Saltar ao contido

Especismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Especismo
 Subclase de
 Oposto a
Identificadores
Freebase/m/07628 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O especismo é unha forma da discriminación. Implica tratar a membros dunha especie peor que a outros doutra especie mesmo cando os seus intereses son equivalentes.[1][2][3]

A orixe do termo remóntase aos anos 70, momento no cal a consideración moral dos animais medra de maneira notábel, aumentando tamén a conciencia social no tema. É empregado a miúdo no campo da defensa dos animais, para afirmar que o especismo é un tipo de prexuízo de funcionamento semellante ao racismo ou o sexismo, pois sostén que o xeito no que se debe tratar a un individuo depende do grupo ao que pertence, non das súas características propias (en concreto, de que poida sentir), ou ben doutras características non relevantes. O especismo, xunto co antropocentrismo é o argumento base empregado para desculpar o uso de animais en prácticas crueis, no seu consumo como comida, roupa, para o lecer (como nas touradas) e para outros fins. Tamén implicaría a negativa para auxiliar a aqueles que están en situación de necesidade, en concreto no caso do sufrimento dos animais no mundo salvaxe.[4]

Os argumentos que empregan as persoas que defenden o especismo poden ser os seguintes:

  • A falta de certas características en certas especies fan que, a pesar de ser sentintes, non aw deba ter consideración moral (ou menor) cara a elas. Estas características poden ser capacidades concretas, como a lingüística, ou relacións especiais, por exemplo, de poder.
  • A superioridade de certa especie por ontoloxía ou por razóns extrínsecas como ser elixida por unha divindade.
  • Argumentos definicionais, sen argumentación. Defenden e asumen a posición como verdadeira sen sosterse en ningún argumento adicional.

Habitualmente dáse a confusión entre os conceptos "especismo" e "antropocentrismo", sendo realmente o segundo parte do primeiro. Esta confusión débese a que a maioría de casos de especismo que observamos de maneira cotiá son tamén casos de antropocentrismo, alén de que o termo foi empregado dende un inicio polos pensadores animalistas na súa maioría.[5]

  1. Ryder 2010, pp. 1-2.
  2. Duignan 2013.
  3. Singer 2011.
  4. Horta 2019.
  5. "O que é o especismo?" (PDF). philpapers (en portugués). Consultado o 17/12/2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Duignan, Brian (2013). "Speciesism". Encyclopedia Britannica (en inglés). 
  • Horta, Oscar (2019). Na defensa dos animais. Axóuxere. ISBN 978-8-49-485530-6. 
  • Ryder, Richard D. (2010). "Speciesism Again: The Original Leaflet". Critical Society (en inglés) 2. 
  • Singer, Peter (2011). Liberación Animal (en castelán). Taurus. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]