Saltar ao contido

Emma Bonino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmma Bonino

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Bra, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Senador de Italia
13 de marzo de 2018 – 12 de outubro de 2022
Lexislatura: 18th Legislature of Italy (en) Traducir
Italian Minister of Foreign Affairs (en) Traducir
28 de abril de 2013 – 22 de febreiro de 2014
← Mario MontiFederica Mogherini →
Membro do gabinete: Letta Cabinet (en) Traducir
Senador de Italia
18 de abril de 2008 – 14 de marzo de 2013
Lexislatura: 16th Legislature of Italy (en) Traducir
Minister of Foreign Trade (en) Traducir
17 de maio de 2006 – 8 de maio de 2008
Membro do gabinete: Prodi II Cabinet (en) Traducir
Italian minister for EU Affairs (en) Traducir
17 de maio de 2006 – 8 de maio de 2008
Membro do gabinete: Prodi II Cabinet (en) Traducir
Deputado da República Italiana
21 de abril de 2006 – 28 de abril de 2008
Lexislatura: 15th Legislature of Italy (en) Traducir
Eurodeputada
Representa: Lista Bonino (pt) Traducir

20 de xullo de 2004 – 27 de abril de 2006

Circunscrición electoral: North-East Italy (en) Traducir

Eurodeputada
Representa: Lista Bonino (pt) Traducir

20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004

Circunscrición electoral: Italia

Comissário Europeu da Saúde e Política do Consumidor (pt) Traducir
23 de xaneiro de 1995 – 12 de setembro de 1999
← Christiane ScrivenerDavid Byrne (pt) Traducir →
Deputado da República Italiana
5 de abril de 1994 – 24 de xaneiro de 1995
Lexislatura: 12th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
23 de abril de 1992 – 14 de abril de 1994
Lexislatura: 11th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
10 de xullo de 1990 – 22 de abril de 1992
Lexislatura: 10th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
5 de decembro de 1986 – 1 de xullo de 1987
Lexislatura: 9th Legislature of Italy (en) Traducir
Eurodeputada
Representa: Partido Radical (pt) Traducir

24 de xullo de 1984 – 11 de setembro de 1984

Circunscrición electoral: Italia

Eurodeputada
Representa: Partido Radical (pt) Traducir

17 de xullo de 1979 – 23 de xullo de 1984

Circunscrición electoral: Italia

Deputado da República Italiana
13 de xuño de 1979 – 11 de xullo de 1983
Lexislatura: 8th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
5 de xullo de 1976 – 20 de decembro de 1978
Lexislatura: 7th Legislature of Italy (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Bocconi (valor descoñecido–1972) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Radical (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webemmabonino.it Editar o valor en Wikidata
Dialnet: 22229

Emma Bonino OMRI, CdrLH, nada en Bra, provincia de Cuneo, Piemonte o 9 de marzo de 1948 é unha política italiana, senadora por Roma,[1] tamén serviu como ministra de Asuntos Estranxeiros. Anteriormente, foi membro do Parlamento europeo e do Senado italiano. Serviu no goberno de Italia como ministra de Comercio Internacional dende 2006 a 2008. É unha membro principal dos Radicais italianos, un partido político que se describe como "liberale, liberista e libertario" (onde liberista denota liberalismo económico e libertario unha forma de liberalismo cultural respecto dos asuntos morais, con algunhas conexións ideolóxicas co esquerdismo-libertarianismo histórico). Graduouse en literatura e linguas modernas pola Universidade de Bocconi de Milán en 1972.

Lexisladora veterana na política italiana e activista a favor de varias políticas de reforma, foi elixida como unha das catro vicepresidentas do Senado o 6 de maio de 2008.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira política nacional

[editar | editar a fonte]

Bonino Foi elixida deputada en 1976 e reelixida en 1979, 1983, 1987, 1992, 1994 e 2006. En 1975, fundou o Centro de Información sobre Esterilización e Aborto e promoveu o referendo que levou á legalización do aborto en Italia. En 1986, estivo entre os promotores dun referendo contra a enerxía nuclear que levou ao rexeitamento do programa de enerxía nuclear civil en Italia.

O 17 de maio de 2006, Bonino foi nomeada ministra de Comercio Internacional no goberno de Romano Prodi.[3][4] Dimitiu da oficina o 7 de maio de 2008 cando foi elixida vicepresidenta do Senado o día anterior. En 2008, nas eleccións do 13 e do 14 de abril, foi elixida para un asento no Senado na lista do Partido Demócrata pola circunscrición electoral de Piemonte.

O 28 de abril de 2013, xurou como ministra de Asuntos Exteriores no goberno liderado por Enrico Letta.

En xuño de 2017, as enquisas de opinión pública dábanlle un apoio do 43 por cento, segunda só tralo primeiro ministro Paolo Gentiloni.[5] A pesar da opinión pública positiva, o seu partido caeu por debaixo do 3 por cento requirido para obter un escano no Parlamento. En resposta, adoptou o lema "Ámame menos, vótame máis".[6][7]

Carreira política internacional

[editar | editar a fonte]
Emma Bonino co Secretario de Estado dos Estados Unidos John Kerry, antes da súa reunión en Roma.

Bonino foi elixida para o Parlamento Europeo en 1979 e reelixida en 1984 e 1999. Serviu como Secretario do Partido Radical Transnacional en 1993–94 e como presidenta do partido en 1991–1993. En outubro de 1994, foi nomeada cabeza da delegación do Goberno italiano na Asemblea Xeral da ONU para a "Iniciativa para a moratoria da pena de morte". Dende 1994 a 1999, foi responsable do Comisario europeo para a Política do Consumidor, a Pesca e a Oficina Humanitaria da Comunidade Europea (ECO). En 1997, o seu campo de competencia foi ampliado para incluír a protección da saúde do consumidor e a seguridade alimentaria.

O 15 de marzo de 1999, dimitiu xunto con toda a comisión Santer debido ás acusacións de fraude e desgoberno contra a comisaria Édith Cresson. O informe final nivelou os cargos contra a maioría de comisarios, incluída Bonino. En novembro de 2002, foi nomeada xefa da delegación de Goberno italiano na Conferencia Intergobernamental da Comunidade de Democracias en Seúl.

Xunto con Marco Pannella, outro membro do Partido Radical, Bonino loitou polos dereitos civís e a liberdade individual, preocupándose principalmente polo divorcio, a legalización do aborto, a legalización das drogas, e para a liberdade sexual e relixiosa. Loitou contra a fin da pena capital, contra a mutilación xenital feminina e a erradicación da fame mundial.

En xuño de 1999, obtivo unha porcentaxe histórica de votos (8.5%) nas eleccións europeas (contra o habitual 2–3% que os radicais lograron nas eleccións anteriores e seguintes). A súa lista (Lista Bonino) gañou sete dos 78 escanos italianos nesta elección.

Emma Bonino apoiou a intervención de OTAN en Kosovo na primavera de 1999. Dende 1999 a 2004, a Lista Bonino era non afiliada e dende 2004, formou parte do grupo de ALDE. En decembro de 2001, mudouse ao Cairo co obxectivo de aprender a lingua e a cultura árabes. En marzo de 2003, iniciou unha sección diaria na prensa árabe en Radical Radio. En xaneiro de 2004, organizou a Conferencia Rexional sobre Democracia, Dereitos humanos e a función do Tribunal Penal Internacional, primeira nun país árabe. É membro de cadro da Fundación de Democracia Árabe.

Bonino foi membro de cadro de DARA ata decembro de 2012. En 2016, foi nomeada por Erik Solheim, Presidente do Comité de Asistencia do Desenvolvemento, para servir no Cadro de Alto Nivel sobre o Futuro do Comité de Asistencia do Desenvolvemento baixo o liderado de Mary Robinson.[8]

Loita polos dereitos das mulleres

[editar | editar a fonte]
Bonino nunha visita a Cabul

Bonino destacou especialmente pola defensa dos dereitos humanos das mulleres e recibiu varios premios por iso.[9]

En outubro de 1998, ao recibir o premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional dedicouno á líder da oposición birmana Aung San Suu Kyi. Compartiu o premio cun grupo de mulleres especialmente activas no campo dos dereitos humanos: Fatiha Boudiaf, viúva do presidente alxeriano asesinado en 1992, Olayinka Koso-Thomas, nixeriana que loita pola abolición da mutilación feminina, Graça Machel, presidenta da Comisión da ONU pola defensa dos nenos vítimas da guerra, Rigoberta Menchú, Premio Nobel da Paz 1992, Fatana Ishaq Gailani, fundadora do Consello das Mulleres Afgás, e Somaly Mam, Presidenta da asociación camboxana que combate a prostitución infantil. Na década de 2000 traballou especialmente en campañas contra as mutilacións xenitais femininas, os dereitos das mulleres afgás e aloita contra a prostitución infantil.

En 2001 loitou pola incorporación de mulleres no novo goberno de Afganistán tralos talibáns e apoiou a "carta afgá dos dereitos da muller" que debía proporse á asemblea de xefes tradicionais encargada de escribir a nova constitución.[10]

  1. Gino Moliterno, ed. (2005). Encyclopedia of Contemporary Italian Culture (PDF). Londres e Nova York: Routledge. ISBN 0-203-74849-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  2. "Governo, Berlusconi ottimista Calderoli: "Io, ministro a sorpresa"". www.repubblica.it (en italiano). 6 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  3. "Ministero del commercio internazionale / II Governo Prodi / Governi /". Camera dei deputati - Portale storico (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  4. "Emma Bonino - Biografia". www.emmabonino.it. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-27. 
  5. "67. La leadership a destra, sinistra e nel M5S - Atlante politico - Demos & Pi". www.demos.it. Consultado o 3 de maio de 2018. 
  6. Povoledo, Elisabetta (9 de febreiro de 2018). "She Won Italians’ Hearts. But Can She Win Their Votes?". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 3 de maio de 2018. 
  7. Merelli, Annalisa. "There are two rays of hope for progressives in Italy’s election". Quartz (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2018. 
  8. High Level Panel on the Future of the Development Assistance Committee Development Assistance Committee.
  9. "«Organizaremos una conferencia internacional contra la ablación»". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xuño de 2002. Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  10. País, Ediciones El (23 de xuño de 2002). "Reportaje | El diario afgano de Emma Bonino". El País (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]