Faun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OrixeMúnic, Alemaña Alemaña
Período2002 - presente
Xénero(s)Pagan folk
Darkwave
Música neo-medieval
Folk rock
MembrosOliver SaTyr
Fiona Rüggeberg
Rüdiger Maul
Niel Mitra
Sonja Drakulich
Stephan Groth
Katja Moslehner
Na rede
http://www.faune.de
Facebook: FaunOfficial Twitter: FaunOfficial Instagram: faunofficial MySpace: paganfolk Youtube: UCxWwz-uZkTNwEM_duLUrWkQ TikTok: faunofficial Bandcamp: faun-music Spotify: 2wPOgnQ6eW3X73uIJZ4YFE iTunes: 61412380 Last fm: Faun Musicbrainz: 0f06b40e-8bb9-4c59-814b-540a801f22d1 Songkick: 433564 Discogs: 268416 Allmusic: mn0000975698 Deezer: 275927 Editar o valor em Wikidata

Faun é unha banda de folk pagán xermánico e darkwave, aínda que algúns dos seus temas pertencen á tradición de música antiga relixiosa (coma as Cantigas de Santa María), xa que a súa investigación musical pretende abarcar todo tipo de culturas. A banda formouse no 2002. A orixinalidade do seu estilo musical recae no uso de instrumentos antigos e no canto, que é o centro de atención. As cancións están escritas nunha gran variedade de idiomas, incluíndo o alemán, o latín, a lingua galaico-portuguesa e linguas escandinavas.

Os seus instrumentos inclúen a arpa celta, a arpa sueca, a zanfona, a gaita, a cítara, frautas, entre outros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A banda fundouse no 2002 por Oliver "SaTyr" Pade, Elisabeth Pawelke, Fiona Rüggerberg e Birgit Muggenthaler. Dous anos despois, Rüdiger Maul entrou na banda coma percusionista. Ó tempo que el entraba, Birgit deixaba a banda para continua-la súa carreira musical con outro proxecto de folk-rock, Schandmaul. En 2002, Faun lanzou o seu primeiro álbum de estudio, Zaubersprüche (en alemán, conxuro). Niel Mitra foi o músico convidado para este disco, e co tempo volveríase un integrante permanente da banda, sendo o único en tocar instrumentos electrónicos. Elisabeth Pawelke deixou Faun no 2007, para se enfocar nos seus estudos de música clásica en Basilea, Suíza. Foi substituída por Sandra Elflein, cuxa voz era diferente, mais destacou polo seu virtuosismo co violín e coa zanfona, a cal antes non era tan notoria. En 2009 lanzaron o disco Das Buch Der Balladen, o cal era completamente acústico: sen elementos electrónicos máis alá de ambientacións. En abril de 2010, a banda anunciou que Sandra Elflein deixaría o grupo debido á súa licenza de embarazo e por complicacións de saúde. A súa ausencia foi cuberta coa incorporación de Rairda (Margareta Eibl), a cal acompañou o grupo durante dous anos.

En 2011, gravaron e lanzaron o disco Eden, o cal tiña cancións onde na súa instrumentalización alcanzou a participar Sandra, pero a voz de Raidra era quen agora acompañaba a Fiona. En xaneiro de 2012 Faun anunciou que Rairda abandonaba a agrupación para se ocupar da súa vida familiar e os seus proxectos musicais persoais. Días máis tarde na súa páxina web o grupo publicou a integración de dous novos compoñentes: Sonja Drakulich (actual cantante do grupo folk estadounidense Stellamara) coma nova vocalista, executante de dulcimer, ademais de percusionista; e Stephan Groth (non confundir co cantante de Apoptygma Berzerk), xove músico alemán e un dos máis prometedores no que a zanfona e música fusión se refire.

Estilo[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

Para expresa-lo seu propio vínculo coa Natureza a banda acuñou o termo "Pagan Folk", para nomea-lo estilo dos seus concertos. Aínda que o termo foi inicialmente usado para concertos electronicamente amplificados, agora é usado polos fans e a banda para defini-lo xénero da súa música. Unha cita de Oliver Pade revela outra posibilidade para ter escollido este termo: "Non sabiamos que clase de música estabamos a tocar, así que decidimos chamalo paganfolk" (Oliver dixo isto no anuncio dunha canción no 2004 no Summer Darkness en Utrecht, Países Baixos).

No repertorio musical de Faun hai dende melancólicas baladas ata exuberantes danzas coma o An Dro bretón. As súas creacións inspíranse en certas épocas e rexións, así como tamén posúen unha gran variedade de composicións orixinais.

Faun combina estilos persas e árabes con melodías de arpas suecas e letras en alto alemán medio. Igualmente son distinguidas as voces de Elisabeth Pawelke e Fiona Rüggerberg, case sempre a dúas voces e en gravacións recentes, conducidas polo ritmo de Niel Mitra.

No seu álbum debut, Zaubersprüche, atópanse baladas de entre o período do medievo tardío e o romanticismo. A instrumentación mantense enteiramente acústica, e non inclúe elementos nin ritmos electrónicos excepto nun só tema, de forma moi camuflada (arranxo de Niel Mitra). No seu segundo álbum , chamado Licht, destacan temas máis rítmicos e alegres coma "Andro", "Unda" e a canción dobre "Deva/Punagra". En Renaissance, aparecen con máis forza as melodías medievais, entre elas a súa interpretación de "Da Que Deus", unha das cantigas de Afonso X o Sabio, con algunhas variacións feitas polo grupo. Cómpre destacar que se trata de música sacra, a cal para o grupo é parte da súa investigación musical, tanto coma o é o paganismo. Posteriormente, en Totem aparecen temas máis tranquilos, pero non por iso menos ornamentados; destacan temas coma "2 Falken", moi electrónico, onde a voz de Pawelke e o violoncello dialoga cos arranxos e os efectos que Mitra engade, ou tamén cancións coma "Unicorne" ou "Tinta", onde os estudos coma mezzosoprano de Pawelke comezan a se notar, xunto coa arpa céltica de Oliver e os ventos de Fiona, os cales rouban a nosa atención no tema "Karuna". No seu álbum en vivo "FAUN & The Pagan Folk Festival" xunto a Sieben e In Gowan Ring crean un disco continuo, onde os tres proxectos musicais mesturan os seus talentos en temas de cada un. Con Rairda no álbum Eden traen temas máis bailables e animados, pero cunha traballada ornamentación e arranxos, en comparación con Licht. Destacan temas coma "Iduna", "Hymn to Pan", "Zeitgeist" e "Adam Lay Ybounden". Cómpre destacar que este disco, por primeira vez, trae letras en inglés, tanto moderno coma antigo, xunto a letras en idiomas nórdicos. Amais conta coa colaboración de artistas coma Mediæval Bæbes coma coro xunto a Fiona e Rairda en "Lupercalia", e Adam Hurst coma violonchelista en "Alba". Ademais o "booklet" foi deseñado con obras de Brian Froud, Kris Kuksi e Julia Jeffrey.

Letras[editar | editar a fonte]

A súa orixinalidade recae, ademais de na súa música e no seu estilo, nas súas letras que están escritas nunha gran variedade de idiomas, coma o alemán e os seus diferentes dialectos, o islandés, o latín, o castelán, o galaico-portugués, o inglés... entre outros.

Significado do nome[editar | editar a fonte]

O nome faun procede da antiga mitoloxía grecorromana. Segundo a banda, esta figura é descrita coma un espírito do bosque, o que expresa a conexión e o vínculo da banda coa Natureza. Pola mesma razón, o sobrenome de Oliver Pade é Satyr, un ser estreitamente relacionado co Fauno.

Membros[editar | editar a fonte]

Membros actuais[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Ano Título Posición nas listas
DEU
[1]
AUT
[2]
NED
[3]
CHE
[4]
2002 Zaubersprüche
2003 Licht
2005 Renaissance
2007 Totem 78
2009 Buch der Balladen
2011 Eden
2013 Von den Elben 7 9 5
2014 Luna 4 20 90 12
2016 Midgard 3 14 9

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Suchergebnisse in den deutschen Charts". Charts.de (en alemán). Media Control Charts. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  2. "Discographie Faun - austriancharts.at" (en alemán). Hung Medien. Consultado o 1 de setembro de 2016. 
  3. "Faun – Luna". Dutchcharts.nl (en neerlandés). Hung Medien. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  4. "Faun - hitparade.ch" (en alemán). Hung Medien. Consultado o 1 de setembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]