Conversa usuario:Stoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Benvido á Galipedia Stoni, cada vez somos máis nesta wikipedia para avanzar na mellora do proxecto. Movín as páxinas de usuario que creaches porque na Galipedia os espazos de nome de usuario son User e User talk, agora están no sitio correcto. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:16, 23 Xuñ 2005 (UTC)

Benvido Stoni. Agardo verte moito por eiquí. Só un apunte, nesta wiki non temos nada semellante ó proxecto babel (eu propúxeno fai tempo pero ninguén se fixo eco) así que non fai falla que te preocupes por crear esas plantillas nin en engadilo á túa páxida de usuario ;) Un Saúdo --Alyssalover(fálame) 17:24, 23 Xuñ 2005 (UTC)

Concello info[editar a fonte]

  • En Wikipedia:Concello info tes información sobre como funciona o modelo de marcador que utilizamos para as caixas dos concellos, ao mellor hai algunha pequena diferenza coa versión actual, non o lembro, pero en todo caso hai información útil sobre a caixa. Se non se introducen os datos diante do signo | o se se fan certas variacións con respecto ao modelo poden producirse problemas. Nas comarcas non é necesario poñer o texto comarca porque o cadro xa o contempla. Se tes calquera dúbida deixanos unha mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:38, 2 agosto 2005 (UTC)

Cabeiro[editar a fonte]

  • Ola, vexo que reformaches Cabeiro, Redondela, o problema está que quitaches que a información procedía de fontes do século XIX, calquera que lea o artigo agora pode pensar que son datos actuais, por iso é necesario engadir no artigo que as fontes non son actuais, e canto se poda dar información actual sobre a parroquia, e refundir os datos que figuran agora nun apartado de historia.--Rocastelo(fálame aquí) 15:14, 19 novembro 2005 (UTC)
  • Ola!! As reformas no artigo sobre Cabeiro, Redondela fixenas coa idea aportar datos mais actuais. Resultaba moi interesante toda a informacion historica pero penso que esa debe permanecer unicamente no apartado de Historia, e fora dese apartado os datos deben ser actuais. Espero expandir o artigo no futuro xa que e onde nacin. Ti que opinas?--Stoni(fálame aquí) 16:26, 19 novembro 2005 (UTC)
  • O problema está en que non resulta claro, o apartado historia está redactado en presente, sería mellor poñer por exemplo Situación da parroquia a mediados no século XIX(aínda que seguramente non variaría ata comezos do XX) é máis longo pero queda máis claro, e o partido xudicial poñelo como historia xa que son datos históricos, sen dúbida o artigo quedará mellor cando o amplíes, que de certo terás boa información e actual, e se es afeccionado á fotografía quedaría moi ben algunha foto.--Rocastelo(fálame aquí) 15:41, 19 novembro 2005 (UTC)
  • Dito e feito, xa mellorei algunhas cousas pero se atopas algo que se pode mellorar non dubides en cambialo ti mesmo. Intentarei informarme, xa que este e un bo lugar para que alguns datos non se perdan e se e posible como non tomar algunha foto. Tamen atopei alguns artigos sobre Redondela moi interesantes e con datos unicos froito da investigacion que me gustaria incorporar pero estos contan cunha nota que prohibe expresamente a sua reproduccion. Habera que preguntar a ver se hai sorte.--Stoni(fálame aquí) 16:26, 19 novembro 2005 (UTC)
  • O que non se pode copiar é a redacción nin o estilo do texto, pero os datos, en si, non poden ter copyright (que eu saiba), polo que si podes incorporar os datos, iso si tes que indicar a fonte, contigo os artigos de Redondela seguro que se converterán nun dos mellores da Galipedia, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 16:08, 19 novembro 2005 (UTC)

Commons[editar a fonte]

  • Ola, borrei Plantilla:Commons por que xa existía {{Template:Commons}},--Rocastelo(fálame aquí) 20:47, 20 novembro 2005 (UTC)
  • Moitas gracias tenha pendente miralo mais tarde. Gracias pola correccion. --Stoni(fálame aquí) 22:54, 20 novembro 2005 (UTC)
  • Ola, vexo que tes coñecementos de hebreo, non sei se vas traballar nalgún artigo de Israel ou de personalidades israelís, hai varios bloqueados por vandalismo reiterado, se vas traballar nalgún deses faimo saber para desbloquealo, saúdos--Rocastelo(fálame aquí) 21:43, 26 novembro 2005 (UTC)
  • En principio non tenho ningun especial interes pola tematica, pero se nalgun momento preparo algo fareito saber. Moitas gracias. PD: Eres humano ou maquina? Semella que sempre estas aqui --Stoni(fálame aquí) 22:57, 26 novembro 2005 (UTC)
  • Ola, imos por partes Historia de Galiza é anterior á decisión que se tomou de útilizar Galicia nos artigos, por iso leva Galiza no seu título, e en principio non hai porque cambialo. Séculos Escuros é o nome para a historia da lingua e da literatura. En historia emprégase Historia Moderna de Galicia ou Idade Moderna. O Reino de Galicia e Portugal existiu, pero foron poucos anos como para constituír un período histórico e na historiografía galega coñécese simplemente como reino de Galicia, supoño que o que queres poñer no template son períodos históricos, senón o template sería inacabable, iso si o que debe aparecer é a cultura castrexa que si foi un período histórico e ben longo en Galicia. Se queres nos próximos días fago unha lista de artigos para o template e despois os comentamos e nos poñemos de acordo en cales deben ir no template, e que por suposto despois máis xente pode dar a súa opinión.--Rocastelo(fálame aquí) 22:21, 27 novembro 2005 (UTC)
  • Respecto a séculos escuros que en literatura vai de 1470-1500 ata 1850, supoño que o estudarias en lingua galega. Pero dende logo iso non é o que se estuda na facultade de historia, economicamente os galegos estaban mellor en 1750 que en 1300 (dentro da precariedade). En Galicia o século de Ferro como se coñece a crise que se deu en toda Europa a fins do XVI e comezos do XVII durou menos que noutras zonas e foi menos rigoroso. Foron séculos escuros para a literatura, para o uso culto da lingua e mesmo se queres politicamente, pero non economomicamente, ninguén que compare a Idade Media coa Moderna pode dicir que na Idade Media estaban mellor, creme, supoño que por iso historiograficamente non se coñece como¨Séculos escuros, en realidade historiograficamente séculos escuros son os posteriores á caída do imperio romano--Rocastelo(fálame aquí) 22:32, 27 novembro 2005 (UTC)
  • Portucale era por Porto, en realidade o título do rei García si era rei de Galicia e Portugal (en latín claro) se non teño enferruxado os meus coñecementos desa época, tería que repasar os apuntamentos e os libros que teño. Os meus coñecementos van máis ben pola historia contempóranea. Farei esa lista, se a podo ter maña, xa a comentamos.--Rocastelo(fálame aquí) 22:45, 27 novembro 2005 (UTC)

Historia de Galicia[editar a fonte]

  • Galicia - Galiza
1. Nos títulos das páxinas utilízase Galicia, exemplos: Concellos de Galicia, Ríos de Galicia,...
2. No caso das páxinas Galicia e Galiza mantemos as dúas páxinas cun contido igual -sen redireccións- (tendo coidado de sustituir nunha páxina e outra Galicia por Galiza e o revés. Procurando que os cambios nunha páxina tamén se reflictan na outra).
3. No contido das páxinas pódese usar indistintamente Galicia ou Galiza. Procurarase ser coherentes no uso dos termos.
4. Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.

Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:43, 28 novembro 2005 (UTC)

  • Non cho dixen onte, pero a idea de facer un marcador cos períodos da historia de Galicia pareceume moi boa idea, fixen unha lista, púxena no marcador Template:Historia de Galiza, dime que che parece, pensas que habería que engadir máis, non estás de acordo con algún..., en fin dime que che parece.--Rocastelo(fálame aquí) 21:40, 28 novembro 2005 (UTC)
  • Paréceme ben o cambio que fixeches, todos descenden de Historia de Galiza, e sobrenténdese que son períodos da historia de Galicia.--Rocastelo(fálame aquí) 21:29, 29 novembro 2005 (UTC)

Portal Galicia[editar a fonte]

  • Ola Stoni, queria darche os meus parabéns polo traballo que estás a facer no Portal Galicia da wikipedia inglesa. Agradezoche que esteas contribuíndo á consolidación do proxecto da wikipedia galega coas edicións de artigos nese wiki. É unha colaboración moi importante e valiosa para que mellore e medre o proxecto galego en todas as súas partes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:00, 27 decembro 2005 (UTC)
  • Eu tamén o vin e gostei del! Xosé (✉) 13:02, 27 decembro 2005 (UTC)
  • Ola, Stoni. coido que despois de curiosear pola túa páxina e a Galipedia, o que puxen na en.wikipedia está de máis. Nembargantes, non coñecía o proxecto de traslación e coido que sería cousa de darlle máis difusión. É moi interesante.--Agremon(contacto) 11:53, 24 xaneiro 2006 (UTC)

Trust in Wikipedia[editar a fonte]

this is Cathy from Hong Kong working on a research about trust on Wikipedia. I wonder if you would kindly contact me at researchingmedia@gmail.com? I'd like to chat with you about Wikipedia of your language. Would you kindly drop me your email or IM (Skype, MSN, AIM or ICQ)? It wouldn't take more than ten minutes, but it would help enormously for us to understand the overall trust-based social landscape of Wikipedia. Thank you!

Xornal da Galipedia[editar a fonte]

Ola Stoni, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:24, 15 setembro 2006 (UTC)

Antero Rubín[editar a fonte]

Stoni, tivemos que borrar o artigo Antero Rubín que creaches ti, porque un usuario avisou de que procedía de http://www.ipdca.com/internovas/historias/rubin/rubin.htm. Supoño que se trata dalgún tipo de confusión. Se consideras que hai razóns para recuperalo (tecnicamente pódese facer) non tes máis que dicirmo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:24, 15 novembro 2006 (UTC)

Image:Anxo Quintana.jpg[editar a fonte]

Grazas por intentares mellorar os artigos. Vinme na obriga de borrar a imaxe por ser unha violación do copyright. A orixe da imaxe sempre debe de constar nos datos das fotos que se suban á Galipedia. De non se engadir a orixe ás imaxes, estas serán marcadas para borrar e, antes ou despois, borradas. A orixe serve para que se poida comprobar que a licenza é certa (que na páxina se especifica esa licenza).

Atopei a imaxe en http://www.benestargaliza.org/presentacion.html e esa páxina non está no dominio público, non permite a realización de obras derivadas nin o uso comercial. Tódalas imaxes que se suban á galipedia teñen que permitir expresamente a realización de obras derivadas nin o uso comercial.

Nota:Segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright (para máis información Wikipedia:Política de uso de imaxes).

Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:55, 25 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Stoni. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:49, 6 decembro 2006 (UTC)

Pido disculpas[editar a fonte]

Boas Stoni ! Tes que perdoarme : metin a pata no traballo que estabas a fazer nas categorias, non me decatara que alguén traballa agora niso. Eu metinme pensando (sen controlar os historial) que era traballo antigo. Deixote seguir e perdoname. Saúdos --Elvira (Conversa comigo) 17:30, 30 de maio de 2012 (UTC)

Re: Empresarios galegos[editar a fonte]

Boas outra vez Stoni ! A xerarquia que fixen non corresponde tanto ao que eu penso. Só é unha harmonia e coerenzia na árbore que funciona na Galipedia : a Categoría:Personalidades é unha categoria nai directamente debaixo da Categoría:Índice, polo tanto vai o mismo nivel que Categoría:Arte e Cultura e Categoría:Ciencia . A palabra "personalidade" debemos entendela no sentido "persoa importante" (importante o suficiente para ter un artigo na Galipedia) sen consideracións sobre o eido da sua importancia, nin sobre a localización xeografica. Eu penso que andamos à fazer as categorias por debaixo Categoria: Personalidades de xxx (xxx = pintura, economia, etc) e ainda mais abaixo Categoria: Personalidades de yyy (yyy = pintores, economistas etc). Que che parece ? A lerte --Elvira (Conversa comigo) 17:53, 30 de maio de 2012 (UTC)

Personalidades[editar a fonte]

Ola Stoni, segundo a RAG [1] Personalidade: "s.f. 1. Conxunto de características que constitúen o modo de ser propio dunha persoa ou dunha colectividade, que a individualizan con respecto aos demais. Trazos da súa personalidade. A formación da personalidade comeza na infancia. Un pobo con personalidade propia. cf. carácter , idiosincrasia , natureza . 2. Modo de ser que fai a unha persoa orixinal ou especial, por oposición á xente común. Un home con personalidade. Ten unha forte personalidade. 3. Persoa importante pola súa posición social ou nunha determinada actividade. Agárdase a asistencia de numerosas personalidades. Altas personalidades do ámbito científico van debater a cuestión. sin. persoeiro , personaxe. "

O significado da terceira acepción, é a que empregamos na Galipedia para clasificar as biografías, como sinónimo de persoeiro, personaxe... e co obxectivo de evitar linguaxe sexista (p.ex. "Empresarios galegos" pode asemellar excluínte de "empresarias galegas").

Partimos da base de que alguén que ten artigo nunha enciclopedia é "Persoa importante pola súa posición social ou nunha determinada actividade" para ben ou para mal. Do contrario cumpriría eliminar o artigo. Non si?

Un saúdo, bo trabalo, e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 17:54, 30 de maio de 2012 (UTC)

Funguicultura Muiños[editar a fonte]

Ola Stoni.

Abrín unha votación para borrar Funguicultura Muiños.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 12:31, 4 de novembro de 2012 (UTC)

Aviso na taberna de axuda[editar a fonte]

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 22:00 (UTC)

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Stoni. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 13 de agosto de 2019 ás 20:10 (UTC)

atletismo[editar a fonte]

Ola, Stoni! O marcador que procuras é {{en uso}}. Por favor, engade no artigo as referencias das que tomas a información. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 16 de agosto de 2019 ás 14:54 (UTC)

Moitas grazas! --Stoni (conversa) 16 de agosto de 2019 ás 14:57 (UTC)