Saltar ao contido

Ir Indo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Editorial Ir Indo»)
Ir Indo Edicións

A EGU é un dos principais produtos de Ir Indo.
TipoSociedade Limitada
Fundación14 de novembro de 1985
(39 anos)
LocalizaciónAvda. da Florida 30, Vigo
Persoas claveBieito Ledo Cabido
IndustriaEditorial
ProdutosEGU, dicionarios, infantil e xuvenil.
Notas
Prefixo ISBN: 978-84-7680 [1]
Na rede
http://www.irindo.com
editar datos en Wikidata ]

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O nome débese á idea que lle deu a Ledo o carpinteiro da súa aldea de Padroso, cando lle dixo: O caso é ir indo.[3]

Ten máis de cincocentos títulos,[1] dentro das coleccións Dicionarios, Galegos na Historia, Narrativa, O Parrulo, Elefante Contacontos, Recursos, Festas na escola, A fraga, Raigame, Letras Hispanas, Clásicos, Cidades-vilas, Guías, Arquivo da Imaxe, Manuais, Nabarquela e Memorias.

Entre os autores editados por Ir Indo están Álvaro Cunqueiro, Francisco Fernández del Riego, Alfredo Conde, Xosé Mª. Álvarez Blázquez, Darío Xohán Cabana, Xosé A. Perozo, Marilar Aleixandre, Tucho Calvo, Moncho Borrajo, Roald Dahl, Robert Musil, Joseph Conrad, Edgar Allan Poe, Lovecraft, Tolstoi, Castelao, Antón Fraguas, Rafael Dieste, Eugenio Granell, Camilo José Cela, Méndez Ferrín, Filgueira Valverde, Torrente Ballester, Rudyard Kipling, F. Scott Fitzgerald e Xulio Verne.

DEGU, feito por Ir Indo para La Voz de Galicia.

Obras de consulta

[editar | editar a fonte]

Editou entre 1999 e 2006 a Enciclopedia Galega Universal Ir Indo, de dezaseis volumes,[4] que tivo versión en liña en Internet.[5] No ano 2003, por encarga de La Voz de Galicia, editou o Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) de sesenta tomos.

Outras obras de consulta destacadas da editorial son o Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011, tres tomos), o Dicionario de Galego Ir Indo[6] ou o Diccionario dos nomes galegos de Xesús Ferro Ruibal et alii.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]