Cranquíidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cranquíidos
Cranchiidae
Debuxo comparando o tamaño da lura colosal (Mesonychoteuthis hamiltoni) co dun ser humano
Debuxo comparando o tamaño da lura colosal (Mesonychoteuthis hamiltoni) co dun ser humano
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Subclase: Coleoidea
Superorde: Decapodiformes
Orde: Oegopsida
Familia: Cranchiidae
Prosch, 1849 [1]
Subfamilias e Xéneros
Véxase o texto
Sinonimia
  • Bathothaumatidae Grimpe, 1922
  • Desmoteuthidae Verrill, 1881
  • Loligopsidae Gray, 1849 [1]
Forma xuvenil don cranquíido.

A dos cranquíidos (Cranchiidae) é unha familia de moluscos cefalópodos da superorde dos decapodiformes e orde dos egópsidos,[1] aínda que algúns autores encádrana na orde dos teútidos, suborde dos egospinos. (Véxase a clasificación).

A familia comprende unhas 60 especies de luras que teñen un manto que mide desde os 10 cm aos 10 m de lonxitude. Viven en augas superficiais ou de mediana profundidade nos océanos, e son coñecidas vulgarmente na bibliografía internacional como luras de cristal, cranquiluras ou medusas-cristal.

Características[editar | editar a fonte]

A familia dos Cranchiidae abarca cerca de 60 especies que evolucionna na superficie e nas profundidades de todos os océanos. O tamaño do seu manto varía desde os 10 cm até máis de 10 m (no caso da chamada lura colosal). O nome común de luras de cristal débese á natureza transparente da maioría das especies. Estas luras pasan a maior parte da súa vida en augas pouco profundas parcialmente soleadas onde a súa transparencia proporciona camuflaxe.

Caracterízanse por teren un corpo inchado e os brazos curtos, que levan dúas fileiras de ventosas ou de ganchos. O par de tentáculos implicados na reprodución é frecuentemente máis longo que os outros oito. Moitas especies teñen órganos bioluminiscentes na parte inferior aos ollos, utilizados para anular a súa sombra. A morfoloxía dos ollos é moi variábel, desde ollosgrandes e circulares até ollos telescópicos e peciolados. Utilizan un fluído composto de amoníaco almecenado nunha pequena bolsa para facilitar a flotabilidade. Frecuentemente o único órgano visíbel a través dos tecidos transparentes é unha glándula dixestiva en forma de boquilla de cigarro, que é o equivalente nos cefalópodos do fígado dos mamíferos. Xeralmente sostéñense en posición vertical para reducir a súa silueta e, á veces,, existe un órgano bioluminiscente no extremo inferior do corpo para reducir aínda máis a súa visibilidade na auga.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita o ano 1849 polo médico, biólogo e malacólogo danés Victor Prosch, no seu traballo "Nogle nye Cephalopoder, beskrevne og anatomisk undersögte", publicado en Det Kongelige Danske videnskabernes selskabs skrifter. Naturvidenskabelig og mathematisk afdeling, (5) 1: 53-72.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da familia, Cranchiidae, está formado, como é habitual, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Cranchia, engadindo a desinencia do latín científico ´-idae (derivada do grego antigo είδος eídos, 'semellante'), propia dos nomes das familias de animais.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo o World Register of Marine Species, a familia comprende as seguntes subfamilias e xéneros:[1]

Orde Oegopsida d'Orbigny, 1845

Familia Cranchiidae Prosch, 1849

Lura colosal exhibida no Museo Te Papa Tongarewa (Te Papa). Wellington, Nova Zelandia.
  • Xéneros nomen dubium
    • Euzygaena Chun, 1910
    • Hensenioteuthis Pfeffer, 1900
    • Loligopsis Lamarck, 1812
    • Parateuthis Thiele, 1921
    • Phasmatopsis Rochebrune, 1884
    • Zygocranchia Hoyle, 1909
    • Zygaenopsis Rochebrune, 1884 (inválido: homónimo junior de Zygaenopsis Felder, 1874 [Lepidoptera])

Pola súa parte, o Sistema Integrado de Información Taxonómica considera esta clasificación:[2]

Orde Teuthida Naef, 1916[3]

Suborde Oegopsina d'Orbigny, 1845

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods
  • Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0.
  • Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6.
  • Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll and Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. I. Smithsonian Contributions to Zoology.
  • Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll and Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. II. Smithsonian Contributions to Zoology.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]