Corneira, A Baña
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Corneira | |
---|---|
Igrexa de San Cristovo de Corneira. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°57′11″N 8°48′14″O / 42.953, -8.8038Coordenadas: 42°57′11″N 8°48′14″O / 42.953, -8.8038 |
Área | 6,2 km² |
Poboación | 325 hab. (2016) |
Densidade | 52,42 hab./km² |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Corneira[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 325 habitantes (181 mulleres e 144 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 496 habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]
Os restos prehistóricos están presentes na mámoa e no petróglifo da Lagoa, situados no monte de Ferraces. Hai indicios tamén dun asentamento fortificado castrexo denominado Alto do Souto, pero as últimas prospeccións non foron moi frutíferas.[2]
No ano 1607 era anexo da parroquia de San Xoán da Riba. A igrexa parroquial correspóndese ao terceiro terzo do século XVIII, facéndose a capela maior no século XIX. Ao longo do tempo sufriu varias transformacións.
Arquitectura popular[editar | editar a fonte]
Pazo de Ferraces[editar | editar a fonte]
Este pazo atópase en estado ruinoso, pero aínda se conserva un patín co seu corredor cuberto e as portas ornamentadas con arcos conopiais e escudo ovalado que evoca aos Romero e aos Moscoso. Conta cun pombal.
Muíños[3][editar | editar a fonte]
- Porto Carros, moía todo o ano con auga do río Corneira.
- Sorubadas
- da Braña
- Vieiro, moía con augas do regato Foxá
- de Vilar de Cerdeiras, moían con auga do rego de Foxos.
- do Baiares, tamén do rego de Foxos.
- de Ferraces
- do Souto
- de Vilanova
Pombais[3][editar | editar a fonte]
- Pombal de 12 pares, de Fausto García.
Festas[editar | editar a fonte]
- 1º sábado despois de Corpus: Santísimo Sacramento.
- 3 de outubro: San Cristovo.
- 4 de outubro: San Francisco.
- 5 de outubro: San Roque, San Ramón e As Dores.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Corneira[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Corneira no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
O Agriño | Agromaior | Os Barreiros | Corneira | O Couto Carballo | Ferraces | As Foxas | A Granxa | O Outeiro | A Piolla | Ponte Corneira | O Requeixo | Vilanova | Vilar de Cerdeiras | Vilar de Cima | Vilariño |
Parroquias da Baña[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "PXOM A Baña".
- ↑ 3,0 3,1 Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.