Conversa:Isabel II de España

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Pois nos meus libros de texto aparece como Sabela II, e os nomes dos monarcas os estamos a traducir.--AlberteSi, digame? 12:36, 26 agosto 2006 (UTC)

  • Quizais os meus libros están anticuados ou non teñen que ver cos teus.

Persoalmente, non me gusta a tradución por Sabela. So a aceptaría se Isabel fose castelanismo (quizais alguén poida comprobalo con máis medios ca min). Non me parece lícito procurar un diferencialismo tal que dificulte a comprensión ou o recoñecemento dos personaxes. Hai moitas variantes dos antropónimos exclusivamente galegas, e non é lícito chamar Davide (variante de David) ou Dauli (variante de David) a todo canto persoeiro ou personaxe se chame David. Falas, Alberte, de traducir o nome de Isabel, pero eu considero que non se traduce (porque xa é galego) o que fai é cambiarse por outro.

Podería reverter os cambios que fixen, mais creo que é preferible non facelo unicamente neste artigo por cuestión de coherencia. Hai que considerar o tema en toda a súa dimensión, pois se se demostra que Isabel non é un antropónimo galego (primeiro hai que demostralo), temos que pensar se hai que cambiar os seguintes artigos: Isabel, Isabel Allende, Isabel I de Castela, Isabel López Lajas, Isabel II do Reino Unido, Isabel Perón. Ademais destes artigos, hai ducias en que habería que cambiar o nome de Isabel por Sabela (moitas delas son ligazóns).

Por outra banda, dis que estades traducindo os nomes, ¿que nomes?, ¿non serán todos?, Non iredes poñer Sabela Allende. Quizais só traduzades ós monarcas: Afonso XII, Henrique VIII,...--Lmbuga Commons - Galipedia 15:04, 26 agosto 2006 (UTC)

  • Compañeiros, perante a todo non hai que deixar que o sangue chegue o río (que xa dabondo ten con levala auga). Nun dos apartados nas normas da Galipedia, no trocante a biografias expresase o seguinte "Por regla xeral, respétase a lingua orixinal: só se galegizan os papas, santos, monarcas e membros de casas soberanas, ademáis das personaxes galegas falecidas; sen e cando o personaxe fose coñecido por un pseudónimo ou alcume, éste leva a unha remisión á voz onde se desemvolve. Os personaxes portugueses e brasileiros ordéanse polo segundo apelido. Tralo nome inclúese entre paréntese o lugar e data de nacemento e, separado por un guión, o lugar en data de morte. Nembargantes existen algunas excepcións nestes apartados e datas nas que se soe sustituilas por unha interrogante; no caso de que o lugar de nacemento sexa o mesmo que o de morte, éste non se repite.". Voltando o caso de Sabela, de feito o termo (mo unha das excepcións máis non está proposto como nome galego pola RAG e tampouco a ILGA parécese interesar por él; máis que nada por se un antropónimo feminino que procedencia hebraica (Elixeba) no cal se refería o Deus do xuramento ou da perfección; pola cal adoitase a usala variante Isabel. Tan són sería recoñecido o nome de Sabela como a deficinión dun peixe da familia dos clupeídos, perante a se máis coñecido polo nome de Zamborca. Agardo que ista explicación che sirva de axuda para resolvela dúbida.

PD: O que sí se o desexais podedes incluir o termo Sabela dentro do artigo Isabel (agregando o seguinte: "as veces os autores tamén a sóen coñecer baixo o nome de Sabela"; pero respetando o nome principal: Isabel).Un saúdo.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 13:58, 26 agosto 2006 (UTC)

  • NON SEI, NON SEI: CANDO EU ESTUDIEI A CLASIFICACIÓN DOS NOMES EN lINGUA gALEGA NO COLEXIO SEMPRE DIN QUE sABELA ERA A FORMA CORRECTA....--Norrin_strange (Talk) 16:20, 26 agosto 2006 (UTC)
Creo perfectamente o que dis. Intúo que a aportación que fixo antes Alberte pode ir pola mesma liña. Pero pode ser cousa dun iluminado que creou moda. Vou estudar o caso cos meus medios: foi compañeira miña de instituto e carreira a persoa máis especializada na antroponimia que hai na Universidade de Santiago. Luns mirarei se me podo poñer en contacto con ela (Por certo, chámase A. Isabel).
Podo xa aportar outro dato que creo significativo, en portugués é Isabel (e non só para nomes estranxeiros, é nome portugués): http://pt.wikipedia.org/wiki/Especial:Search?search=Isabel+&go=Artigo e http://pt.wikipedia.org/wiki/Santa_Isabel.
Luns ademais mirarei de comprar o dicionario de nomes de Xerais que, polo que teño entendido, é moi fiable--Lmbuga Commons - Galipedia 20:37, 26 agosto 2006 (UTC)

Sabela II[editar a fonte]

Eis unha fonte daquela época onde se emprega o nome de Sabela II: Romance gallego pubricado en cerebridade da vinda de Sabela segunda a antiga capital do Reino de Galicia (no 7 de setembre do ano de 1858) ----Jorges65 (conversa) 28 de marzo de 2016 ás 15:47 (UTC)[responder]

Por que non movelo a Isabel II de España e deixar Isabel II para unha páxina de homónimos? O fago mañá.--Norrin_strange (Talk) 18:13, 29 agosto 2006 (UTC)

Isabel II / Reinado de Isabel II[editar a fonte]

Ao igual que no caso de seu pai, Fernando VII, Isabel II goza de dous artigos na Galipedia:

privilexio que non teñen os demais reis de España, nin de ningún outro país, nesta e noutras Wikipedias.
E ao igual que no caso do pai, considero que cumpriría fusionar ambos os artigos.
Por outra parte, os dous artigos isabelinos carecen de fontes.
No caso de que se estimase oportuno refundilos, preséntome voluntario pera facelo e, ademais, a subministrar as necesarias referencias (aínda que son de ciencias, son —desde os tempos do bacharelato— moi afeizoado á historia, e especialmente enamorado do século XIX, e teño na miña biblioteca particular abundante bibliografía). --XoioÉche o que hai 03:43, 11 de abril de 2012 (UTC)

Discordo: "Reinado de Isabel II de España", ten artigo de seu en Wikipedia en oito linguas: d:Q2638796. --. HombreDHojalata.conversa 17 de agosto de 2018 ás 21:26 (UTC)[responder]