Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Arkona (Аркона) é unha banda rusa de pagan metal e folk metal, xurdida no ano 2002 en Moscova.
As súas letras están baseadas na historia rusa e a mitoloxía eslava, e ademais incorporan algúns instrumentos tradicionais da música de Rusia (tales como balalaicas, domras, guslis, acordeón ruso ou bayan, zanfonas, violíns, tambores, frautas etc).
A banda formouse en 2002 e dende entón publicaron 7 álbums, 1 demo, 1 recompilatorio e 2 DVD de concertos en vivo. O nome da banda provén do nome da última cidade eslava pagá fortificada, no Cabo Arkona.
No 2014, Vlad "Artist" (batería) deixa a banda, incorporándose ó grupo o batería Andrey Ishchenko, o cal xa tivo participación no álbum de estudio Yav.