Suevos, A Baña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Suevos | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Suevos. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°59′33″N 8°45′18″O / 42.99241467, -8.75510222 |
Área | 6,02 km² |
Poboación | 214 hab. (2016) |
Densidade | 35,55 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede de Suevos é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 214 habitantes (111 mulleres e 103 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.
Historia[2]
[editar | editar a fonte]A pegada da cultura castrexa nesta terra está no castro de Suevos, tamén chamado O Castillo. Trátase dun asentamento fortificado da Idade de Ferro que presenta unha coroa de forma ovoide de grandes dimensións, 140 m e 110 m, delimitada por un parapeto dun 3-4 metros de alto. En Francos atópase a mámoa da Agra dos Méndez, a día de hoxe afectada por unha pista parcelaria e a repoboación con eucaliptos.[3]
A presenza de pobos centroeuropeos é visible na toponomía da parroquia: Suevos e Francos.
A parroquia de Suevos pertence ao arciprestado de Céltigos e ao arcediagado de Trastámara. Entre os séculos XVII e XVIII chegou a contar con catro confrarías. A igrexa parroquial é de estilo neoclásico. Comezou a contruírse no 1767, aínda que non se rematou definitivamente ata o século XIX, co engadido da sancristía.
Arquitectura popular
[editar | editar a fonte]Muíños[4]
[editar | editar a fonte]- O de Ventura Paredes, moía seis meses con auga do rego de Faílde.
- o de Batáns, moía seis meses.
- Penedo.
- Regenjo, moía con auga do río de Portos.
- Ribavella, moía tres meses con auga do río Fonte Esperón.
Festas
[editar | editar a fonte]- 3 de febreiro: San Blas.
- 13 de xuño: Santo Antón.
- 17 de agosto: San Mamede.
- 18 de agosto: Santísimo Sacramento.
- 19 de agosto: A Inmaculada.
- 1º domingo de outubro: O Rosario.
- 13 de decembro: Santa Lucía.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.
-
Cruceiro e igrexa de Suevos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Suevos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Suevos no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
A Choupana | A Cruz | O Faílde | Faxín | Francos | Reguengo | Suevos |
Parroquias da Baña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Concello da Baña. Guía da Baña.
- ↑ "PXOM A Baña" (PDF).
- ↑ Rodríguez Troncoso, Amador (2014). Os albores de Feiraco. Feiraco. ISBN 978-84-697-1047-0.