Selección de fútbol de Nova Zelandia
| Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
|---|---|---|---|
|
| |||
| |||
| Asociación | New Zealand Football | ||
| Confederación | OFC (Oceanía) | ||
| Código FIFA | NZL | ||
| Alcume | All Whites | ||
| Clasificación FIFA | 122 (11 de xuño de 2020 | ||
| Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
| Seleccionador | |||
| Máis encontros | Ivan Vicelich (88) | ||
| Máximo goleador | Vaughan Coveny (28) | ||
| Estrea internacional Nova Zelandia Dunedin, Nova Zelandia; 17 de xuño de 1922 | |||
| Maior vitoria Nova Zelandia Auckland, Nova Zelandia; 16 de agosto de 1981 | |||
| Maior derrota Nova Zelandia Wellington, Nova Zelandia; 11 de xullo de 1936 | |||
| Copa do Mundo | |||
| Participacións | 2 (primeira en 1982) | ||
| Mellor resultado | Fase de grupos (1982, 2010) | ||
| Copa das Nacións | |||
| Participacións | 11 (primeira en 1973) | ||
| Mellor resultado | Campións (1973, 1998, 2002, 2008, 2016) | ||
A Selección de fútbol de Nova Zelandia (inglés: New Zealand national football team, en maorí: He papa whutupaoro a-motu o Aotearoa) é o equipo representativo de Nova Zelandia nas competicións oficiais internacionais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Nova Zelandia (New Zealand Football), pertencente á Confederación de Fútbol de Oceanía (OFC) e á Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA).
O fútbol é un deporte moi popular entre os mozos de Nova Zelandia, pero en canto a repercusión nos medios o rugby é claramente máis importante para os neozelandeses que o fútbol. O crícket é outro dos deportes que compite co fútbol por unha maior atención dos medios en Nova Zelandia. Ademais, a selección de fútbol neozelandesa posúe certas dificultades que lle impiden maior recoñecemento, como unha liga nova e semiprofesional, o Campionato de Fútbol de Nova Zelandia (chamado ASB Premiership por razóns comerciais) fundado en 2004 e que está composto por oito equipos das rexións máis poboadas do país.
