Saltar ao contido

Sanamede do Monte, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sanamede do Monte
Cruceiro e igrexa de Sanamede.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°56′08″N 8°43′44″O / 42.93547881, -8.72902634
Área9,51 km²
Poboación414 hab. (2016)
Densidade43,53 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Sanamede do Monte é unha parroquia que se localiza no sueste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 414 habitantes (211 mulleres e 203 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 544 habitantes.

Malia a mala conservación aínda quedan restos de túmulos megalíticos como son a mámoa do Purrubelo e a mámoa das Chamiseiras. As dúas sitúanse en Duomes de Abaixo. No lugar de Monte tamén se atopa a mámoa da Mina de Mosqueira.[2]

A primeira referencia nun documento é o ano 988, onde reflicten que o monxe Leodofredo fai doazón da mesma e tódolos seus lugares ao mosteiro de Antealtares.

Feira en Seilán[3]

[editar | editar a fonte]

No ano 1793, os veciños de Covas, San Cibrán e San Mamede elevaron unha petición ao Rei Carlos IV para que lles autorizase a celebración dunha feira todos os meses. Por Real Carta dada o 4 de setembro de 1795 concedéuselle a feira o segundo domingo de cada mes. Esta foi feita na carballeira de Seilán, e por ese motivo construíuse unha capela, primeiro de madeira, na que se oficiaba a misa os días da feira. No ano 1928 permitíuselle facer feira nos segundos domingos e nos cuartos daqueles meses que tiveran cinco. Esta durou ata os anos 60.

Sofre varias transformacións, sobre todo a partir do ano 1594, visibles na variedade de estilos, que van desnde o gótico tardío ata o manierista que se manifesta na capela maior e nos retablos.

[editar | editar a fonte]

A maioría moían con auga do río Seilán (río Albariña) nove meses, excepto o Novo, propio do cura, que moía todo o ano

  • O dos Aguillóns
  • O do Medio
  • O da Ponte dos Aguillóns
  • O dos Gómez
  • Novo
  • Vello
  • O de Nantón
  • O do Medio
  • O de Arriba
  • Novo, do cura

Moían a metade do ano coas augas do regato de Buchaín:

  • O de Buchaín
  • O de Abaixo
  • Pombal de 20 pares de Francisco Pérez de Lucia
  • Pombal de 10 pares de Domingo Silva
  • 3 de febreiro: San Blas (en Seilán).
  • 17 de agosto: San Mamede.
  • 18 de agosto: Santo Antón.
  • 19 de agosto: San Luís.
  • Domingo seguinte ao 19 de agosto: A Peregrina (en Seilán).
  • Domingo seguinte ao 16 de setembro: Santa Eufemia (en Seilán).

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Sanamede do Monte

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Sanamede do Monte no concello da Baña (A Coruña)

Buchaín | Duomes de Abaixo | Duomes de Arriba | Freiriñas | O Monte de Abaixo | Nantón | O Rucheiro | Sanamede | O Seilán | Xanín

Parroquias da Baña

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Galicia, Xunta de. "Inventario | SIOTUGA". www.planeamentourbanistico.xunta.es. Consultado o 2016-06-02. 
  3. "Real orden autorizando feiras dominicais tradicionais no Municipio da Baña" (PDF). 29 de outubro de 1928. Consultado o 2 de xuño do 2016. 
  4. 4,0 4,1 Rodríguez Troncoso, Amador (2014). Os albores de Feiraco. Feiraco. ISBN 978-84-697-1047-0. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]