Copa Confederacións da FIFA
Tipo | competición internacional de seleccións de fútbol |
---|---|
Organizador | FIFA |
Número de participantes | 8 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1992 – |
Calendario da tempada | xuño – |
Intervalo de tempo | – 2019 |
Período de ocorrencia | 4 |
Datos estatísticos | |
Partidos | 16 |
Outro | |
Páxina web oficial | fifa.com… |
A Copa Confederacións da FIFA (en inglés: FIFA Confederations Cup) foi un torneo de fútbol organizado pola FIFA que enfrontaba a seleccións nacionais representantes de cada unha das confederacións da FIFA. Comezou celebrándose cada dous anos, pasando a celebrarse a partir de 2005 cada catro anos, xusto no ano anterior á celebración do Mundial no mesmo país organizador do evento.
Competían no torneo oito seleccións: os campións de cada un dos torneos que organiza cada confederación (a Copa Asiática da AFC, a Copa de África de Nacións da CAF, a Copa Ouro da CONCACAF, a Copa América da CONMEBOL, a Copa das Nacións da Oceanía da OFC, a Eurocopa da UEFA) e mais a selección campioa do último Mundial e o país anfitrión.
Historia
[editar | editar a fonte]O torneo foi orixinalmente organizado e realizado en Arabia Saudita co nome de Copa do Rei Fahd (ou Campionato Intercontinental) disputándose en 1992 e 1995 pola selección de Arabia e mais algúns campións continentais. En 1997 a FIFA fíxose cargo da organización do torneo, renomeándoo Copa Confederacións da FIFA e fixando a súa celebración cada dous anos.
A partir de 2005 a Copa pasou a disputarse cada catro anos, no ano anterior á celebración do Mundial e no país que acollese esa edición do máximo torneo intercontinental de nacións. Na actualidade está considerado como un test ou ensaio xeral para os países encargados da organización do mundial ademais de lles permitir competir á súa selección nacional ao máis alto nivel durante os dous anos anteriores ao evento (débese recordar que o país anfitrión se califica automaticamente para o Mundial).
Cando o vixente campión mundial tamén acapara algún dos títulos continentais, o subcampión tamén disputa o torneo para completar o número de oito participantes. Na edición de 2005 produciuse unha complicada situación: o campión do mundo tamén era campión de América e o subcampión, Alemaña, estaba clasificado coma anfitrión, a solución á que se chegou foi a de convidar ao subcampión da Copa América, Arxentina [1].
Até en tres ocasións houvo seleccións que decidiron non participar no torneo. O campión europeo de 1996, Alemaña, decidiu non facelo na edición de 1997 sendo substituída pola subcampioa, a República Checa. Francia, como campioa mundial de 1998 non participou na edición de 1999 sendo substituída pola finalista Brasil. Por último, a Alemaña subcampioa de 2002, foi substituída por Turquía (terceira nese mesmo Mundial) na edición de 2003.
O primeiro antecedente da Copa das Confederacións foi o Mundialito (ou Copa D'Oro). Tamén está considerado coma precursor deste torneo o Trofeo Artemio Franchi disputado en 1985 e 1993 entre os campións da Copa América e da Eurocopa [2].
Resultados
[editar | editar a fonte]Copa do Rei Fahd
[editar | editar a fonte]Ano | Anfitrión | Final | Partido 3º e 4º posto | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Campión | Resultado | Finalista | 3º posto | Resultado | 4º posto | ||
1992 [3] Detalles |
Arabia Saudita | Arxentina | 3–1 | Arabia Saudita | Estados Unidos | 5–2 | Costa do Marfil |
1995 [3] Detalles |
Arabia Saudita | Dinamarca | 2–0 | Arxentina | México | 1–1 (5–4 q.p.) |
Nixeria |
Copa das Confederacións
[editar | editar a fonte]Ano | Anfitrión | Final | Partido 3º e 4º posto | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Campión | Resultado | Finalista | 3º posto | Resultado | 4º posto | ||
1997 Detalles |
Arabia Saudita | Brasil | 6–0 | Australia | República Checa | 1–0 | Uruguai |
1999 Detalles |
México | México | 4–3 | Brasil | Estados Unidos | 2–0 | Arabia Saudita |
2001 Detalles |
Corea do Sur Xapón |
Francia | 1–0 | Xapón | Australia | 1–0 | Brasil |
2003 Detalles |
Francia | Francia | 1–0 (gol de ouro) |
Camerún | Turquía | 2–1 | Colombia |
2005 Detalles |
Alemaña | Brasil | 4–1 | Arxentina | Alemaña | 4–3 (prórroga) |
México |
2009 Detalles |
Suráfrica | Brasil | 3–2 | Estados Unidos | España | 3–2 (prórroga) |
Suráfrica |
2013 Detalles |
Brasil | Brasil | 3–0 | España | Italia | 2–2 (7–6) (penaltis) |
Uruguai |
2017 Detalles |
Rusia | Alemaña | 1–0 | Chile | Portugal | 2–1 (prórroga) |
México |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Equipo | Títulos | Finalista | 3º posto |
---|---|---|---|
Brasil | 4 (1997, 2005, 2009, 2013) | 1 (1999) | - |
Francia | 2 (2001, 2003) | - | - |
Arxentina | 1 (1992) | 2 (1995, 2005) | - |
México | 1 (1999) | - | 1 (1995) |
Alemaña | 1 (2017) | - | 1 (2005) |
Dinamarca | 1 (1995) | - | - |
Estados Unidos | - | 1 (2009) | 2 (1992, 1999) |
Australia | - | 1 (1997) | 1 (2001) |
España | - | 1 (2013) | 1 (2009) |
Arabia Saudita | - | 1 (1992) | - |
Xapón | - | 1 (2001) | - |
Camerún | - | 1 (2003) | - |
República Checa | - | - | 1 (1997) |
Turquía | - | - | 1 (2003) |
Italia | - | - | 1 (2013) |
Goleadores
[editar | editar a fonte]Máximos goleadores por edición
[editar | editar a fonte]Ano | Xogador | Goles |
---|---|---|
1992 | Gabriel Batistuta Bruce Murray |
2 |
1995 | Luis García | 3 |
1997 | Romário | 7 |
1999 | Ronaldinho Cuauhtémoc Blanco Marzouq Al-Otaibi |
6 |
2001 | Eric Carrière Robert Pirès Patrick Vieira Sylvain Wiltord Shaun Murphy Takayuki Suzuki Hwang Sun-Hong |
2 |
2003 | Thierry Henry | 4 |
2005 | Adriano | 5 |
2009 | Luis Fabiano | 5 |
2013 | Fernando Torres Fred |
5 |
2017 | Leon Goretzka Lars Stindl |
3 |
Máximos goleadores da historia do torneo
[editar | editar a fonte]Resumo
[editar | editar a fonte]Participación detallada por ano
[editar | editar a fonte]Equipo | Arabia Saudita 1992 |
Arabia Saudita 1995 |
Arabia Saudita 1997 |
México 1999 |
Corea do Sur Xapón 2001 |
Arabia Saudita 2003 |
Alemaña 2005 |
Suráfrica 2009 |
Brasil 2013 | Rusia 2017 | Total |
Brasil | - | - | Campión | F | 4º | 1R | Campión | Campión | Campión | - | 7 |
México | - | 3º | 1R | Campión | 1R | - | 4º | - | 1R | 4º | 7 |
Xapón | - | 1R | - | - | F | 1R | 1R | - | 1R | - | 5 |
Arabia Saudita | F | 1R | 1R | 4º | - | - | - | - | - | - | 4 |
Australia | - | - | F | - | 3º | - | 1R | - | - | 1R | 4 |
Arxentina | Campión | F | - | - | - | - | F | - | - | - | 3 |
Alemaña | - | - | - | 1R | - | - | 3º | - | - | Campión | 3 |
Estados Unidos | 3º | - | - | 3º | - | 1R | - | F | - | - | 3 |
Camerún | - | - | - | - | 1R | F | - | - | - | 1R | 3 |
Nova Zelandia | - | - | - | 1R | - | 1R | - | 1R | - | 1R | 3 |
Francia | - | - | - | - | Campión | Campión | - | - | - | - | 2 |
España | - | - | - | - | - | - | - | 3º | F | - | 2 |
Italia | - | - | - | - | - | - | - | 1R | 3º | - | 2 |
Uruguai | - | - | 4º | - | - | - | - | - | 4º | - | 2 |
Nixeria | - | 4º | - | - | - | - | - | - | 1R | - | 2 |
Chile | - | - | - | - | - | - | - | - | - | F | 1 |
Bolivia | - | - | - | 1R | - | - | - | - | - | - | 1 |
Canadá | - | - | - | - | 1R | - | - | - | - | - | 1 |
Colombia | - | - | - | - | - | 4º | - | - | - | - | 1 |
Costa do Marfil | 4º | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 1 |
República Checa | - | - | 3º | - | - | - | - | - | - | - | 1 |
Dinamarca | - | Campión | - | - | - | - | - | - | - | - | 1 |
Exipto | - | - | - | 1R | - | - | - | 1R | - | - | 1 |
Grecia | - | - | - | - | - | - | 1R | - | - | - | 1 |
Corea do Sur | - | - | - | - | 1R | - | - | - | - | - | 1 |
Suráfrica | - | - | 1R | - | - | - | - | 4º | - | - | 1 |
Tunisia | - | - | - | - | - | - | 1R | - | - | - | 1 |
Turquía | - | - | - | - | - | 3º | - | - | - | - | 1 |
Portugal | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 3º | 1 |
Emiratos Árabes Unidos | - | - | 1R | - | - | - | - | - | - | - | 1 |
Rusia | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 1R | 1 |
Tahití | - | - | - | - | - | - | - | - | 1R | - | 1 |
- 1R: Eliminado na primeira rolda
- F: Finalista
- C: Campión
Estatísticas xerais
[editar | editar a fonte]Equipo | P | G | E | P | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña | 13 | 8 | 2 | 3 | 29 | 22 | +7 |
Arabia Saudita | 12 | 3 | 1 | 8 | 13 | 31 | -18 |
Arxentina | 10 | 5 | 3 | 2 | 22 | 14 | +8 |
Australia | 16 | 5 | 3 | 8 | 17 | 25 | -8 |
Bolivia | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 3 | -1 |
Brasil | 33 | 23 | 5 | 5 | 76 | 28 | +48 |
Camerún | 11 | 4 | 2 | 5 | 7 | 11 | -4 |
Canadá | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 5 | -5 |
Chile | 5 | 1 | 3 | 1 | 4 | 3 | +1 |
Colombia | 5 | 2 | 0 | 3 | 5 | 5 | 0 |
Corea do Sur | 3 | 2 | 0 | 1 | 3 | 6 | -3 |
Costa do Marfil | 2 | 0 | 0 | 2 | 2 | 9 | -7 |
Dinamarca | 3 | 2 | 1 | 0 | 5 | 1 | +4 |
Emiratos Árabes Unidos | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 8 | -6 |
España | 10 | 7 | 1 | 2 | 26 | 8 | +18 |
Estados Unidos | 15 | 6 | 1 | 8 | 20 | 20 | 0 |
Exipto | 6 | 1 | 2 | 3 | 8 | 17 | -9 |
Francia | 10 | 9 | 0 | 1 | 24 | 5 | +19 |
Grecia | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 4 | -4 |
Iraq | 3 | 0 | 2 | 1 | 0 | 1 | -1 |
Italia | 8 | 3 | 2 | 3 | 13 | 15 | -2 |
México | 27 | 11 | 6 | 10 | 44 | 43 | +1 |
Nixeria | 6 | 2 | 2 | 2 | 11 | 7 | +4 |
Nova Zelandia | 12 | 0 | 1 | 11 | 3 | 32 | -29 |
Portugal | 5 | 3 | 2 | 0 | 9 | 3 | +6 |
República Checa | 5 | 2 | 1 | 2 | 10 | 7 | +3 |
Rusia | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 3 | 0 |
Suráfrica | 7 | 1 | 2 | 4 | 9 | 12 | -3 |
Tahití | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 24 | -23 |
Tunisia | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 5 | -2 |
Turquía | 5 | 2 | 1 | 2 | 8 | 8 | 0 |
Uruguai | 10 | 5 | 1 | 4 | 22 | 13 | +9 |
Xapón | 16 | 5 | 2 | 9 | 19 | 25 | -6 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2005/2006 season: final worldwide matchday to be 14 May 2006". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 16 de xuño de 2009.
- ↑ Intercontinental Cup for Nations
- ↑ 3,0 3,1 As primeiras dúas edicións foron de facto a defunta Copa do Rei Fahd. Posteriormente a FIFA recoñeceunas retroactivamente coma Copas Confederacións. Véxase http://www.fifa.com/tournaments/archive/tournament=101/awards/ Arquivado 10 de abril de 2009 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Copa Confederacións en FIFA.com Arquivado 26 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)
- Arquivo RSSSF (en inglés)