Saltar ao contido

Eluveitie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eluveitie
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Chrigel Glanzmann (2002 - )
Jonas Wolf (2016 - )
Kay Brem (2008 - )
Fabienne Erni (2017 - )
Lea-Sophie Fischer (2024 - ) Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
Características
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
2002 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2002 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF154400272 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01rgdtv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: eluveitie Twitter: eluveitie Instagram: eluveitie_official MySpace: eluveitie Youtube: UClV0x3k5Oxm7vREoLEOPeGg Souncloud: eluveitie Spotify: 5X0N2k3qMnI8kSrGJT3kfT Apple Music: 269358403 Last fm: eluveitie Musicbrainz: 8000598a-5edb-401c-8e6d-36b167feaf38 Songkick: 281032 Discogs: 508784 Allmusic: mn0000329978 Deezer: 6253 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Eluveitie é unha banda suíza de celtic metal, orixinaria de Winterthur, formada en 2002 por Chrigel Glanzmann.

O seu estilo caracterízase pola fusión do death metal melódico con melodías populares das nacións celtas, a presenza de instrumentos tradicionais europeos como a zanfona ou a gaita, as referencias á mitoloxía celta nas súas cancións - en particular ao pobo galo - e por ter cancións escritas na extinta lingua gala.

Deu o seu salto á fama despois do lanzamento do álbum Slania, o primeiro lanzado co selo discográfico Nuclear Blast, un dos referentes do xénero, así como o primeiro que entrou nas listas de Suíza e Alemaña. Nel destaca a súa canción «Inis Mona», unha das máis populares do grupo. O seu álbum Origins alcanzou o máis alto da lista de éxitos en Suíza. Ata finais de 2017 publicou sete álbums de estudio e adoita ser citado como un dos mellores grupos de folk metal.

A formación experimentou numerosos cambios dende a súa creación, sendo Chrigel Glanzmann o único membro orixinal que continúa dende entón. A mediados de 2016 o grupo sufriu unha gran transformación debido á saída de catro dos seus membros, tres dos cales levaban máis de 10 anos nel. Xunto a Glanzmann están os guitarristas Rafael Salzmann e Jonas Wolf, o baixista Kay Brem, a violinista Nicole Ansperger, o gaiteiro Matteo Sisti, o batería Alain Ackermann, a zanfonista Michalina Malisz e a arpista Fabienne Erni.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación e Vên

[editar | editar a fonte]

A banda nace entre os anos 2002 e 2003 coma un proxecto persoal de Chrigel Glanzmann, que reuniu,tras uns cantos intentos fracasados, a varios músicos para formar un grupo que combinase a música folk con metal extremo, creando Eluveitie, inicialmente como proxecto de estudo no que os outros músicos non tiñan outras obrigacións alén da gravación das súas pistas.[1] O nome da banda vén dunha pintada encontrada na cidade de Mantua (c. 300 a. C.).​[2] Na inscrición en letras etruscas pon eluveitie, que se interpretou como a forma etrusca de (h)elvetios («o helvético»), probablemente en referencia a un descendente dos helvecios que viviu alí.[3] As primeiras aspiracións non ían máis alá de gravar un EP, que foi o autofinanciado Vên, pero o éxito que acadou motivou que Glanzmann formase o grupo como tal, con outros nove músicos, e decidise continuar co proxecto, tanto no estudo como nos escenarios.

En 2004 realizaron as súas primeiras actuacións en directo, incluída unha no festival suízo Elements of Rock[4] e asinaron un contrato coa discográfica holandesa Fear Dark Records, coa que lanzaron unha versión remasterizada e parcialmente regravada de Vên.[5][6] Tamén actuaron en festivais organizados pola compañía, así como nalgúns festivais internacionais de folk metal como abreconcertos de bandas como Cruachan ou Korpiklaani. Despois, sete dos dez membros abandonaron o grupo por varias razóns,[7][8] quedando só Chrigel Glanzmann, Sevan Kirder e Meri Tadić, que buscaron outros seis membros e converteron a Eluveitie nun grupo de nove persoas.[9]

Spirit e Slania (2006-2008)

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2006 participaron xunto a outras bandas nun álbum tributo á banda alemá Falkenbach, titulado …an Homage to Falkenbach, co tema Vanadis.[10]

Tamén a principios dese ano, Sarah Wauquiez foi substituída por Anna Murphy tocando o zanfona[11] e a violinista Linda Suter abandonou a formación,[12] polo que Eluveitie converteuse nun grupo de oito persoas, cifra que se mantivo, aínda que con cambios dalgúns membros, ata hoxe. En xuño dese ano saíu á venda Spirit,[13] o seu primeiro disco de longa duración e o único gravado con nove músicos.[14] En setembro, o conxunto comezou unha xira por Europa coa banda alemá Odroerir, na que tocaron en festivais como o Ragnarök Festival, en Alemaña,[15] e a finais de ano asinaron un contrato co selo discográfico alemán Twilight Records, que máis tarde sería o responsable do relanzamento de Spirit e Vên.[16]

En novembro de 2007, a banda asinou un contrato con Nuclear Blast e comezou a gravar o álbum Slania, que saíu á venda en febreiro de 2008 e converteuse no disco co que o grupo deu o seu salto á fama, así como o primeiro en entrar nas listas de éxitos de Suíza e Alemaña. O seu nome vén do nome dunha nena que Chrigel viu sobre unha lápida da época dos helvecios.[17][18] O disco incluía o tema "Inis Mona", probablemente a canción máis destacada do grupo e unha das máis famosas, cuxo videoclip oficial ten preto de 30 millóns de visitas en YouTube,[19] con parte da súa melodía baseada na famosa canción tradicional bretoa Tri Martolod. O seu nome provén da illa de Anglesey, chamada Ynys Môn en galés, onde se atopaba o centro da formación de druídas máis importante dos pobos celtas. A mediados de 2008, os irmáns Rafi e Sevan Kirder (baixista e gaiteiro, respectivamente) anunciaron que deixarían a banda despois do seu seguinte concerto por motivos persoais e foron substituídos por Kay Brem e Patrick «Päde» Kistler.[20]

Evocation I - The Arcane Dominion e Everything Remains (As It Never Was) (2009-2011)

[editar | editar a fonte]

En 2009, Eluveitie lanzou o seu terceiro álbum de estudio, Evocation I - The Arcane Dominion, totalmente acústico a diferenza dos anteriores.[21] Contou coa colaboración de músicos como Alan Averill "Nemtheanga", cantante de Primordial, e Oliver "SaTyr" Pade, cantante de Faun.[22] Ademais saíu á venda a edición especial Slania/Evocation I - The Arcane Metal Hammer Edition editada baixo o selo discográfico Nuclear Blast da revista Metal Hammer, que contén cinco cancións de Slania e oito de Evocation I - The Arcane Dominion.[23]

En 2010 publicouse o cuarto álbum da banda, Everything Remains (As It Never Was). Para este traballo o grupo contratou profesionais que traballaran con outras bandas recoñecidas[5] como Tommy Vetterli (Kreator, Coroner) para a coproducción e a enxeñaría de son,[24] Colin Richardson (Slipknot, Machine Head) para as mesturas[25] e John Davis (U2, Led Zeppelin) para a posprodución.[26] Posteriormente Tommy Vetterli tamén produciría os álbums Helvetios e Origins. Despois do lanzamento, realizaron unha xira por Europa, América do Norte e a India durante a que, no festival Wacken Open Air, recibiron o título Up and Coming 2010 da revista Metal Hammer, un premio á mellor banda revelación.[27] Durante 2011 continuaron dando concertos por todo o mundo xunto con bandas cada vez máis relevantes como Children of Bodom ou Dark Tranquility.[28]

Helvetios e Origins (2012-2016)

[editar | editar a fonte]

A principios de 2012, saíu á venda o seu quinto álbum, Helvetios, un álbum conceptual que trata sobre as guerras das Galias dende a perspectiva dos helvecios,[29][30] e que recibiu críticas xeralmente favorables por parte dos expertos.[31] Na xira de promoción por Europa, Eluveitie tocou en importantes festivais do xénero como o Paganfest,[32] e seguiu dando concertos polo resto do mundo. Durante o seu paso Suramérica, Anna Murphy enfermou e tivo que volver a Suíza, a pesar co cal, o grupo seguiu tocando sen ela.[33] Nunha entrevista para a revista Metal Blast, Chrigel Glanzmann revelou que xa comezara a escribir novo material para Evocation II, a continuación de Evocation I - The Arcane Dominion.[34] Tamén ese mesmo ano saíu á venda o álbum en directo Live on Tour (que foi gravado en Tilburg, Países Baixos, no festival Paganfest, durante a súa xira promocional de Helvetios) e The Early Years, que contén cancións gravadas do seu EP Vên e de Spirit.[35]

En setembro de 2013, Eluveitie confirmou que despois do final da súa xira mundial comezaría a gravar o seu novo disco.[36] En decembro do mesmo ano, a violinista Meri Tadić abandonou o grupo[37] e foi substituída por Nicole Ansperger.[38] En marzo de 2014 Eluveitie gañou o premio Swiss Music Awards á mellor banda nacional en directo,[39] sendo a primeira vez que unha banda de metal recibía o premio.[40] En abril dese mesmo ano anunciou que realizarían unha xira europea con Arkona e Skálmöld.[41]

En agosto saíu á venda o seu sexto álbum, Origins, que xeralmente recibiu valoracións positivas da crítica musical[42] e acadou o primeiro posto na lista de éxitos en Suíza e o sexto na de Alemaña.[43][44] En palabras do propio Chrigel Glanzmann, que tamén creou o deseño artístico do álbum, Origins trata sobre "contos etiolóxicos da Galia".[5] A finais de ano deixou a banda o gaiteiro Patrick Kistler, explicando a súa versión dos acontecementos no seu perfil de Facebook,[45] e foi substituído por Matteo Sisti -inicialmente de xeito temporal e, posteriormente, como membro permanente-,[46][47] e en xullo de 2015 deixou a formación Nicole Ansperger por motivos familiares, polo que o grupo anunciou un proceso de selección para elixir un novo violinista.[48] A finais de agosto, finalmente anunciou que a violinista alemá Shir-Ran Yinon sería a súa substituta durante os próximos tres meses, durante a súa xira por Norteamérica, Suramérica e Europa.[49] Nela, Eluveitie organizou o seu propio festival, "Eluveitie & Friends", ao que asistiron as bandas Epica, Faun e Krampus. Ademais, pasados ​​uns tres anos dende o primeiro anuncio, revelaron. que finalmente estaban traballando no álbum Evocation II.[50]

Cambios na formación e Evocation II - Panteón (2016-presente)

[editar | editar a fonte]

O 5 de maio de 2016, Eluveitie anunciou que decidira prescindir do batería Merlin Sutter.[51] Como resultado, Anna Murphy e Ivo Henzi, íntimos amigos de Merlín, tamén abandonaron a banda.[52][53] Explicaron que había "profundas diferenzas persoais entre os propios membros" e pediron manter os detalles ocultos para non prexudicarse mutuamente.[54][55] Os tres confirmaron que estaban traballando xuntos nun novo proxecto musical que saíu á luz pouco despois, o grupo Cellar Darling. Seguiron tocando en concertos con Eluveitie ata o 5 de xuño. Dous meses despois, Shir-Ran tamén anunciou a súa marcha do grupo[56] e Nicole Ansperger reincorporouse.[57][58]

En setembro de 2016, Eluveitie anunciou que o seu próximo álbum, Evocation II, sairía á venda durante a primavera de 2017 e lanzou un vídeo promocional del.[59] Finalmente, Evocation II foi lanzado o 18 de agosto. É a continuación de Evocation I, mantén o concepto acústico e é o primeiro sen Merlin Sutter nin Ivo Henzi.[60]

Entre decembro de 2016 e xaneiro de 2017 o grupo rediseñou completamente a súa páxina web e presentou aos novos membros permanentes, xusto antes de celebrar o seu festival, Eluveitie & Friends, en Pratteln, Suíza.[61] Fabienne Erni uniuse como arpista e os músicos, ata agora convidados, Michalina Malisz, Alain Ackermann e Jonas Wolf convertéronse en membros permanentes.[62]

Sinxelo Rebirth e Ategnatos (2017 - actualidade)

[editar | editar a fonte]

O 14 de outubro de 2017 Eluveitie anunciou a gravación dun novo álbum[63] e publicou un novo vídeo musical titulado "Rebirth", producido por Wolfgang Wolman e Oliver Sommer.[64] Rebirth foi a primeira gravación non acústica producida pola nova formación.

En febreiro de 2019 publicaron o videoclip da primeira canción do disco, Ategnatos, e o 5 de abril saíu á luz o disco, tamén chamado Ategnatos.[65]

Características

[editar | editar a fonte]

Eluveitie mestura dous tipos de son diferentes: por unha banda, usa voces limpas, instrumentos tradicionais europeos como o tin whistle e outros tipos de frautas, o violín, a gaita ou a zanfona, e as melodías populares das nacións celtas xunto a outros de creación propia. Por outra banda, é importante a presenza do death metal melódico, con voces guturais, unha batería rápida e guitarras distorsionadas.

Algunhas desas melodías proceden de cancións tradicionais bretoas, por exemplo, "Tri martolod" na súa canción "Inis Mona"[66] ou "Maluron Lurette" de Tri Yann na súa canción "Celts";[67] inglesas, como "Scarborough Fair" en "Antvmnos";[68] escocesas - como "The E-minor jig" en "Calling the Rain";[69] reels irlandeses - como "With Ourselves" de Johnny Harling en "Meet the Enemy", "Cooley's Reel" en "Tarvos" ou "Gravel walk" en "The Somber Lay"; e incluso cancións modernas - como "Thaney" do grupo Malinky en "Siraxta" ou "Dr. Gilbert" de Lúnasa en "From Darkness".

Linguas das letras

[editar | editar a fonte]

Aínda que moitas das súas letras están escritas en inglés, tamén inclúen cancións en galo antigo. O seu terceiro álbum, Evocation I - The Arcane Dominion, está completamente escrito en galo agás a canción «Sacrapos - At First Glance». As letras están baseadas na cultura, historia e mitoloxía celtas,[70] feitos históricos e mitos e lendas da Galia.[71] Para escribilas e traducilas ao galo colaboran con expertos en estudos celtas das universidades de Viena[72] e Zürich.[73]

Para unha das súas cancións mais famosas, The Call Of The Mountains, gravaron 5 versións. Ademais da versión en inglés editaron a canción nas catro linguas de Suíza: francés, alemán suízo, italiano e romanche, así como outra versión nas que se combinan as cinco linguas.[74]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Entrevista a Chrigel Glanzmann" (en inglés). 29 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  2. "Un Helvète chez les Étrusques vers 300 av. J.-C.". www.academia.edu (en francés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  3. "Celti ed Etruschi nell'Etruria Padana e nell'Italia settentrionale". www.academia.edu (en italiano). Consultado o www.academia.edu.
  4. "Bandas do Elements of Rock". www.elementsofrock.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  5. 1 2 3 "ELUVEITIE". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  6. "Vên". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  7. "Biografía de Eluveitie". www.laut.de (en alemán). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  8. "Entrevista a Chrigel Glanzmann". www.metalfan.nl (en neerlandés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  9. "Report: ELUVEITIE - Metal With An Ancient Feel" (en inglés). 7 de setembro de 2006. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  10. "... An Homage To Falkenbach Pt. II". www.discogs.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  11. "Entrevista con Anna Murphy" (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  12. "10 Jahre Eluveitie: Exklusive Rückblicke aus dem Band-Fotoalbum" (en alemán). 17 de agosto de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  13. "Spirit". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  14. "Eluveitie – Spirit" (en inglés). 25 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  15. "Eluveitie & Friends 2013: Introducing Odroerir" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  16. "ELUVEITIE Signs With NUCLEAR BLAST RECORDS" (en inglés). 14 de novembro de 2007. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  17. "Entrevista con Chrigel Glanzmann". www.metalist.co.il (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2021. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  18. "Inscription of Davesco". www.univie.ac.at (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  19. Eluveitie (30 de xaneiro de 2008). ELUVEITIE - Inis Mona (OFFICIAL MUSIC VIDEO) (Youtube).
  20. "Eluveitie Parts Ways With Rafi And Sevan Kirder" (en inglés). 4 de xuño de 2008. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  21. "Eluveitie - "Evocation I: The Arcane Dominion" (CD)". www.metalunderground.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  22. "ELUVEITIE - reveal tracklist and guest musicians" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  23. "Exklusive Eluveitie-CD im nächsten METAL HAMMER" (en alemán). 28 de xuño de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  24. "Tommy T. Baron". www.metal-archives.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  25. "Colin Richardson". www.metal-archives.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  26. "John Davis". www.metal-archives.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  27. "METAL HAMMER Awards 2010: Auszeichnung der besten Bands auf dem Wacken Open Air" (en alemán). 6 de agosto de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  28. "Eluveitie y Neckbreakers Tour 2011: información" (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  29. "Eluveitie Helvetios". www.metal-hammer.de (en alemán). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  30. "Helvetios - Eluveitie". www.allmusic.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  31. A revista Sonic Seducer chamouno "pura eficiencia"; a edición alemá de Metal Hammer eloxiou as cancións "Meet The Enemy", "Neverland" e "The Siege" polo seu estilo agresivo e concluíu que as virtudes musicais de Eluveitie seguían en este álbum; unha análise da revista Stormbringer comparou a canción "The Siege" co estilo Sepultura e chamou ao álbum "unha obra de arte".
  32. "Cartel do Paganfest 2012". www.allmetalfest.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  33. "South American Shows Without Anna" (en inglés). 26 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  34. "Entrevista a Eluveitie". www.metalblast.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  35. "ELUVEITIE TO RELEASE “THE EARLY YEARS” THIS SUMMER ON NUCLEAR BLAST". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  36. "ELUVEITIE anuncian nuevo disco." (en castelán). 9 de setembro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  37. "Meri Tadic deja a los suizos Eluveitie" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  38. "ELUVEITIE tiene nueva violinista: Nicole Ansperger" (en inglés). 12 de decembro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  39. "Eluveitie gana premio en Suiza al mejor directo" (en castelán). 11 de marzo de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  40. "Entrevista a Chrigel Glanzmann". www.metal-discovery.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  41. "ELUVEITIE, ARKONA y SKÁLMÖLD en Barcelona y Madrid" (en castelán). 22 de abril de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  42. Björn Springorum da revista Metal Hammer dixo que Origins era "o seu mellor álbum ata a data". Glenn Butler da revista Powerplay continuou os eloxios ao dicir que "este álbum é simplemente unha magnífica creación dende a concepción ata a entrega". Dan Drago de about.com dixo que "a banda nunca soara tan revitalizada desde Slania" e que "Origins era un gran paso na dirección correcta".
  43. "Eluveitie" (en alemán). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  44. "Eluveitie". www.musicline.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  45. "Declaración de Patrick Kistler no seu Facebook" (en inglés). 24 de novembro de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  46. "Entrevista a Matteo Sisti" (en italiano). 8 de marzo de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  47. "Entrevista a Chrigel Glanzmann" (en inglés). 8 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  48. "Eluveitie - Violinist Leaves The Band, Searching For Replacement" (en inglés). 6 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  49. "Comunicado de Eluveitie" (en inglés). 28 de Agosto de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  50. "ELUVEITIE - announce second acoustic album in progress & special acoustic shows!" (en inglés). 9 de setembro de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  51. "Comunicado de Merlin Sutter". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  52. "Comunicado de Anna Murphy". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  53. "Comunicado de Ivo Henzi". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  54. "Entrevista con Anna Murphy" (en inglés). 22 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  55. "the end of an era" (en inglés). 5 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  56. "Comunicado de Shir-Ran Yinon". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  57. "Facebook de Nicole Ansperger". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  58. "Eluveitie return from the Death to destroy Wacken" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  59. Eluveitie (17 de setembro de 2016). Eluveitie's upcoming album: EVOCATION II (Youtube).
  60. "Comunicado de Eluveitie". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  61. "ELUVEITIE - announce new line-up!". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  62. "ELUVEITIE - announce their complete new line-up!". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  63. "Anuncio de Eluveitie". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  64. Nuclear Blast (27 de outubro de 2017). Eluveitie - Rebirth (Youtube).
  65. "ELUVEITIE PUBLICA NUEVO VIDEOCLIP, «ATEGNATOS»" (en castelán). 5 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  66. "Entrevista a Eluveitie". www.metal-exposure.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  67. "Celtos". Reddit (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  68. "ALBUM REVIEW: Evocation II: Pantheon – Eluveitie" (en inglés). 16 de agosto de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  69. "Celtic tunes covered by Eluveitie" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  70. "Entrevista con Eluveitie". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  71. "Entrevista con Chrigel Glanzmann" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  72. "Entrevista con Eluveitie" (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.
  73. "The Wondrous World Of Eluveitie" (en inglés). 15 de febreiro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  74. "Nuevo tema multi-lenguaje de ELUVEITIE.". www.metaltotal.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  75. 1 2 3 4 DiVita, Joe (5 de xaneiro de 2017). "Eluveitie Announce Six New Members to Complete Lineup". Loudwire (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]