar | editar a fonte]

A escola de San Xoán construíuse grazas ás contribucións dos emigrantes galegos en Cuba. A sociedade promotora foi a Unión Barcalesa. Esta sociedade foi a mesma que promoveu as escolas de Covas e Aro.

O 23 de xuño de 1995 pasou a ser da Asociación de veciños A Barcalesa.

A primeira concentración de Galicia[2][editar | editar a fonte]

O 5 de setembro de 1958, o dictador Francisco Franco entregoulle os 263 títulos das leiras de reemprazo aos propietarios das terras concentradas en San Xoán de Barcala e Santa María de Covas. Esta concentración abarcou 177 hectáreas, cuxo custo detallado foi:

Actuación Custo en pesetas
Camiño San Xoán - A Baña 450.000
Camiño Cores a estrada de Negreira - Muxía 370.000
Regadío do río Barcala 135.000
Ampliación regadío río Barcala 46.000
Saneamento entre Lameiro e Padín 40.000
Regularización da canle do rego de Seoane 40.000
Saneamento de Emes 36.000
Rectificación camiño Seoane a ponte Albariña 11.000
Rectificación do regato de Piacelo 4.000
TOTAL 1.132.000

O número de parcelas concentradas foi de 2.486 e as de reemprazo foi 537.

Arquitectura popular[editar | editar a fonte]

Casa de Cores[editar | editar a fonte]

Construído no século XVIII, conta cunha edificación principal constituída pola casa señorial, as dependencias do persoal de servizo e unha capela privada. Na entrada de servizo encóntranse dous hórreos, de 10 e 7 claros.

Fóra do recinto amurallado, podemos atopar un dos carballos máis grandes de Galicia.[3]

Muíños[2][editar | editar a fonte]

  • Muíño de Cores, de Andrés Bermúdez de Leis, que moía todo o ano con auga de Ponte Albariña.
  • Santa Lucía, de Felipe Lueiro e consortes.
  • Rodo, de don Pascual López (párroco), que moía tres meses coa auga da Fonte de Santa Lucía.

Pombais[2][editar | editar a fonte]

  • Pombal de 12 pares, de Andrés Bermúdez

Festas[editar | editar a fonte]

  • 1º domingo de xaneiro: San Manuel
  • 23 de maio: Os Milagres
  • 3º domingo de xuño: San Hadrián
  • 31 de decembro: San Xoán

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Barcala[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Barcala no concello da Baña (A Coruña)

Arzón | Cores | Emes | O Lameiro | Moldes | Pao de Raposo | A Pereira | A Revoltiña | Seoane | A Torre

Parroquias da Baña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PXOM A Baña". 
  2. 2,0 2,1 2,2 Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco. 
  3. "Carballo de Cores". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]