César Morán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1954 (70 anos) Toural dos Vaos, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, músico, catedrático |
Empregador | Xunta de Galicia |
Familia | |
Fillos | Brais Morán |
César Carlos Morán Fraga, nado en Toural dos Vaos (O Bierzo) o 22 de febreiro[1] de 1954 é un profesor, escritor e músico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario da Coruña continuando Galego-Portugués na Universidade de Santiago de Compostela (1ª promoción). Foi profesor asociado da Universidade da Coruña entre 2005 e 2010.[2] Catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán desa mesma cidade, onde reside. Combinou desde moi novo as tarefas musicais e as literarias, colaborando con diversos artigos e traballos para prensa e publicacións periódicas (Luzes de Galiza, Agália, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Unión libre, Monfadal ou Casahamlet), radio e televisión.
Foi membro fundador de Agra, o primeiro grupo de jazz-rock con raíces folclóricas, actuando como teclista e compositor até a súa disolución en 1979. Pola mesma época traballou como músico no espectáculo O velorio do grupo de teatro Troula. En 2003 e 2004 colaborou como músico co Centro Dramático Galego.
Obras
[editar | editar a fonte]- Antoloxía da lírica medieval (2001). N.º 1 da Biblioteca Galega 120.[3]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro (1990). AGAL. 176 páxs. ISBN 9788487305054.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Homenaxe a Álvaro Cunqueiro (1982). Universidade de Santiago de Compostela. "Entrevista con Álvaro Cunqueiro" (a última concedida polo Cunqueiro).
- Comentário de textos literarios (1986). Alhena, Madrid. "Análise literaria dun fragmento do Merlín".
- Teatro nas aulas: dez Cadernos da Escola Dramática Galega (1987). Editorial Vía Láctea. Con Teresa Fandiño Barreiro e Xosé Ramón Freixeiro Mato.
- Nova Gramática para a aprendizaxe da língua (1988). Vía Láctea. Con Xoán Xosé Costa Casas, María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
- "Amado-Odiado Gepetto", en Fogo cruzado (1989). AGAL. ISBN 84-87305-00-8.
- A Coruña á luz das letras (2008).Trifolium. ISBN 978-84-935325-4-3.[4]
Traballos e colaboracións musicais
[editar | editar a fonte]- O pobo da noite, de Manuel Rivas (1996). Xerais. CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas.
- Río de son e vento (1998) Xerais. Antoloxía musicada de poetas galegos, con CD. ISBN 84-8302-372-5.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009). Fundación Manuel María. "Primeira aproximación á narrativa de Manuel María".[5]
- Álvaro Cunqueiro: fotobiografía sonora (2009). Ouvirmos. Con Rexina Rodríguez Vega.
- A desaparición da neve, de Manuel Rivas (2009). Alfaguara. Madrid. CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas.
- Haberá primavera (2011). Galaxia. Libro de poemas de Álvaro Cunqueiro, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "César C. Morán Fraga". AF2Toral (en castelán). 2012-01-05. Consultado o 2019-07-30.
- ↑ "Curriculum". www.udc.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-30.
- ↑ "A lírica medieval, na Biblioteca 120". La Voz de Galicia. 2002-01-14. Consultado o 2019-07-30.
- ↑ "A Coruña, á luz das letras. Editorial Trifolium. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-07-30.
- ↑ "César Morán Fraga". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-07-30.
- ↑ "musicaengalego: CESAR MORAN". musicaengalego. Consultado o 2019-07-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: César Morán |