Declaración de independencia de Kosovo
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Declaración de independencia de Kosovo foi un acto unilateral do Parlamento kosovar acontecido o 17 de febreiro do ano 2008 que declaraba a escisión da entón provincia de Serbia, dando lugar á creación dun novo Estado independente baixo a supervisión dos Estados Unidos e a Unión Europea.
A diferenza da primeira declaración de independencia de Kosovo acontecida o 7 de setembro de 1990, soamente recoñecida polas autoridades albanesas, a derradeira declaración xa foi recoñecida por máis de 47 países a data do 7 de agosto do 2008, entre os que se atopan Costa Rica, Afganistán, os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Alemaña, Turquía, Bélxica, Perú, Polonia, Suíza, Austria e Dinamarca, sen contar os demais países nos que o recoñecemento está pendente. Porén existen 18 países, incluíndo Arxentina, Bolivia, Chipre, Casaquistán, Kirguizistán, Romanía, Rusia, Serbia, España, Sri Lanka, Taxiquistán, Vietnam e Venezuela que rexeitaron esplicitamente o recoñecemento da república balcánica. Serbia declarou que vai retirar todos os seus embaixadores dos países que recoñeceron a independencia de Kosovo.
Status previo á independencia
[editar | editar a fonte]Kosovo foi unha provincia serbia ata a declaración de independencia, o 17 de febreiro do ano 2008. Dende 1999 ata a súa secesión foi administrada pola ONU de xeito interino, como resultado da derrota do exército serbio na Guerra de Kosovo. A misión KFOR da OTAN aprobouse co obxectivo de evitar as represalias e ataques entre a poboación de etnia serbia e albanesa. Malia que Kosovo formalmente seguía pertencendo a Serbia, en virtude do cumprimento da resolución 1244, na práctica o Goberno serbio non interviña na administración da súa provincia.
A resolución de devandita guerra trouxo como consecuencia o éxodo de 200.000 kosovares de orixe serbia cara ao resto de Serbia, mentres que se reafirmou a maioría étnica albanesa. No momento da secesión, o 90% da poboación pertencía a devandita etnia, mentres que a comunidade de orixe serbia representaba o 10%, localizada principalmente en enclaves no norte da rexión.
Negociacións previas
[editar | editar a fonte]Antes de chegar á solución da independencia unilateral, sucedéronse varios feitos e acontecementos ao redor do futuro status que debía ter Kosovo.
O plan Ahtisaari
[editar | editar a fonte]O expresidente de Finlandia, Martti Ahtisaari, levou a cabo un informe como enviado especial da ONU a Kosovo no cal propuña como solución ao status da antiga provincia serbia a adopción dunha independencia tutelada pola comunidade internacional, a oficialidade do serbio e do albanés, a laicidade do novo estado, a adopción de medidas para garantir a seguridade da minoría serbia de Kosovo, a adopción de símbolos nacionais de seu (bandeira, himno etcétera), a presenza militar de forzas internacionais lideradas pola OTAN, exército, profesional, multiétnico e democrático composto de 2 500 membros activos e 800 reservistas, o dereito dos refuxiados e desprazados retorno a Kosovo e á restitución das súas propiedades, un sistema xudicial integrado e independente do serbio e a posibilidade de que Kosovo poida ingresar en organismos internacionais coma a ONU.[1] Este plan foi rexeitado polas autoridades serbias por consideraren que abría a porta a que Kosovo se independizase de Serbia.[2]
Eleccións de novembro de 2007
[editar | editar a fonte]O 17 de novembro de 2007 celebráronse eleccións lexislativas e municipais marcadas pola incerteza do futuro status da rexión. O antigo guerrilleiro do UÇK, Hashim Thaçi, gañou as eleccións cun 35% dos votos[3] e unha participación en torno ao 45%, inferior ao 53% dos derradeiros comicios ata a data, celebrados no ano 2003. Con anterioridade Thaçi anunciara que declararía a independencia da entón provincia serbia no caso de gañar as eleccións.
Movementos previos á declaración de independencia
[editar | editar a fonte]O primeiro ministro de Kosovo, Hashim Thaçi, afirmou o 16 de febreiro do ano 2008 que "mañá esa provincia proclamará a súa independencia de Serbia", respectando "a vontade dos cidadáns". Dende o sábado 16 de febreiro de 2008, Kosovo, co apoio da Unión Europea, moitos estados europeos, e o dos Estados Unidos de América, pero co frontal rexeitamento de Rusia. Segundo noticias da BBC, os estados pactaron, "Sr. Thaci dixeron o domingo sería outro día de tranquilo durante o que as institucións serían contratadas en realizar a vontade dos cidadáns de Kosovo"
Misión EULEX da Unión Europea
[editar | editar a fonte]A Unión Europea preparou a misión civil EULEX para axudar ás autoridades kosovares na estabilización da rexión, mediante a chegada de 2 000 policías, xuíces e funcionarios de aduana, ademais de dotacións de seguridade e defensa, co fin de que colaborasen na protección das minorías, especialmente a serbia. Tal desembarco da UE en Kosovo foi visto polos líderes serbios da rexión en disputa e as autoridades rusas como "unha ocupación ilegal". Finalmente, esta misión púxose en marcha o 16 de febreiro de 2008, un día antes da declaración de independencia.
Declaración de independencia de Kosovo
[editar | editar a fonte]Estados que recoñeceron oficialmente a independencia de Kosovo
[editar | editar a fonte]Membros da ONU
[editar | editar a fonte]Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde febreiro de 2014) |
- Afganistán 18 de febreiro2008[4]
- Costa Rica 18 de febreiro 2008[5]
- Albania 18 de febreiro2008[6]
- Andorra 18 de xuño2011[7][8]
- Francia 18 de febreiro 2008[9]
- Turquía 18 de febreiro 2008[10]
- Estados Unidos 18 de febreiro 2008[9]
- Reino Unido 18 de febreiro 2008[11]
- Taiwán 18 de febreiro 2008[12]
- Australia 19 de febreiro 2008[13]
- Senegal 19 de febreiro 2008
- Malaisia 20 de febreiro 2008
- Alemaña 20 de febreiro 2008[11]
- Letonia 20 de febreiro 2008[14]
- Estonia 21 de febreiro 2008[15]
- Italia 21 de febreiro 2008[16]
- Dinamarca 21 de febreiro 2008[17]
- Luxemburgo 21 de febreiro 2008[18]
- Perú 22 de febreiro 2008[19]
- Bélxica 24 de febreiro 2008[20]
- Polonia 26 de febreiro 2008[21]
- Suíza 27 de febreiro 2008[22]
- Austria 27 de febreiro 2008[22]
- Irlanda 29 de febreiro 2008[23][24]
- Suecia 4 de marzo 2008[25]
- Países Baixos 4 de marzo 2008[26]
- Islandia 5 de marzo 2008[27]
- O Salvador 5 de marzo 2008[28]
- Finlandia 7 de marzo 2008[29]
- Xapón 18 de marzo 2008[30]
- Canadá 18 de marzo 2008[31]
- Mónaco 18 de marzo 2008[32]
- Hungría 19 de marzo 2008[33][34]
- Croacia 19 de marzo 2008[35][36]
- Bulgaria 20 de marzo 2008[37]
- Liechtenstein 25 de marzo 2008[38]
- Corea do Sur 28 de marzo 2008[39]
- Noruega 28 de marzo 2008[40]
- Illas Marshall 13 de abril 2008[41]
- Nauru 17 de abril 2008[42]
- Burkina Faso 24 de abril 2008[43]
- Lituania 6 de maio 2008[44]
- San Marino 11 de maio 2008[45]
- República Checa 19 de marzo 2008[46]
- Liberia 30 de maio 2008
- Serra Leoa 13 de xuño 2008[47]
- Colombia 6 de agosto 2008[48]
- Belize 7 de agosto 2008[49]
Outros estados que recoñeceron a independencia
[editar | editar a fonte]Estados que anunciaron que non van recoñecer a independencia de Kosovo
[editar | editar a fonte]- Arxentina [51]
- Acerbaixán [52]
- Belarús [53]
- Bolivia [54]
- Chipre
- Eslovaquia
- España
- Xeorxia
- Casaquistán
- Moldova[55]
- Nova Caledonia [56]
- Romanía
- Rusia [57]
- Serbia [58]
- Sri Lanka [59]
- Venezuela [60]
- Vietnam [61]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bandeira, himno e representación en organismos internacionais". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 16 de marzo de 2012.
- ↑ "Serbia rexeita o plan da ONU para Kosovo por prever a súa independencia". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 16 de marzo de 2012.
- ↑ "Kósovo celebra eleccións no medio da incerteza sobre o seu futuro". La Voz de Galicia. Consultado o 16 de marzo de 2012.
- ↑ Afganistán recoñece a Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.soitu.es/soitu/2008/02/17/info/1203265562_552245.html Costa Rica pronúnciase a favor da independencia de Kosovo (en castelán)
- ↑ http://www.mfa.gov.al/english/lajm.asp?id=4954 Arquivado 28 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. Albania recoñece a Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.kosovothanksyou.com/
- ↑ http://www.rtva.ad/noticia.aspx?id=30829
- ↑ 9,0 9,1 http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/18/00031203342406842554856.htm?idioma=galego EE.UU. e Francia recoñecen formalmente a Kosovo como «estado soberano e independente»
- ↑ http://www.mfa.gov.tr/MFA/HomePageTopPart/SM_Kosovo_18February2008.htm Turquía recoñece a Kosovo (en inglés)
- ↑ 11,0 11,1 http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/18/0003_6578240.htm?idioma=galego[Ligazón morta] Kosovo pide ao mundo o rápido recoñecemento do novo Estado
- ↑ http://www.mofa.gov.tw/webapp/content.asp?cuItem=30318 Arquivado 26 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. O goberno de Taiwan recoñece a independencia de Kosovo
- ↑ http://www.deia.com/es/impresa/2008/02/19/bizkaia/mundua/444023.php Arquivado 02 de marzo de 2008 en Wayback Machine. As grandes potencias europeas, EE.UU., Xapón e Australia xa recoñecen a Kosovo
- ↑ http://www.am.gov.lv/en/news/press-releases/2008/february/20-4/ Arquivado 30 de marzo de 2008 en Wayback Machine. Letonia recoñece a Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.vm.ee/eng/kat_138/9350.html Estonia recoñece á República de Kosovo
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/18/0003_6578240.htm?idioma=galego[Ligazón morta] Kósovo pide ao mundo o rápido recoñecemento do novo Estado
- ↑ http://www.denmark.dk/en/servicemenu/News/InternationalNews/DenmarkRecognisesKosovo.htm Arquivado 24 de abril de 2008 en Wayback Machine. Dinamarca recoñece Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.gouvernement.lu/salle_presse/actualite/2008/02-fevrier/20-asselborn-kosovo/index.html Luxemburgo recoñece formalmente a Kosovo (en francés)
- ↑ https://archive.today/20120913093154/www.rree.gob.pe/portal/boletinInf.nsf/mrealdia/C9B70437F80DBAF7052573F700710D15?Open Document Perú decide recoñecer a independencia de Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.focus-fen.net/?id=n134537 Arquivado 21 de maio de 2008 en Wayback Machine. Bélxica recoñece a Kosovo (en inglés)
- ↑ http://sp.rian.ru/onlinenews/20080226/100057560.html Polonia recoñece a independencia de Kosovo
- ↑ 22,0 22,1 http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=166&idNoticia=270508 Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine. Austria e Suíza recoñecen oficialmente a independencia de Kosovo
- ↑ http://foreignaffairs.gov.ie/home/index.aspx?id=42938 Arquivado 05 de marzo de 2008 en Wayback Machine. O departamento de asuntos exteriores de Irlanda anuncia o recoñecemento de Kosovo
- ↑ http://www.vieiros.com/nova/64803/irlanda-reconece-a-independencia-de-cosova Irlanda recoñece a independencia de Cosova
- ↑ http://www.sweden.gov.se/sb/d/10358/a/99714 Suecia recoñece a Kosovo (en inglés)
- ↑ https://web.archive.org/web/20080409213204/http://www.minbuza.nl/nl/actueel/nieuwsberichten,2008/03/Nederland-erkent-onafhankelijkheid-Kosovo.html (en inglés)
- ↑ http://www.mfa.is/speeches-and-articles/nr/4135 O goberno de Islandia recoñece formalmente a Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.sta.si/en/vest.php?s=a&id=1264437 Arquivado 16 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Eslovenia recoñece a Kosovo (en inglés)
- ↑ http://formin.finland.fi/Public/default.aspx?contentid=123797&nodeid=15145&contentlan=2&culture=en-US Finlandia recoñece á República de Kosovo (en ingles)
- ↑ http://www.mofa.go.jp/announce/announce/2008/3/0318.html O goberno do Xapón recoñece a Kosovo (en inglés)
- ↑ http://w01.international.gc.ca/minpub/Publication.aspx?isRedirect=True&publication_id=385954&language=E&docnumber=59 Arquivado 11 de setembro de 2012 en Wayback Machine. O Canadá únese ao recoñecemento internacional de Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.president-ksgov.net/?id=5,67,67,67,a,714 O principado de Mónaco recoñece a Kosovo en albanés
- ↑ http://www.elpais.com/articulo/internacional/Bulgaria/Hungria/Croacia/convertiran/primeros/vecinos/Serbia/reconozcan/Kosovo/elpepuint/20080319elpepuint_10/Tes (en castelán)
- ↑ http://www.vieiros.com/nova/65336/hungria-croacia-e-bulgaria-reconecen-a-independencia-de-kosove
- ↑ http://www.elpais.com/articulo/internacional/Bulgaria/Hungria/Croacia/convertiran/primeros/vecinos/Serbia/reconozcan/Kosovo/elpepuint/20080319elpepuint_10/Tes en castelán
- ↑ http://www.vieiros.com/nova/65336/hungria-croacia-e-bulgaria-reconecen-a-independencia-de-kosove en galego
- ↑ http://www.novinite.com/view_news.php?id=91485 Sofía recoñece oficialmente a soberanía de Pristina en inglés
- ↑ http://www.llv.li/amtsstellen/llv-pia-pressemitteilungen/pressemitteilungen-alt.htm?pmid=108807&lpid=3789&imainpos=15844 Arquivado 03 de abril de 2008 en Wayback Machine. Liechtenstein recoñece a Kosovo en alemán
- ↑ http://www.mofat.go.kr/webmodule/htsboard/template/read/engboardread.jsp?typeID=12&boardid=302&seqno=306110&c=TITLE&t=&pagenum=1&tableName=TYPE_ENGLISH&pc=undefined&dc=&wc=&lu=&vu=&iu=&du= Arquivado 09 de abril de 2008 en Wayback Machine. Corea do Sur recoñece a República de Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.regjeringen.no/en/dep/ud/press/News/2008/norway_kosovo.html?id=505130 Noruega recoñece a Kosovo como un estado independente (en inglés)
- ↑ http://www.newkosovareport.com/20080417889/Politics/Republic-of-the-Marshall-Islands-has-recognized-Kosovo.html Arquivado 23 de maio de 2008 en Wayback Machine. A República das Illas Marshall recoñeceu a Kosovo en inglés
- ↑ http://www.kosovapress.com/ks/index.php?cid=2,2,43638 Arquivado 16 de setembro de 2009 en Wayback Machine. A República de Nauru recoñece á República de Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.newkosovareport.com/20080424902/Politics/Burkina-Faso-recognizes-Kosovo.html Burkina Faso recoñece a Kosovo (en inglés)
- ↑ Seimas recoñece a independencia da República de Kosovo en lituano
- ↑ San Marino recoñece a Kosovo Arquivado 26 de maio de 2008 en Wayback Machine. en italiano
- ↑ A República Checa recoñeceu a independencia de Kosovo (en inglés)
- ↑ Serra Leoa recoñece a Kosovo Arquivado 22 de xaneiro de 2009 en Archive.is (en inglés)
- ↑ O ministerio de relacións exteriores de Colombia declara que recoñece á república de Kosovo (en castelán)
- ↑ Belice recoñece oficialmente a independencia de Kosovo (en inglés)
- ↑ A República da China recoñece a independencia de Kosovo Arquivado 21 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ http://www.eluniversal.com.mx/notas/483701.html Arquivado 27 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. Arxentina rexeitará a independencia de Kosovo (en castelán)
- ↑ http://www.reuters.com/article/newsMaps/idUSL1856553120080218 Acerbaixán di non á independencia de Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.mfa.gov.by/en/press/news/ac692ee50d369a5d.html Arquivado 28 de xuño de 2008 en Wayback Machine. Bielorrusia non recoñece a Kosovo (en inglés)
- ↑ https://web.archive.org/web/20080228214748/http://mx.news.yahoo.com/s/ap/080221/latinoamerica/ams_gen_bolivia_kosovo O goberno boliviano non recoñece a Kosovo (en castelán)
- ↑ http://news.uk.msn.com/Article.aspx?cp-documentid=7567369 Arquivado 28 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. O goberno moldavo non recoñecera a Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.earthtimes.org/articles/show/186419,new-zealand-will-not-recognize-kosovo-premier-says.html Arquivado 13 de novembro de 2012 en Wayback Machine. O primeiro ministro neocelandés di que o seu país non recoñecerá a Kosovo (en inglés)
- ↑ http://www.galiciae.com/nova/7286.html Arquivado 13 de marzo de 2008 en Wayback Machine. Rusia pecha filas con Serbia fronte á independencia de Kósovo
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/14/00031202998605435285816.htm?idioma=galego O Goberno de Serbia anula de forma anticipada a independecia de Kósovo
- ↑ https://web.archive.org/web/20080502021701/http://afp.google.com/article/ALeqM5iaAZ8d1WP1xGbscKahijLdiDokqA O goberno de Sri Lanka di que a independencia de Kosovo é unha ameaza para a paz mundial (en inglés)
- ↑ http://www.eluniversal.com/2008/02/21/int_ava_venezuela-no-reconoc_21A1377241.shtml Venezuela non recoñece a independencia de Kosovo (en castelán)
- ↑ http://www.reuters.com/article/newsOne/idUSSP3143120080218 Vietnam rexeita a independencia unilateral de Kosovo (en inglés)