Fatiha Boudiaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFatiha Boudiaf

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Orán, Alxeria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlxeria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMohamed Boudiaf
Premios

Fatiha Boudiaf, nada en Orán o 28 de novembro de 1944, é unha activista alxeriana, viúva do antigo presidente Mohamed Boudiaf. Tralo seu asasinato en 1992, estableceu a Fundación Boudiaf para divulgar a mensaxe de paz do seu marido. Foi unha crítica da reclusión de Lambarek Boumaarafi, dicindo que unha conspiración maior estaba involucrada na morte do seu marido e pediu que se reabrise a investigación.

Morte de Mohamed Boudiaf[editar | editar a fonte]

Boudiaf era a segunda esposa do presidente alxeriano Mohamed Boudiaf.[1] Denunciou a investigación oficial do asasinato do seu marido, suxerindo que non foi obra un fanático solitario, senón que formou parte dun plan maior. Intentou visitar a Lambarek Boumaarafi, o home que foi apresado polo homicidio, mentres estaba en prisión, mais a petición foi rexeitada polas autoridades.[2]

Mantén a teoría de que a persoa que asasinou o seu marido se agachou baixo a mesa en fronte del e aínda non foi arrestado.[2] En 2016, acusou catro antigos oficiais do exército do asasinato e enviou unha carta aberta ao antigo presidente Abdelaziz Bouteflika pedindo que se reabrise o caso.[3]

Activismo[editar | editar a fonte]

Boudiaf estableceu a Fundación Boudiaf,[4] pola que recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional en 1998.[5] A fundación creouse en honra do marido de Boudiaf e intenta esparexer unha mensaxe de paz e educación para todos os habitantes de Alxeria. Cada ano, no aniversario do pasamento, celebra a súa vida.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alilat, Farid (3 de marzo de 2015). "Algérie : Bouteflika et les femmes". Jeune Afrique (en francés). Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Alilat, Farid (22 de agosto de 2015). "The "J'accuse! "Madame Boudiaf". Jeune Afrique (en francés). Consultado o 26 de outubro de 2016. 
  3. "Algérie. Nacer Boudiaf accuse 4 anciens hauts gradés de l'armée de l'assassinat de son pere". Medias24 (en francés). 30 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2016. 
  4. Naylor, Phillip C. (1994). Historical Dictionary of Algeria. Metuchen, N.J.: Scarecrow Press. p. 143. ISBN 978-0-58507-031-5. 
  5. "Prince of Asturias Award - Rewarded" (en francés). Prince of Asturias Award. Consultado o 26 de outubro de 2016. 
  6. "Lire aussi L'homme est mort, l'oeuvre reste IL Y A 14 ANS, BOUDIAF RENTRAIT AU PAYS Le retour du père prodige Il y a 12 ans revenait Mohamed Boudiaf Que reste-t-il de l'idéal Boudiaf ? La patrie au cœur Mohamed Boudiaf Communiqué de la Fondation Boudiaf" (en francés). Djazairess. 29 de xuño de 2008. Consultado o 26 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]