Reel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O reel é un tipo de danza popular. É a forma máis popular na música de Irlanda e é a máis interpretada nas reunións informais de músicos (sessions), seguida a nivel de popularidade por giga, hornpipe, polka e outras estruturas aínda menos coñecidas.

Os reels teñen un ritmo vivo e solen interpretarse a velocidade rápida. Teñen unha estrutura cuaternaria polo xeral en compás de catro por catro e solen compoñerse de dous partes A e B de oito compases cada unha. As dúas partes repítense nos reels dobres (AABB) ou interpretanse seguidas nos reels sinxelos (ABAB). É freconte repitir estas secuencias dous ou máis veces e enlazar un reel en secuencia con outro ou outros temas diferentes. Sólese acentuar as partes pares débiles do compás creando un swing moi característico. Existen diferentes maneiras de interpretalos variando segundo as zonas e os intérpretes, con máis ou menos adornos, maior ou menor ligado nas notas, maior intensidade no swing, etc.