Cranchia scabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cranchia»)

Cranchia scabra

Cranchia scabra
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Subclase: Coleoidea
Superorde: Decapodiformes
Orde: Oegopsida
Familia: Cranchiidae
Subfamilia: Cranchiinae
Xénero: Cranchia
Leach, 1817 [1]
Especie: C. scabra
Nome binomial
Cranchia scabra
Leach, 1817 [1]

Cranchia scabra é unha especie de molusco cefalópodo da superorde dos decapodiformes, orde dos egópsidos, familia dos cranquíidos,[1] e subfamilia dos cranquiinos, aínda que algúns autores encádrana na orde dos teútidos, suborde dos egospinos.

É a única especie do xénero Cranchia.[1][2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Tanto o xénero como a especie foron descritos en 1817 polo zoólogo e biólogo mariño William Elford Leach na súa obra "Synopsis of the orders, families and genera of the class Cephalopoda", publicada en The Zoological Miscellany; being descriptions of new or interesting animals 3 (30): 137-141.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle impuxo Leach, e actualmente válido, a especie tamén se coñeceu polos sinónimos seguintes:[2][3]

  • Cranchia hispida Pfeffer, 1884
  • Cranchia tenuitentaculata Pfeffer, 1884
  • Loligo cranchii Blainville, 1823
  • Octopus eylais d'Orbigny, 1834

Características[editar | editar a fonte]

Octopus eylais d'Orbigny (= Cranchia scabra), debuxo de Paul Louis Oudart (1796–1860) en Voyage dans l'Amérique méridionale de Alcide d'Orbigny.

Cranchia scabra é unha especie de lura de cristal de pequeno tamaño (aproximadamente 150 mm).[4]

O seu manto está cuberto por varias pequenas puntas cartilaxinosas. Os ollos teñen catorce órganos luminescentes de pequeno tamaño.[4]

Cando está en perigo, mete a súa cabeza e os seus brazos na cavidade paleal e as súas aletas ahírense ao manto formando co restpo do corpo unha especie de bóla.
As pequenas puntas, sen dúbida, ofrecen algún tipo de protección, pero non se sabe se os depredadores se ven afectados por iso e como.
Ademais, a lura pode expulsar borra na cavidade paleal, que fai a bóla completamente opaca.[4]

Os científicos pensaban que este era un comportamento aberrante debido ao estrés e ao confinamento en acuarios de exploración, até que este comportamento se observou no seu contorno natural. A función de dito comportamento descoñécese.

As femias maduras teñen órganos luminosos sobre as puntas dos seus tentáculos que se poden utilizar para atraeren aoas machos.[4]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Esta pequena especie, transparente, encóntrase nos mares de todas as rexións tropicais e subtropicais do mundo,[5] incluíndo o mar Mediterráneo.[6] Encóntrase en mar aberto cerca da superficie e en profundidades medias.[4]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe sobre o ciclo de vida, bioloxía e ecoloxía desta especie. Os individuos xuvenís encóntranse desde a superficie até os 400 m de profundidade, e os exemplares máis grandes alcanza augas máis profundas.[7]

Esta especie ten paralarvas planctónicas.[5][8] Por estudos baseados na morfoloxía e crecemento dos seus estatólitos, parece que o seu ciclo vital consta de dous estadios: unha etapa de rápido crecemento epipelágico durante a cal os individuos alcanzan unha lonxitude do manto de 120 a 130 mm en 4 ou 5 meses, seguida doutra etapa adulta en auguas profundas.[9]

Inimigos[editar | editar a fonte]

Esta especie sofre depredación, entre outros, por parte do caldeirón tropical (Globicephala macrorhynchus),[10] os petreis Pterodroma heraldica, P. neglecta e P. ultima.[11] e peixes como o atún patudo (Thunnus obesus).[12]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) o status actual da especie (2016) é LC (pouco preocupante) debido a que é unha especie oceánica que ten unha ampla distribución xeográfica e habita en augus profundas, polo que é pouco susceptíbel ao impacto humano. Tampouco é obxecto de pesca e é pouco probábel que o sexa no futuro. Porén, aíndato se necesita máis investigación sobre a súa bioloxía e ecoloxía.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Cranchia Leach, 1817 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Cranchia scabra Leach, 1817 en FishBase.
  3. Cranchia scabra no ITIS.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Norman, Mark (2000): Guía de cefalópodos del mundo: Océano Pacífico, Océano Índico, Mar Rojo, Océano Atlántico, Caribe, Ártico, Antártico. Elche, España: Grupo Editorial M&G Difusión. ISBN 978-84-9522-306-7, páx. 320.
  5. 5,0 5,1 Young, R. E. & Mangold, K. M. 2008. Cranchia Leach 1817. Cranchia scabra Leach 1817. Version 03 June 2008. Ver aquí Arquivado 14 de abril de 2016 en Wayback Machine..
  6. Quetglas, A., Alemany, F., Carbonell, A. & Sanchez, P. (1999): "First record of Cranchia scabra in the Mediterranean Sea". Bollettino Malacologico 35 (1-4): 1-2.
  7. Voss, N. A., Stephen, S. J. & Dong, Zh. (1992): "Family Cranchiidae". Smithsonian Contributions to Zoology 513: 187-210.
  8. Richard Edward Young & Robert F. Harman (1988): ""Larva", "Paralarva", and "Subadult" in Cephalopod Terminology". Malacologia 29' (1): 201–207.
  9. Arkhipkin, A. (1996): "Age and growth of planktonic squids Cranchia scabra and Liocranchia reinhardti in epipelagic waters of the central-east Atlantic". Journal of Plankton Research 18 (9): 1675-1683.
  10. Hernández-Garcia V. & V. Martin (1994): "Stomach contents of two short-finned pilot whale (Globicephala macrorhyncus Gray, 1846) (Cetacea, Delphinidae) off the Canary Islands: A preliminary note". International Council for the Exploration of the Sea: Marine Mammals Committee 16.
  11. Imber M. J., Jolly J. N. & M. L. Brooke (1995): "Food of three sympatric gadfly petrels (Pterodroma spp.) breeding on the Pitiairn Islands". Biological Journal of the Linnean Society 56: 233-240.
  12. 12,0 12,1 Barratt, I. & Allcock, L. (2014):Cranchia scabra Leach, 1817 na Lista vermella de especies en perigo da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 03-04-1016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods
  • Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0.
  • Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6.
  • Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll e Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. I. Smithsonian Contributions to Zoology.
  • Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll e Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. II. Smithsonian Contributions to Zoology.
  • Voss N. A. (1980): "A generic revision of the Cranchiidae (Cephalopoda: Oegopsida)". Bulletin of Marine Science 30 (2): 365-412.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]