Saltar ao contido

Pobo xitano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xitanos»)
Pobo xitano
Xitana húngara
Poboación
Poboación total:
Incerta; estímase que entre 2 millóns e máis de 12 millóns[1][2][3]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos1 000 000 estimados con devanceiros xitanos
(5 400 no censo de 2000)[4][5]
Brasil800 000[6]
España España650 000
Romanía Romanía619 000
Aspectos culturais
LinguaLingua romaní
RelixiónCristianismo (ortodoxo, católico, protestante), islam, hinduísmo[7]
Grupos
relacionados
Dom, Lom, Domba; outros Indoarios

O pobo xitano,[8] pobo cigano[9] ou pobo romaní é un grupo étnico que vive principalmente no sur e leste de Europa, Asia occidental, Latinoamérica, nos Estados Unidos de América e no Oriente Medio. Crese que a súa orixe provén das rexións indias do Rajasthan e do Punjab. Ó redor de 1050 comezaron as súas emigracións cara a Europa e ó norte de África a través do Irán.

Tradicionalmente os xitanos falan diversos dialectos da lingua romaní, unha lingua indoariana. A día de hoxe, a maioría dos xitanos falan a lingua dominante na súa rexión de residencia.

Segundo o censo de 2000, en Galicia había unha comunidade xitana duns 9.000 individuos.[10] En España a comunidade xitana é moito maior, duns 600.000, asentada principalmente nas comunidades de Andalucía, Madrid e Cataluña.

O 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano.[11][12] A data conmemora o primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.

Artigo principal: Historia do pobo xitano.
Bandeira do pobo xitano

A palabra "xitano" procede de "exiptano", porque no século XV se pensaba que os xitanos procedían de alí. Cando penetraron en Europa, moitos grupos de xitanos presentábanse a si como "nobres exipcianos"; así en 1425, dous rom pediron un salvoconduto ao rei Xoán II de Aragón, no que se facían chamar "condes do Exipto Menor". A palabra "calé" parece proceder do indostaní kâla, que significa "negro".

  1. "Rom". Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 15 de setembro de 2010. According to Encyclopaedia Britannica, estimates of the total world Romani population range from two million to five million. 
  2. "Online version". Consultado o 15 de setembro de 2010. Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. Ian Hancock's 1987 estimate for "all Gypsies in the world" was 6 to 11 million. 
  3. "EU demands action to tackle Roma poverty". BBC News. 5 abril de 2011. 
  4. "The Marginalization of Shadow Minorities (Roma) and Its Impact on Opportunities". Books.google.com. p. 117. Consultado o 27 de xullo de 2016. [Ligazón morta]
  5. Kayla Webley (13 de outubro de 2010). "Hounded in Europe, Roma in the U.S. Keep a Low Profile". Time. Consultado o 3 de outubro de 2015. Today, estimates put the number of Roma in the U.S. at about one million. 
  6. R7, ed. (2011). "Falta de políticas públicas para ciganos é desafio para o governo" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2012. The Special Secretariat for the Promotion of Racial Equality estimates the number of "ciganos" (Romanis) in Brazil at 800,000 (2011). The 2010 IBGE Brazilian National Census encountered gypsy camps in 291 of Brazil's 5,565 municipalities. 
  7. Gall, Timothy L. (ed). Worldmark Encyclopedia of Culture & Daily Life: Vol. 4 - Europe. Cleveland, OH: Eastword Publications Development (1998); pp. 316, 318 : "Religion: An underlay of Hinduism with an overlay of either Christianity or Islam (host country religion) "; "Roma religious beliefs are rooted in Hinduism. Roma believe in a universal balance, called kuntari... Despite a 1,000-year separation from India, Roma still practice 'shaktism', the worship of a god through his female consort... "
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xitano.
  9. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cigano.
  10. "O 90% dos xitanos residentes en Galicia están integrados, malia a percepción que existe na sociedade". EuropaPress. 30 de marzo de 2008. Consultado o 27 de setembro de 2016. 
  11. "El pueblo gitano celebra su día internacional", en La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela 8.04.2015 (en castelán)
  12. "Día Internacional del Pueblo Gitano" (en castelán). Consultado o 28.11.2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]