Saltar ao contido

Dezső Kosztolányi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDezső Kosztolányi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Kosztolányi Dezső Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1885 Editar o valor en Wikidata
Subotica, Serbia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Kerepesi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura de Hungría Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, xornalista, ensaísta, tradutor, crítico literario, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNyugat
Q16522442 Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeIlona Schlesinger Editar o valor en Wikidata
FillosÁdám Kosztolányi Editar o valor en Wikidata
PaiÁrpád Kosztolányi Editar o valor en Wikidata
ParentesÁgoston Kosztolányi, avó Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0467594 BNE: XX989444 Bitraga: 3677 Discogs: 3563680 IMSLP: Category:Kosztolányi,_Dezső Find a Grave: 190240443 Editar o valor en Wikidata

Dezső Kosztolányi (Subotica, 29 de marzo de 1885 - Budapest, 3 de novembro de 1936) foi un escritor húngaro que tamén exerceu como xornalista, crítico literario e tradutor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kosztolányi naceu en Szabadka, Austria-Hungría (hoxe Subotica, Serbia) en 1885. Foi fillo de Árpád Kosztolányi (1859–1926), profesor de Física e Química, e Eulália Brenner (1866–1948), quen tiña orixe francesa. Un conflito cos seus docentes provocou a expulsión do instituto de ensino medio da súa cidade natal, rematando os seus estudos nun colexio privado de Szeged.

Foi fillo de Árpád Kosztolányi (1859–1926), profesor de Física e Química, e Eulália Brenner (1866–1948), quen tiña orixe francesa. Un conflito cos seus docentes provocaron a expulsión do instituto de ensino medio da súa cidade natal, rematando os seus estudos nun colexio privado de Szeged.

En 1903, Kosztolányi instalouse en Budapest para estudar na Universidade, onde coñeceu aos poetas  Mihály Babits e Gyula Juhász. Logo dunha breve estadía en Viena, comezou a traballar de xornalista. En 1908, Kosztolányi incorporouse como reporteiro nun xornal da capital húngara en substitución de  Endre Ady, quen se mudara a París. Nesa época comezou a colaborar na revista literaria Nyugat (en húngaro: occidente) que xogou un rol determinante na renovación das letras maxiares.

En 1910, publicou o seu primeiro volume de poemas, A szegény kisgyermek panaszaiue, que tivo un grande éxito a nivel húngaro. Comezou así unha carreira prolífica que o levou a presentar un libro case cada ano.

Coñeceu a actriz Ilona Harmos en 1910 con quen casou en 1913. Do matrimonio naceu un fillo. Doente dun cancro de larinxe, Kosztolányi, morreu en 1936.

Importancia literaria

[editar | editar a fonte]

Cultivou todos os xéneros literarios, dende poesía ata ensaio, pasando por obras de teatro. Como poeta é incluído como membro da chamada primeira xeración Nyugat, polo seu vencello coa revista homónima.

Non foi ata a década de 1920 que comezou a cultivar a prosa, preferindo o relato curto e a novela. As novelas Pacsirta (1924) e Aranysárkány (1925) están ambientadas na vila ficticia Sárszeg, para a que tomou como modelo a súa Subotica natal.

Artellou un estilo propio influído polo simbolismo francés, o impresionismo, o expresionismo e o realismo psicolóxico. Tamén é considerado pai do futurismo na literatura húngara. A súa influencia como escritor é notable noutros autores húngaros como Sándor Márai e Péter Esterházy e no iugoslavo Danilo Kis.

Ademais verteu do inglés ao húngaro obras de Shakespeare (como Romeo e Xulieta), de Lewis Carroll (Alicia no País das marabillas) ou de Rudyard Kipling (o poema If...).

Tradución ao galego

[editar | editar a fonte]

En lingua galega está traducida unha compilación de oito relatos baixo o título de O tradutor cleptómano, por Jairo Dorado Cadilla en 2009[1], así como a novela Cotovía, traducida por Sergio de la Ossa en 2017.[2] Ambas as dúas foron publicadas pola editorial Rinoceronte.

  1. "Ficha de publicación: O tradutor cleptómano". Consello da Cultura Galega. 
  2. "Cotovía". rinoceronte.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2021. Consultado o 21 de agosto de 2021.