A Riba, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Riba
Igrexa parroquial de San Xoan da Riba, A Baña, Galicia, Spain.jpg
Igrexa de San Xoán da Riba.
ConcelloA Baña
Área10,24 km²
Poboación266 hab. (2016)
Densidade25,98 hab./km²
Entidades de poboación13

San Xoán da Riba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 266 habitantes (141 mulleres e 125 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 445 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia atopamos a pegada dos antigos poboadores da nosa terra. Exemplos desta son o petróglifo da Teixoeira, na aldea da Carballeira; o petróglifo da Pena de Miñato, na aldea de Ferreiros, xacemento este formado por catro grupos de gravados no superior; e o conxunto de mámoas no lugar coñecido como As Brañas de Ferreiros. A tradición oral fala dun poboamento que se localizaba na proximidade da lagoa das Brañas de Ferreiros, e que por motivos descoñecidos, afundiuse nas augas da lagoas. Atopouse restos de cerámica nesa zona.

Tamén temos dous grupos de mámoas que están no lugar de Carballeira e no sitio chamado as Teixoeiras[1] ou Campo das Minas. Segundo a tradición oral o nome do sitio viña de que por alí había ferro. Está o grupo do Campo da Feira cun total de cinco túmulos e o de Barreiros con catro. Próximo ao lugar da Bafadoira atopánse a de Costolla e un grupo de tres mámoas chamadas de Ventureira, e cerca do Campelo atopamos a Mámoa das Brañas e a do Campo da Tilla. En Vigobó tamén está a mámoa do Castelo e a mámoa da Mina dos Mouros, este último nun bo estado de conservación.[2]

Igrexa[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xoán da Riba é orixinaria de estilo románico, sufrindo varias remodelacións entre os séculos XVII e XVIII. A día de hoxe é un conxunto de estilos entre os que se pode apreciar en diferentes partes da súa estrutura o barroco e o neoclásico.

No lugar da Riba existiu unha capela, pero a día de hoxe non queda nada dela.

Feira da Carballeira[editar | editar a fonte]

Neste lugar celebrábase unha feira de concesión real os últimos domingos de cada mes á que, ademais do gando das inmediacións, acudían vendedores de panos, lenzos, praterías e grans de todo tipo. Xa no 1851 se ten constancia da súa celebración. No 1897 esta feira foi trasladada A Baña.[3]

Arquitectura popular[editar | editar a fonte]

Muíños[4][editar | editar a fonte]

  • de Antelo, moía seis meses coa auga do río e fonte Eimil.
  • da Carballeira, ídem ao anterior.
  • da Portela, moía seis meses, en Trece, no río Eimil.
  • de Abaixo ou o da Cova do Batán, ídem ao anterior
  • o da Cova do Batán, ídem
  • Ponte de Espesedo, moía todo o ano coa auga do río Vilanova.
  • o da Braña de Espesedo, moía todo o ano coa auga do río Ponte Riveiro.
  • do Relo, no lugar de Loureiro, moía catro meses con auga da Braña e Rego das Pegas.
  • de Pintella de Ferreiros, que moía seis meses con auga da Fonte pedra de Silvariño.

Festas[editar | editar a fonte]

  • 24, 25 e 26 de xuño: San Xoán
  • 1º domingo de outubro: O Rosario.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Riba[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Riba no concello da Baña (A Coruña)

Bafaduira | Campelo | A Carballeira | A Costa | Espesedo | Ferreiros | Folgueira | O Loureiro Pequeno | Manle | A Riba | San Xoán | Trece | Vigobó

Parroquias da Baña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • "Mámoa 2 do Campo da Feira. Teixoeiras". Patrimonio Galego. Consultado o 2016-06-02. 
  • "PXOM A Baña". 
  • "Real orden autorizando feiras dominicais tradicionais no Municipio da Baña" (PDF). Consultado o 02 de xuño de 2016. 
  • Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.