A Ermida, A Baña
A Ermida | |
---|---|
Capela do Divino Salvador. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°00′03″N 8°47′17″O / 43.0008, -8.788 |
Área | 4,51 km² |
Poboación | 122 hab. (2016) |
Densidade | 27,05 hab./km² |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador da Ermida é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 122 habitantes (64 homes e 58 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo deriva do latín eremita, que é unha igrexa pequena, polo xeral lonxe ou fóra dun núcleo de poboación,[2] ou tamén pode facer referencia a un sitio ermo ou sen traballar.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Esta parroquia foi suprimida a nivel eclesiástico, pero figura como tal a nivel administrativo.
Coma evidencia da longa antigüidade atopamos a pegada da cultura castrexa nun lugar coñecido como Castro ou Castelo de Gosende. Tamén existen diferentes mámoas coma a mámoa da Mina do Rodado, a dos Pasos do Río e a da Hedreira.[4]
A única capela é unha pequena ermida de planta rectangular e con muros de cachotería, agás nos esquinais e nas pezas dos linteis da porta, que son de perpiaño irregular. A porta está descentrada e leva unha pequena ventá con lados biselados, no centro, debaixo da espadana.[5]
Arquitectura popular
[editar | editar a fonte]Muíños[6]
[editar | editar a fonte]Todos moían coas augas do río Grande (río Abuín).
- da Rena, moía todo o ano.
- de Abaixo, todo o ano
- de Gosende, catro meses no ano.
- da Hedreira, todo o ano.
Festas
[editar | editar a fonte]- 5 de agosto: As Neves.
- 25 de decembro: San Salvador.
- 26 de decembro: San Silvestre.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Ermida
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Ermida no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
O Cotro | O Cruceiro | A Ermida | Gosende | A Hedreira |
Parroquias da Baña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ermida.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "PXOM A Baña".
- ↑ "Ermida do Divino Salvador".
- ↑ Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.