Saltar ao contido

Trans World Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «TWA»)
Trans World Airlines
 Instancia de
 Forma xurídica
 Texto lema
Welcome to the world of Trans World Airlines Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Matriz
Actividade
Datas
 Fundación / creación
1926 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2001 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1925 Editar o valor en Wikidata
 Fin de actividade
2001 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Substitúe
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Identificadores
VIAF159351417 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121955840 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/013w80 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Musicbrainz: b3e0c8f1-a1c5-456a-931b-e7c05e049000 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Trans World Airlines (TWA) foi unha grande aeroliña estadounidense que existiu dende 1930 ata 2001. Formouse co nome Transcontinental & Western Air para operar unha ruta dende Nova York aos Ánxeles a través de St. Louis, Kansas City e outras paradas con avións Ford Trimotor. Con American, United e Eastern, foi unha das "Grandes Catro" aeroliñas domésticas dos Estados Unidos formadas na Conferencia Spoils de 1930.[1]

Howard Hughes fíxose co control de TWA en 1939, e despois da segunda guerra mundial liderou a expansión da aeroliña para servie Europa, Oriente Medio e Asia, convertendo a TWA nunha segunda aeroliña nacional non oficial despois de Pan Am.[5][2] Hughes abandonou o control nos anos 60 e os novos xerentes de TWA mercaron Hilton International e Century 21 nun intento de diversificar os negocios da compañía.

Como a Lei de Desregulación Aérea de 1978 provocou unha onda de desaparición de aeroliñas, aparición doutras novas, e adquisicións nos Estados Unidos, TWA foi separada da súa compañía matriz en 1984. Carl Icahn fíxose co control de TWA tomou a compañía de forma privada nunha compra financiada por terceiros en 1988. TWA comezou a embargarse polas súas débedas, vendeu as súas rutas a Londres, experimentou o Capítulo 11 da Lei de quebras reestruturándose en 1992 e 1995, e a súa situación complicouse aínda máis despois do estoupido do voo 800 de TWA en 1996.

En 2001, TWA presentouse por terceira e última vez en bancarrota e foi mercada por American Airlines. American despediu a moitos dos antigos empregados de TWA tras os atentados do 11 de setembro de 2001 e pechou o seu centro de conexións en St. Louis hub en 2003.[3]

TWA tiña a súa sede en Kansas City, Missouri, e planeaba converter o aeroporto de Kansas City no seu principal centro de conexións, tanto nacional como internacional, pero abandonou este plan nos anos 70.[4] Posteriormente a aeroliña desenvolveu o seu maior centro de conexións no aeroporto de St. Louis Lambert. O seu principal centro de conexións transatlántico era o TWA Flight Center no aeroporto internacional John F. Kennedy de Nova York, unha icona arquitectónica deseñada por Eero Saarinen e completada en 1962.[5]

  1. "the start of airlines". www.century-of-flight.net. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-29. 
  2. Meier, Barry. "Ailing T.W.A. Still a Symbol, and So Perhaps a Target, Abroad" (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  3. Grant, Elaine X. (2006-07-28). "TWA - Death Of A Legend" (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  4. "The why of KCI: A broken plan that many travelers still love". kansascity (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  5. "JFK's Most Famous Terminal May Soon Be Transformed Into a Flashy Hotel". CityLab (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2020. Consultado o 2018-11-29.