Saltar ao contido

Romeu e Xulieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Romeo e Xulieta»)

Romeu e Xulieta
Imaxe
(1870)
 Instancia de
 Título
Romeo and Juliet (en) Editar o valor en Wikidata
 Tema principal
 Baseado en
 Representa a
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Características
 Formato de distribución
Obra
 Edicións
(valor descoñecido) Ромео и Јулија (en) Traducir en lingua serbia
(valor descoñecido) Romeo és Júlia (en) Traducir en lingua húngara
(1923) Romeu i Julieta (en) Traducir en lingua catalá (Barcelona)
(1917) The Most Excellent and Lamentable Tragedy of Romeo and Juliet (en) Traducir en lingua inglesa (New Haven)
(1913) Romeo i Julia (en) Traducir en lingua polaca
(1901) Q58897121 Traducir en lingua ucraína (Lviv)
(1900) The Tragedy of Romeo and Juliet (en) Traducir en lingua inglesa (Londres)
(1895) Q58896349 Traducir en lingua polaca
(1881) Romeo y Julieta (en) Traducir en lingua castelá (Barcelona)
(1876) Romaios kai Ioulieta (en) Traducir en lingua grega moderna (Atenas)
(1872) Roméo et Juliette en lingua francesa (París)
(1868) Roméo et Juliette en lingua francesa
(1847) Romeo and Juliet en lingua inglesa (Nova York)
(1839) Q71723635 Traducir en lingua polaca
(1766) Romeo und Juliette en lingua alemá (Zürich)
(1623) The tragedie of Romeo and Juliet (en) Traducir en inglés moderno temperán (Londres)
Q58896074 Traducir en lingua rusa
Q114772640 Traducir en lingua rusa
Q114772643 Traducir en lingua rusa
Q114772641 Traducir en lingua rusa
Q114772647 Traducir en lingua rusa
Q114772646 Traducir en lingua rusa
Q114772651 Traducir en lingua rusa
Q114772650 Traducir en lingua rusa
Q114772636 Traducir en lingua rusa
Q114772634 Traducir en lingua rusa
Q58896163 Traducir en lingua rusa
Romeo și Julieta (en) Traducir en lingua romanesa
Q58896785 Traducir en lingua xaponesa
Q114772635 Traducir en lingua rusa
Romeo und Julia (en) Traducir en lingua alemá
Q58923488 Traducir en lingua bengalí
Romeo y Julieta en lingua castelá
Q110699414 Traducir en lingua castelá
Q102473102 Traducir en lingua sueca Editar o valor en Wikidata
 Ambientado en
 Universo ficticio
Implicados
 Autor/a
Datas
 Fundación / creación
década de 1590
1597 Editar o valor en Wikidata
 Período
Dimensións
Número de partes5 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF313670221 Editar o valor en Wikidata
Goodreads3349450 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL17931780W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06fsr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IBDB: 7611 BNE: XX2187134 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Romeo e Xulieta de Ford Madox Brown.

Romeu e Xulieta[1][2] ou Romeo e Xulieta[3] (en inglés: Romeo and Juliet) é unha traxedia en lingua inglesa de William Shakespeare, escrita en 1597 co título orixinal de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet. Foi traducida ao galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Editorial Galaxia en 2003.[3]

Tema e argumento

[editar | editar a fonte]

A obra trata sobre dous amantes que viven un amor imposible pola rivalidade das súas familias, os Montescos e os Capuletos. Só a morte dos amantes conseguirá conciliar as súas familias. Xunto con Hamlet foi unha das obras máis populares da época de Shakespeare, e segue a ser unha das máis representadas. A estrutura dramática empregada polo dramaturgo inglés é notable, especialmente na combinación de comedia e traxedia para aumentar a tensión narrativa, así como no desenvolvemento de enredos secundarios e a expansión que sofren os personaxes máis secundarios, outorgándolle un sentido de forte complexidade ó relato. Os dous protagonistas acadaron co tempo un valor simbólico, derivando no arquetipo do amor perfecto pero que a sociedade fai imposible. De Romeu e Xulieta fixéronse numerosas versións teatrais, cinematográficas, musicais e de banda deseñada. A obra traduciuse a gran número de linguas. A tradución galega apareceu no ano 2003.

Romeu e Xulieta pertence á tradición de romances tráxicos que xa ven da antigüidade, o seu argumento baséase en dous contos italianos, o de Matteo Bandello e o de Masuccio Salernitano na versión que del fixo Luigi da Porto e que traduciu en 1562 Arthur Brooke titulando á súa obra The Tragical History of Romeus and Juliet e que William Painter reescribiu en prosa en 1582 co título Palace of Pleasure. Shakespeare baseouse nas dúas obras para escribir a súa entre 1591 e 1595, engadíndolle personaxes novos tales como Mercucio e Conde Paris.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Foi escrita na primeira etapa como literato de Shakespeare. Como libro publicouse por primeira vez en 1597, o texto considérase de baixa calidade, segundo o crítico T. J. B. Spencer a edición non sería de Shakespeare senón que estaría baseada no recordo do texto por parte dos actores que a representaron. En 1599 publicouse a seguinte edición que tiña o título de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet, conta con 800 versos máis ca versión anterior e é un texto máis completo e fiable, reimprimiuse varias veces ó longo da primeira metade do século XVII. A edición que aparece no First Folio (1623), na que se basean os textos canónicos da maioría das obras de Shakespeare, é a reimpresión de 1609 con algúns engadidos. A primeira versión moderna é a de Nicholas Rowe e data de 1709.

Nome en galego

[editar | editar a fonte]

Segundo o Dicionario dos nomes galegos[2], en que "cada entrada pode a efectos oficiais ser considerada un dictame" da Real Academia Galega, a forma estándar debe ser Romeu e Xulieta. Tamén aparece así na Guía dos nomes galegos.[1]

  1. 1 2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.
  2. 1 2 Ferro Ruibal, Xesús; Boullón Agrelo, Ana Isabel; García Álvarez, Xosé M.; Lema Suárez, Xosé María; Tato Plaza, Fernando R. (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. ISBN 84-7680-096-7.
  3. 1 2 Romeo e Xulieta. Traducido por Miguel Pérez Romero (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 2003. ISBN 84-8288-624-X vía Biblioteca da Tradución Galega.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]