Troitosende, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Troitosende
Lápida de Ursino.jpg
Lápida de Ursino, achada no lugar de Vilela e conservada no Museo Arqueolóxico da Coruña.
ConcelloA Baña
ProvinciaA Coruña
Área4,94 km²
Poboación223 hab. (2016)
Densidade45,14 hab./km²
Entidades de poboación8

Santa María de Troitosende é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 223 habitantes (114 homes e 109 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 330 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Da idade de ferro permanecen as dúas mámoas de Salgueiróns, as dúas mámoas do Monte da Medorra; en Bugalleiras. Tamén existiu un castro entre Portochán e Vilacoba denominado Castro de Troitosende, en mal estado de conservación pero de grande importancia debido a cantidade e calidade de materiais arqueolóxicos recuperados.[1] Da época romana hai tres sitios arqueolóxicos descubertos: o de Vilela, o de Mouzón e o de Bugalleiras, onde se encontraron abundante material cerámico romano, varias fosas escavadas, unha lápida e unha tumba.

Antes de facer a ponte entre Portochán e Ames, a parroquia atravesaba nunha barca o Tambre.

Igrexa[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial foi construída a finais do século XII e reformada nos séculos XVIII e XX. Ten nave de planta rectangular, con muros de cadeirado de granito e cuberta a unha e dúas augas con tellado de tella. A fachada é de cadeirado de granito, con portada enmarcada por dúas pilastras encaixadas con basas toscanas e capiteis dóricos. Por riba vai un entaboado, unha cornixa e unha fiestra decorada con placas semicirculares. A sancristía está acaroada ao muro norte. A espadana é cuadrangular, con tres machóns sobre os que voltean dous arcos de medio punto laterais. No centro hai dous machóns cun arco de medio punto e un pináculo rematado por unha cruz metálica. Ten un pequeno retablo nunha capela e varias imaxes.

A parroquia pertence ao arciprestado de Dubra.

Arquitectura popular[editar | editar a fonte]

Muíños[2][editar | editar a fonte]

Son de dúas pedras cada un e moían medio ano con augas do río Tambre

  • Canal de Portochán
  • de Mandelo

Festas[editar | editar a fonte]

  • Domingo de entroido: Santa Lucía
  • 2º domingo de xullo: O Carme
  • 15 de agosto: Nosa Señora
  • 16 de agosto: O Sacramento
  • 1º domingo de entroido: O Rosario

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Troitosende[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Troitosende no concello da Baña (A Coruña)

Bugalleira | Menlle de Abaixo | Menlle de Arriba | Portochán | Quintáns | Troitosende | Vilacova | Vilela

Parroquias da Baña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PXOM A Baña" (PDF). 
  2. Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]