Saltar ao contido

Tilburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tilburg
 Xentilicio
Tilburger (nl)
tilburgano (eo) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: mayor of Tilburg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Theo Weterings (2017 - )
Peter Noordanus (2010 - 2017) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Historia
 Substitúe
Haaren (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Comparte fronteira con
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
9.883 (1815) censo
11.726 (1830) censo
14.042 (1840) censo
14.645 (1849) censo
15.866 (1859) censo
21.459 (1869) censo
28.390 (1879) censo
33.903 (1889) censo
36.275 (1895)
40.628 (1899) censo
46.517 (1905)
50.405 (1909) censo
63.111 (1920) censo
78.804 (1930) censo
113.090 (1947) censo
138.546 (1960) censo
154.512 (1971) censo
153.117 (1980) censo
158.846 (1990) censo
195.800 (2000) censo
206.240 (2010) censo
211.726 (2015)
213.804 (2017) padrón municipal
215.521 (2018) padrón municipal
217.259 (2019) padrón municipal
219.789 (2020) padrón municipal
221.947 (2021) padrón municipal
227.707 (2023) padrón municipal Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
103.738 (2015)
102.351 (2014)
101.313 (2013)
100.536 (2012)
99.681 (2011)
98.711 (2010) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
119,15 km²
118,13 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   14 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal5000–5049 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap299231 Editar o valor en Wikidata
VIAF134612257 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0988h Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+31013 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: gemeentetilburg Twitter: gemeentetilburg Instagram: gemeentetilburg LinkedIn: gemeente-tilburg Youtube: UCo-V27Pf2zHm54uNgQ3Gsjg BNE: XX6018731 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Tilburg é un municipio e unha cidade situada da provincia do Brabante do Norte, no sur dos Países Baixos. O municipio inclúe a propia Tilburg, e as vilas contiguas de Berkel-Enschot e Udenhout. Cunha poboación de 203.482 habitantes en 2008, Tilburg é a sétima cidade máis poboada dos Países Baixos, e a segunda do Brabante do Norte, só por detrás de Eindhoven. O concello de tamén inclúe os núcloes de poboación de Berkel-Enschot e Udenhout.

Estatua de Guillerme II en Tilburg

As primeiras referencias históricas de Tilburg falan de cando esta localidade foi nomeada señorío no século XIV. O señorío adquiriu o nome de "Tilburg e Goirle", e estendíase polo que hoxe son estas dúas localidades. Un século máis tarde, Jan van Haestrecht, señor de Tilburg, construiría un dos signos de identidade da cidade, o Castelo de Tilburg, que aparece no escudo de armas da cidade. En 1803 Goirle separouse de Tilburg, recibindo o 18 de abril de 1809 os dereitos de ciidade, tendo nese ano arredor de 9.000 habitantes.

En 1858 o devandito castelo foi derrubado para construír unha fábrica.

Guillerme II

[editar | editar a fonte]

O rei Guillerme II sentiu unha especial predilección pola cidade, na que adoitaba pasar longas tempadas afastado do bulicio da Haia. Foi un grande benfeitor da cidade, mellorando a industria téxtil, construíndo numerosas granxas e achegando financiamento ao Concello. Foi el quen comezou a construción do palacio de Tilburg, que pensaba utilizar como residencia, mais nunca o chegou a utilizar xa que morrería poucos anos antes da súa terminación. Este palacio de Tilburg é hoxe parte do concello.

Como curiosidade o equipo de fútbol de Tilburg, que milita a primeira división neerlandesa, toma o nome de Willem II (en neerlandés Guillerme II) en honra ao rei.

Economía téxtil

[editar | editar a fonte]
Vista aérea de Tilburg
A Igrexa de Heuvel, a principal igrexa de Tilburg

Tilburg probablemente xurdiu ao redor dun dos lugares de reunión do gando lanar. A forma triangular dalgunhas das súas prazas históricas revela o seu pasado como encrucillado de camiños gandeiros.

A produción de la, principal fonte de ingresos dos gandeiros de Tilburg, propiciou a aparición de teares manuais, que no século XVII chegaron a ser máis de 300. En torno ao século XVIII introduciuse o muíño de vento nos teares mellora que ampliou considerablemente a produción da cidade. En 1881, Tilburg contaba con 145 para a produción de la.

A cidade mantívose como a capital da la dos Países Baixos até o colapso dos anos 60 do século XX, tras o cal a cidade reconverteu o seu tecido industrial, diversificándoo de maneira considerábel.

Institucións de Tilburg

[editar | editar a fonte]
Torre Westpoint
  • Tilburg é a sede da Universidade de Tilburg (Universiteit van Tilburg), considerada por moitos a mellor dos Países Baixos en Economía e Dereito. No campo de economía e administración de empresas, é considerada pola European Economic Association como a mellor universidade de Europa
  • O museo de arte moderna De Pont ten a súa localización en Tilburg.
  • De Efteling, o maior e máis famoso parque temático dos Países Baixos está a 10 km do centro da cidade.
  • Interpolis, importante grupo asegurador asociado a Rabobank ten a súa sede en Tilburg.
  • O Museo Téxtil dos Países Baixos (Nederlands Textielmuseum) localízase en Tilburg.
  • A academia de rock (rockacademie), a maior dos Países Baixos está preto do centro da cidade. Desta academia saíron algunhas figuras prominentes do rock holandés contemporáneo.
  • A torre Westpoint álzase como un coloso preto da estación central de Tilburg. Coas seus 140 metros, é o terceiro edificio máis alto dos Países Baixos, o máis alto de carácter residencial. Foi completado en 2004.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]