Baldosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Explanada de España, paseo marítimo con embaldosado facendo augas, na capital alacantina.
Embaldosado de fantasía carioca na escaleira Selaron de Río de Xaneiro.

Unha baldosa é unha lousa ou azulexo manufacturada, fabricada en diferentes tipos e técnicas de cerámica, así como en pedra, caucho, cortiza, vidro, metal, plástico etc.[1]

Orixinalmente, chamábase baldosa ao ladrillo cadrado e fino, de forma rectangular ou poligonal e de distintos tamaños, usado para pavimentos. En arqueoloxía defínese como ladrillo pouco groso ou azulexo para cubrir chans e paredes, e polo xeral de superficie puída.[2]

Orixes históricas[editar | editar a fonte]

O embaldosado ou proceso de cubrir superficies con baldosa ten unha longa tradición arqueolóxica e artística en interiores e unha presenza distintiva na arquitectura urbana (rúas, prazas, beirarrúas, parques, escalinatas etc.).

As baldosas de barro máis antigas datan da Babilonia do século IX a.C. Facendo abstracción do que o Extremo Oriente podía ofrecer neste campo e seguindo as grandes culturas occidentais, hai que mencionar a gran industria romana das baldosas de terracota, técnica e uso que permaneceron latentes ata que os árabes as reintroduciron na península ibérica. Os imperativos de austeridade do Corán estimularían a creación de cegantes deseños xeométricos nos pisos e paredes dos pazos reais e das mesquitas de Al-Andalus .

O barro cocido con esmalte de estaño tamén é unha técnica orixinaria de Oriente Medio. Despois da cocción, cubriuse a tella con verniz branco e decórase con pigmentos antes de volver a cocela para conseguir unha superficie brillante. Pola súa banda, a mallólica italiana considérase unha versión europea desta técnica.

Instalación[editar | editar a fonte]

O chan de baldosa fíxase á superficie do chan ou muro cun proceso elemental de cantería: cun morteiro composto basicamente por cal ou cemento (conglomerados), area e auga, que ao secar adquire unha constitución moi dura, aínda que inferior á do formigón, o que permite a transferencia de peso e calor por todo o pavimento.

Materiais[editar | editar a fonte]

Pedra[editar | editar a fonte]

Debido á súa resistencia e a que non sofren desgastes notorios co paso do tempo, as baldosas de pedra, moi indicadas para exteriores, tamén poden ser utilizadas en interiores ou en zonas onde haxa moito tránsito de persoas.

Hai varias pedras que se usan como pavimento. As principais son o mármore, o granito e a lousa.

Cemento[editar | editar a fonte]

As baldosas de cemento (ou hidráulicas) están fabricadas con cemento compacto. A súa superficie se colorea con pigmentos, de cor lisa ou formando debuxos. Foron producidas e utilizadas tradicionalmente desde finais do século XIX, en zonas do mediterráneo e antigas colonias europeas do norte de África e Latinoamérica.

Terrazo[editar | editar a fonte]

O terrazo é unha versión da baldosa hidráulica na que se deixan na superficie as pedras que a forman, que dan o aspecto final. Empréganse pedras de diversos tamaños, segundo o aspecto que queira obterse. Límpase facilmente e é un material moi duro que soporta bastante ben as inclemencias do tempo. Caeu en desuso fronte a outros materiais máis modernos.

Cerámica[editar | editar a fonte]

A cerámica é un material moi utilizado, xa que se comercializa con diferentes acabados, deseños e estilos. Componse de arxilas, fundentes, sílice, produtos colorantes e outros materiais. Para impermeabilizala das posibles manchas, cando se coloca no chan, require un tratamento, en xeral a base de aceite de liñaza e vinagre.

Con acabado vitrificado, é un material impermeable e resistente en función do grosor. Ao contrario que as antigas baldosas de parede das edificacións romanas, amplas e artisticamente traballadas, a baldosa moderna tende a ser máis pequena (baldosín) e menos elaborada.

Tipos de embaldosado[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para baldosa.
  2. Caro Bellido, Antonio (2008). Diccionario de términos cerámicos y de alfarería. Cádiz: Agrija Ediciones. ISBN 84-96191-07-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]