Tentáculo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Tentáculos de actinias.

Un tentáculo é un apéndice, alongado e flexíbel, sen esqueleto, que presentan algúns animais invertebrados, e que ten diferentes funcións, segundo os distintos grupos taxonómicos.[1]

O termo tentáculo deriva do verbo latín medieval tentare, que significa "tentar", "apalpar", "sentir", "tocar".[2]

Anemones de mar[editar | editar a fonte]

As anemones de mar do xénero Actinia teñen tentáculos retráctiles, coa finalidade de protexelos cando o animal queda ao descuberto na baixamar. En cambio es anémonas do xénero Anemonia non teñen tentáculos retráctiles, debido ao feito de que adoitan encontrarse baixo rochas e/ou en pozas onde hai sempre auga. Todas as anémonas, ou case todas, son depredadoras, e usan os seus tentáculos para atraparen ás súas presas cando pasan sobre elas.

Medusas[editar | editar a fonte]

As medusa da clase dos cubozoos utilizan oa tentáculos, que son urticantes, para atrapar presas. Porén, non poden utilizalos independentemente, xa que van á deriva. Pero as da clase das escifomedusas son unha excepción: poden usalos como fai o polbo cos seus raxos.

Cefalópodos[editar | editar a fonte]

A sepia ten 8 brazos e 2 tentácuos.

Os cefalópodos teñen oito brazos provistos de ventosas (cunha excepción: o náutilo, Nautilus pompilius, que ten máis, pero sens ventosas). As luras, as sepias e os polbos, segundo moito autores, teñen tamén oito (ou dez) tentáculos, segundo a definición que deste termo se fai aquí. Pero algúns autores diustiguen entre os tentáculos dos cefalópodos e os seus brazos.

Utilización dos termos brazo e tentáculo[editar | editar a fonte]

Para evitaren as confusións, certas fontes distinguen os brazos dos cefalópodos dos tentáculos.[3]

Larva dun Trypanorhyncha (só se mostran 2 tentáculos dos 4 que ten).

Cando si se fai esta distinción, os tentáculos refírense aos dous membros adicionais, máis longos que os outros membros, que teñen luras e sepias. Así, o termo tentáculo sería inapropiado para os polbos, que carecen destes dous órganos.

Nos brazos, as ventosas dispóñense en toda a súa lonxitude, mentres que nos tentáculos están só ao final.

Porén outras fontes non fan esta distinción.[2]

Cestodos tripanorrincos[editar | editar a fonte]

Os cestodos Trypanorhyncha son diminutos parasitos de peixes. O seu escólex leva catro tentáculos que están cubertos de espiñas. Estes tentáculos contribúen á fixación do cestodo adulto á paree intestinal dos tiburóns ou das raias que parasitam en estado adulto. Os mesmos tentáculos tamén están presentes nas larvas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. tentáculo no dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 Tentacule no Trésor de la langue françaie informatisé (TLF).
  3. Tous les animaux du monde: Les invertébrés, t. 8, Librairie Larousse, 1974, ISBN 2-03-015180-7, p. 182 distingue tentáculo de brazo, mentres que outras fontes, como Définitions lexicographiques et étymologiques de «tentacule» do Trésor de la langue française informatisé non fan esta distinción.
  4. Beveridge, I.; Bray, R. A.; Cribb, T. H. & Justine, J.-L. (2014): "Diversity of trypanorhynch metacestodes in teleost fishes from coral reefs off eastern Australia and New Caledonia". Parasite, 21, 60. doi 10.1051/parasite/2014060.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]