Hashim Thaçi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hashim Thaci detail, 080718-D-9880W-015.jpg

Hashim Thaçi (en serbio Хашим Тачи, Hašim Tači), nado en Broćna (Srbica) o 24 de abril de 1968, é un político e ex-guerrilleiro cosovar, presidente do Partido Democrático de Kosovo (PDK) e Primeiro Ministro do seu país desde o 9 de xaneiro de 2008.

Antigo líder do grupo guerrilleiro Exército de Liberación de Kosovo, Thaçi é reclamado pola xustiza serbia desde 1997 polas súas actividades paramilitares[1] Está considerado terrorista por Serbia e polo Departamento de Seguridade Nacional dos Estados Unidos[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de graduarse, Thaçi cursou estudos de posgrao sobre Historia de Europa Sudoriental no Departamento de Relacións Internacionais da Universidade de Zúrich. Durante a súa etapa universitaria, foi un dos líderes estudantís albaneses, e o primeiro estudante presidente da Universidade Albanesa de Pristina, creada en 1989 como ruptura coa Universidade de Pristina por mor do boicot dos albaneses de Kosovo ao novo estatuto imposto por Slobodan Milošević a Kosovo e Metohija.

UÇK e guerra de Kosovo[editar | editar a fonte]

A principios da década de 1990 foi membro da resistencia pasiva contra Belgrado. Ante a falta de resultados, fundou canda a outros membros o Exército de Liberación de Kosovo (UÇK). A pesar da fundación do Partido Democrático de Kosovo, o UÇK seguiu utilizando a violencia e a intimidación a rivais políticos para manter o control da rexión. Condenado por un tribunal serbio a 22 anos de cárcere por actos de terrorismo, refuxiouse en Suíza, onde rematou estudos de Ciencias Políticas. Trala Guerra de Kosovo apareceu na conferencia de Rambouillet (1999), postulándose como líder dos negociadores albanokosovares, co apoio dos EUA.

Hashim Thaçi xunto a George W. Bush e Fatmir Sejdiu (anterior presidente de Kosovo) na Casa Branca o 21 de xullo de 2008, despois da declaración unilateral de independencia.

Eleccións de 2007[editar | editar a fonte]

Nas elecciones kosovares do 17 de novembro de 2007 o PDK venceu co 34 % dos votos, pactando coa Liga Democrática de Kosovo (do Presidente Fatmir Sejdiu). A participación nos comicios foi especialmente baixa por mor do boicot da minoría serbia. Hashim Thaçi garantizou a súa intención de declarar a independencia de Kosovo o 10 de decembro, día fixado pola ONU para a fin das negociacións con Serbia. Foi proclamado Primeiro Ministro o 9 de xaneiro de 2008.

Malia que o 19 de novembro de 2007 a Unión Europea advertira a Thaçi e os seus aliados albaneses que non levasen a cabo a declaración de independencia sen realizar antes unha consulta, o 17 de febreiro de 2008 declarou unilateramente a independencia da República de Kosovo, co recoñecemento inmediato dos Estados Unidos, a condena por parte de Rusia e división na UE[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hashim Thaçi