Decapodiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Decapodiformes
Decapodiformes

Cefalópodo xuvenil no plancto da Antártida
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Subclase: Coleoidea
Superorde: Decapodiformes
Leach, 1817
Young, Vecchione & Donovan, 1998
Ordes
Vexase o texto
Sinonimia
  • Decembrachiata Winckworth, 1932 [1]
  • Decabrachia Boettger, 1952 [2]
Larva de Psychroteuthis glacialis.
Lura colorada (Loligo forbesii).
Luras comúns (Loligo vulgaris). Aquarium Finisterrae, A Coruña.

A dos decapodiformes (Decapodiformes) é unha superorde de moluscos cefalópodos unha das dúas que integran a subclase dos coleoideos, que inclúe todas as especies que teñen dez brazos (oito curtos e dous longos), como as xibas (ou sepias), as luras, as potas e os chocos. A outra superorde é a dos octopodiformes (polbos e similares).

A superorde comprende uns 95 xéneros e 450 especies distribuídas en 31 familias. Moitas destas familias parecen formaren grupos naturais, pero a validez destes grupos aínda non se demostrou por métodos cladísticos.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A superorde foi definida, segundo algúns autores (The Tree of Life Web Project), en 1817 polo biólogo mariño inglés William Elford Leach.[3] Porén, outras autoridades outórganlle a descrición, no ano 1998, aos autores Young, Vecchione & Donovan (os dous primeiros, asinantes do traballo antecitado no Tree of Life).[1][4]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

As etimoloxías, tanto do nome actualmente válido, Decapodiformes, como dos seus sinónimos, Decembrachiata e Decabrachia, fan referencia ao número de brazos destes cefalópodos (10):

  • Decapodiformes: dos elementos do latín científico deca-, derivado do grego antigo δέκα déka, 'dez'; pod-, tirado do grego antigo πούς, ποδός poús, podós, 'pé', e -iformes, 'en forma de'.
  • Decembrachiata: dos elementos latinos decem-, de decem, 'dez', e -brachiata plural neutro de -brachiatum, derivado do grego βραχίων brachíōn, 'brazo'.
  • Decabrachia: de deca- e -brachia, do grego βραχίων brachíōn, 'brazo'.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A clasidicación desta superorde está en discusión. De acordo con diferentes bases de datos, considéranse as seguintes ordes:

Segundo o WoRMS:[4]

Superorde Decapodiformes

Segundo o ITIS:[5]

Superorde Decabrachia

Segundo The Taxonomicon:[6]

superorde Decapodiformes

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Young, Richard E.; Vecchione, Michael & Donovan, Desmond T. (1998): "The evolution of coleoid cephalopods and their present biodiversity and ecology". South African Journal of Marine Science 20 (1): 393–420. Resumo.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]