Conversa usuario:RNC/arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, RNC!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Alberte Si, dígame? 13:11, 9 novembro 2008 (UTC)

Correccións[editar a fonte]

Xa tiña en mente desde hai días a obriga de felicitarte por ese labor de vixilancia e corrección que estás a faces e que nos pón de manifesto a necesidade de ler con máis atención o que escribimos. Grazas polo esforzo que sei que é tedioso e pouco gratificante, pero imprescindible. O feito de facelo agora (o da felicitación) é por un cambio que fixeches en arte románica: "Pertencen á arquitectura románica os parámentos verticais ...". Polo que vexo no VOLGa, a forma paramentos, que corrixes, era correcta. Antes que reverter ese cambio preferín comentalo contigo por se acaso. Saúdos e xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 19:51, 16 novembro 2008 (UTC)

Engádome aos parabéns polas correccións. --Xabier Cid Conversa 20:55, 19 novembro 2008 (UTC)

Traduccións - Bioloxía[editar a fonte]

Artigo en cuestión: Botánica. Levo varios días traducindo textos moitos máis grandes que este a man, é dicir, sin autotraductores. Hoxe atopei un da universidade de Vigo que traballa ben, e creéeme que me aforrei horas de traballo. Graciñas polo aviso, está ben pra non meter a pata. Eu colaboro na galipedia para que a xente galegofalente teña bos recursos e poida dispoñer de bos artigos en galego para non ter que recurrir a outra lingua. Para esto cómpre que os artigos dos que dispón a galipedia sexan bós, non como a maioría que son de 3 liñas (mellor ter 4 artigos bós, que 200 malos) Lamentablemente estudiei Bioloxía pero perdín os apuntes da carreira, porque de telos tiña mellores fontes que de outra wikipedia calquera, pero non pode ser :( Xa que os artigos relacionados ca Bioloxía están en pañais na galipedia, estou traballando para mellorar esa parte. De novo graciñas polo aviso

Motor cc sen vasoiras[editar a fonte]

Ola RCN. Non sei exactamente o que pasou, penso qeu non puideches move-lo artigo porque xa existía este como redirección e había que borralo para afce-lo oco para movelo (penso que foi por sio polo que non che saíu, aínda que non sei por que puxo que fora un éxito). Feito está o movemento, un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:09, 22 novembro 2008 (UTC)

Correccións lingüísticas[editar a fonte]

Grazas, e tes razón, vai ser mellor que o faga así. Un saúdo! --GallaecioE logo? 09:08, 23 novembro 2008 (UTC)

Sobre o tema do artigo de Rivaldo[editar a fonte]

Non seria válida o termo “Olleador“. O diccionario que me descarguei en galego para ó Office dende unha páxina oficial da administración sinala este termo como correcto. Pregúntoche porque ben é certo que despois non ó encontro noutros diccionarios aínda que ben sabemos que nas formas derivadas deixan moito que desexar. Un saúdo --Jordav 21:43, 24 novembro 2008 (UTC)

Perdoa pola tardanza na resposta, pero ata agora crera que xa te contestara, e agora o fago, non para discutir se estou de acordo (que o estou) o non coa decisión tomada, senón para darte as gracias polo esforzo que pos en xustificar cada unha das túas decisións e en corrixirnos a aqueles que como eu, non escribimos nun galego moi académico. Un saúdo. --Jordav 14:02, 14 decembro 2008 (UTC)

Ola, RNC. A túa explicación sobre por que non corrixir ese artigo Alimentación na Antiga Grecia é moi correcta. Pero neses casos o mellor é que o propoñas pra borrar e empregues o marcador de {{lixo}}, ou mellor aínda o de {{lixoporque}} (colocas ao principio do artigo o marcador, e explicas as túas razóns: {{lixoporque|pois por isto e polo outro}}). Ás veces non é sinxelo ditaminar cando estamos ante un artigo de borrado directo, como este caso, ou cando hai que darlle voz á comunidade pra que opine se mantelo ou chimpar con el, aínda que na maior parte dos casos si. O que vimos facendo os administradores é activar o borrado directo nos casos de tradución automática onde dá máis traballo reparar o artigo que facelo ben dende un principio. É tarde e estou canso, e non me explico ben. Se tes algunha dúbida, pregunta e cóntoche, ok? Saudiño. --Xabier Cid Conversa 22:30, 25 novembro 2008 (UTC)

ameixa xaponesa[editar a fonte]

A verdade é que agora que leo o que estaba e o que está, non sei cal sería a forma máis clara. Temo que a miña intención nun principio foi deixar claro que a ameixa só podía comercializarse como "almeja japonesa (Ruditapes philippinarum)" e que a denominación galega era "ameixa xaponesa". A Norma Xeral de Etiquetaxe esixe que a denominación común e científica das especies pesqueiras sexa a establecida nesas Resolucións que anualmente publica a Secretaría de Pesca, rexeitando outras denominacións locais e outros nomes científicos obsoletos. Esixe tamén que a etiquetaxe sexa en castelán excepto para produtos autóctonos comercializados dentro da comunidade (é dicir, podes vender "queixo tetilla" ou "Mel de Galicia" só en Galicia; fóra de aquí só o poderías vender como "queso" ou como "miel"). Quérese dicir que aínda que a resolución dea a sinonimia nas distintas linguas non son nomes válidos na etiqueta. Pero estes distingos non me parecen agora de interse nun artigo dunha enciclopedia. Outra realidade é que aquí, esta a ameixa coñécese realmente como "xapónica" ou "japónica", máis que como "xaponesa". Pero, insisto, todo isto refírese exclusivamente á etiqueta, non á realidade comercial e lingüística. Por iso, definilo como "denominación comercial" paréceme moi correcto.

Pero hai máis. Esa resolución é de 2006 e xa está obsoleta, e o vindeiro febreiro-marzo volverá a cambiar, aínda que non é previsible que afecte a esta especie. Así que teño que cambia-la Resolución ou, mellor, suprimir ese dato e así non ter que estar actualizándoo cada ano.

E non é presentable da-lo nome científico na 2ª liña e repetilo na 5ª.

En conclusión, que imos ter que cambiar esa introdución. Saúdos e grazas por chamar a atención sobre esa desafortunada entrada. Pedro --Lameiro (conversa) 22:05, 29 novembro 2008 (UTC)

Artur Balder[editar a fonte]

Parabéns pola caza e captura de Balder, :) Bo traballo --Xabier Cid Conversa 00:00, 10 decembro 2008 (UTC)

O artigo Santa Pola[editar a fonte]

moitas grazas polas túas correcións da miña parte do artigo "Santa Pola". eu son un santapoleiro que leva uns anos nesto de aprender a lingua galega. os cambios que fixeches foron de molta aiuda para min. unha aperta e bo traballo! Xamasi 23:27, 10 decembro 2008 (UTC)

Libro dos mortos[editar a fonte]

Concordo contigo, non ten sentido esa sección de versións castelás do libro, semella influencia dunha tradución española (estouno dicindo sen ve-lo historial, igual me equivoco). Eu eliminaríaas todas, de houber tradución galega si que tería sentido engadila. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:35, 15 decembro 2008 (UTC)

nomes dos elementos químicos[editar a fonte]

bon día, NRC;

na conversa do artigo hasio fixeches mención ao libro O nome e o símbolo dos elementos químicos, obra de Termigal e do Consello da Cultura Galega. Sabes se está dispoñible na rede?

En caso contrario, gustaríame animarte a botarlle un ollo aos artigos de elementos químicos de recente denominación, e quixera saber se coñeces algunha outra referencia sobre os nomes en galego dos elementos químicos.

Moitas grazas e un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 12:07, 16 decembro 2008 (UTC)

NON TE ADIANTES, POR FAVOR[editar a fonte]

Poderías revertir a miña creación de Cabada Vázquez? Estaba editando un breve artigo sobre Linares para mellorar o enlace. Non teñas tanta presa, que esta Wikipedia necesita moita axuda, e de poñer estes atrancos a miña labor, acabarei por voltar a Wikipedia en Español.

GRAZAS, --DARTORIUS 22:46, 28 febreiro 2009 (UTC)

Cabada Vázquez!![editar a fonte]

Borro os datos do artigo porque meus antepasados (meus avós e bisavós) foron veciños deste magnífico señor, e de feito, a casa na que desenvolveu gran parte da súa vida está situada a 100 metros da que agora é a casa a que vou varias veces o mes.

Teño unha extensa biografía deste señor, de maís de 1.000 folios, manuscritos orixinais del mesmo, libros sobre el a centos... que máis queredes? Que este artigo que tiña intención de facer o escriba na Wiki Española, allea a nósa literatura? Se borro eses datos e porque non vou deixar algo desencaixado dentro da miña creación, e de feito, teño borrado datos na Wiki Española e redactado novos artigos con referencia e ninguén me dixo nada. Hans Hermann von Katte, Proteínas... etcétera. Se agora queredes interromper a miña creación e o vóso problema. Supoño porque será que estades nervosos por votar maña, JEJE.

Agora se me permitides continúo coa miña tarefa... e senón acabo o que empezei na española, que polo momento e máis fácil de editar e ten máis calidade.

Pois sí, teño esa intención[editar a fonte]

O que pasa e que son estudante e non teño tardes enteiras pra adicarme a facer un artigo de 40.000 kb nun día, así que vou pouco a pouco, ademáis de que son moi escrupuloso coa gramática e coa ortografía.

Por certo, gustaríame saber como facedes na Wiki Galega para poñer Referencia e no caso da bibliofrafía os datos dos libros, por as plantillas españolas non serven aquí (deberían de estar un pouco máis unificadas, o meu entender).

E sí, enténdese a xente falando. O da política só era unha Talk-Short, como din os ingleses. Non tiña ningunha outra intención. Se che molestou perdoa, pero e que non me gusta que interfiran no meu traballo cando teño unha boa intención.

GRAZAS, --DARTORIUS 23:19, 28 febreiro 2009 (UTC)

Pero Que Pasa Aquí!![editar a fonte]

Volvéronme borrar o artigo, a próxima vez paso desta Wiki e elaboroo na española. Esto xa parece un cachondeo!!

Agradécese!![editar a fonte]

Non me decataba de que a hora que marca a Wikipedia e a estipulada para o mundo internacional!! Xa me parecía que ía descoordinada, jaja. Bueno, creo que por hoxe voume retirar, que para un sábado que podo durmir vou aproveitar. Saúdos e grazas.

--DARTORIUS 23:33, 28 febreiro 2009 (UTC)

Esa é boa. A quen queremos máis, a papá ou a mamá? A miña experiencia dime que o Volga comete menos erros có DRAG, pero vai ti saber. En todo caso, suroeste sempre vai ser correcta, e non arriscamos máis. :) Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 09:37, 1 marzo 2009 (UTC)

RE:Referencias[editar a fonte]

Creo que o problema xa foi arranxado por Banjo. Saúdos e grazas por dar o toque! --Toliño Fala aquí comigo 13:09, 27 marzo 2009 (UTC)

Ola, quería enviarche un correo, pero non tes o sistema habilitado. :) --Xabier Cid Conversa 15:14, 6 abril 2009 (UTC)

Merindad[editar a fonte]

Boa esa RNC. De feito, non as tiña todas comigo e non daba atopado o termo exacto. Ben vista. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 17:49, 8 maio 2009 (UTC)

Arqueología y el Libro de Mormón[editar a fonte]

Hola, he visto que has puesto que el artículo está escrito desde una perspectiva mormona. Lo he traducido desde la enciclpoedia en castellano por lo que no he puesto mi punto de vista (que encima soy católico, no mormón). No sé cómo hacerlo más neutral pero ¿te parece bien que lo intente corregir y me vas diciendo en la página de discusión las partes que no tienen punto de vista neutral? --Chabi 11:38, 16 maio 2009 (UTC)


Estaría bien titularlo

  • Intentos arqueológicos de demostrar la veracidad de El Libro de Mormón.
  • Demostración arqueológica de El Libro de Mormón.
  • Relación entre la arqueología y El Libro de Mormón.

No se me ocurren más posibles títulos. El que veas netrual de los que te he ppuesto (o el que creas tú que es nuetral) tradúcelo al gallego y redireccionalo por favor. Muchas gracias por tu ayuda. --Chabi 12:06, 16 maio 2009 (UTC)


Si quieres, lo que podemos hacer es ir mirando lo que no te parezca neutral del artículo y lo pones en la página de discusión. Así se podrá ir modificando poco a poco. --Chabi 12:11, 16 maio 2009 (UTC)


Ok. Nenhum problema. --Chabi 12:39, 16 maio 2009 (UTC)

Seo e peito[editar a fonte]

Boas, RNC. Do Cumio, da terceira acepción: 3. Mama da muller. Sin. peito, teta.--Atobar (conversa comigo) 18:49, 19 maio 2009 (UTC)

En calquera caso, tes razón. Cómpre facer a diferenza. Graciñas.--Atobar (conversa comigo) 18:51, 19 maio 2009 (UTC)
Si, si. Estamos de acordo. Simplementese debe a que fixen o artigo rapidamente e non me detiven a pensalo como debera ter feito. Como che dicía, levas razón. Cómpre diferencialo en dous artigos distintos. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 18:58, 19 maio 2009 (UTC)

RE: Sonda[editar a fonte]

Boas, xa respondín (ou mellor dito, pedín desculpas) na conversa do artigo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16:19, 20 maio 2009 (UTC)

Península Ibérica[editar a fonte]

Boa tarde, RNC. O outro día, chimpando de artigo en artigo, reparei en que o artigo da Península Ibérica é algo pobre de máis para ser un tema tan noso. Coido que sería importante ter un artigo como este cun certo nivel e se cadra a ti te interesa colaborar neste sentido; dígocho, porque parece que che gusta e que sabes de Historia. Disque o usuario Alexandre Vigo tamén domina o campo histórico e mesmo Albert galiza ten feito cousas neste sentido, animádesvos a facelo? O dito, que se che apetece, a ver se atopas un tempiño para agrandar o artigo con xeito. un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 16:46, 6 xuño 2009 (UTC)

Boas, RNC. Graciñas pola corrección de Sierra Madre; non as tiña todas comigo cando o fixen e xa vexo que con razón. Outra cousa: xa que estás con topónimos, a ver se lle botas unha ollada á páxina de conversa de Noruega e achegas a túa opinión. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 09:44, 13 xuño 2009 (UTC)

Galiza irredenta[editar a fonte]

Póñome agora mesmiño. Polo de pronto, hai unhas horas deixei un comentario na páxina de conversa de Galicia. Deica. --Atobar (conversa comigo) 13:56, 22 xuño 2009 (UTC)

Cando teñas un momento, pásate pola páxina de conversa. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:28, 26 xuño 2009 (UTC)

ola! Mirei que comezaches hai unhas semanas un artigo sobre a Confederación Rexional Galaica. Dúas cousas:

Se che cadra bota un ollo ao libro O anarquismo na Galiza, tamén de Eliseo e Dionisio, que trae unha entrada moi interesante sobre o tema.

Penso que o título en castelán debe redirixir cara ao mesmo en galego (Regional -> Rexional), xa que a actual, que é continuación da primeira, emprega a forma galega.

Se queres podo darche información contemporánea sobre a CRG vía e-mail, ou se prefires fago achegas directamente no artigo.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:03, 27 xuño 2009 (UTC)

  • Ola! Sigue ti de momento se queres, que o artigo vai collendo boa forma, e dentro dunha semana comezo eu a pór datos dos últimos anos.

Seguimos en contacto. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:28, 27 xuño 2009 (UTC)

  • Bon día. Non atopo na rede ningún sitio onde diga explicitamente "Confederación Rexional Galaica", pero é a forma correcta. Atopei agora unha reportaxe de hai 10 anos que pode resultar interesante: aquí. Falamos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:33, 28 xuño 2009 (UTC)

Panxoliña[editar a fonte]

Bótalle un ollo á páxina de conversa. Retruqueiche unha cousiña, e tamén algo engadiu Lameiro. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:30, 11 xullo 2009 (UTC)

¿Por que dis que "xunguir non ten valor figurado, tan só é suxeitar ao xugo unha parella de animais"? Vexo que é a única acepción que lle dá o DRAG ou o Ir Indo, pero, co significado de "someter", aparece noutros dicionarios (Gran Xerais, por exemplo) e úsase adoito. Leo tamén no Gran Xerais que é incorrecto o significado de "unir", que tiña no artigo que corrixiches, aínda que non podo entender por qué. Nos dicionarios históricos (Diccionario de Diccionarios) só Filgueira lle dá significados figurados. Curioso, curioso.

Castelao: "Unha vez a tía Ádega e o sobriño foron invitados a un casamento aldeán. Xunguíanse dúas casas labregas de moita riqueza e a lupanda tiña que ser sonada" (Os dous de sempre). "O fillo de Rosendo xungueuse a unha muller vella, gorda e rica, porque diante de si non aviscaba máis que o pan da esclavitude (Cousas).
Prudencio Rivera: "Enfuciñamos ós tiráns, trunfamos, e cal pobo de bois feito ás cangallas deixámo-nos xunguir por novos amos, as novas cabezallas. Imitemos ós nobres irmandiños que souperon romper a escravitude non dos outros irmáns, apocadiños, a servil mansuetude".

E se buscamos no TILGa, seguro que aparecen mil casos máis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:03, 14 xullo 2009 (UTC)

Leixaprén[editar a fonte]

RNC, coido que leixaprén si está. Olla para aquí. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:32, 17 xullo 2009 (UTC)

Fallo meu. Non lera ben o que puxeras. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:36, 17 xullo 2009 (UTC)
Fixen o borrado e movín o artigo á forma correcta; e logo cambiei as dúas ligazóns que había á forma incorrecta. ¿Era iso o que querías? Pedro --Lameiro (conversa) 14:45, 17 xullo 2009 (UTC)

Fala de Estremadura[editar a fonte]

Agradeceríache que lle botaras un vistazo ó artigo Fala de Estremadura, á súa conversa, á taberna:bloqueos e proteccións [1] e á páxina de conversa da usuaria Gallita. Manteñen un debate que provocou unha longa serie de e edicións reversións que tiven que pechar protexiendo o artigo. Supoño que cando leas todo o escrito, entenderás por qué solicito a túa intervención no debate. Bueno, saúdos e perdoa o marrón. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:40, 17 xullo 2009 (UTC)

  • Non vexo que chegarades a conclusión ningunha, e coa actitude deses usuarios vexo difícil conseguilo, pero se cres que tes unha solución para o artigo eu retiro a protección en canto mo digas. Non podo dar ningunha opinión pero confío plenamente na solución que propoñas. ¿Desprotexo, logo? Pedro --Lameiro (conversa) 14:58, 18 xullo 2009 (UTC)
    • De acordo, pero pensa que con todo o dito e investigado agora poden caber algunhas matizacións no artigo, desde utilizar a proposta que fixo Atobar ó principio, tal cual ou ampliada, ata reescribila por completo. Tamén temo que, se se desprotexe, volveremos á necesidade de reverter edicións, pero esta posibilidade é fácil de controlar. Déixoo estar ata que non me digas o contrario. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 15:13, 18 xullo 2009 (UTC)
      • Desprotexida. Grazas por estar ó tanto. Pedro --Lameiro (conversa) 18:59, 21 xullo 2009 (UTC)

Reis de Castela ¿e Léon?[editar a fonte]

Ola, R. Temos unha categoría:Reis de Castela con 25 reis. Colga da categoría:Castela, que non existe: temos unha categoría para Castela e León e outra para Castela-A Mancha. ¿Poderíase levar esa categoría Reis de Castela a Castela e León, ou habería que aceptar esa categoría Castela (sen apelidos)? E, neste último caso, ¿onde categorizamos esta nova categoría? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10:40, 19 xullo 2009 (UTC)

  • Acabo de descubrir un artigo Castela - Castilla que fala do mesmo concepto, e que está categorizado como "Historia de España". Sería unha opción, quizais. Entón, supoño que terei que rectificar un cambio que fixen antes: pasei o artigo Lista de monarcas de Castela desde a categoría Castela á de Castela e León. Xa me dirás. Pedro --Lameiro (conversa) 10:56, 19 xullo 2009 (UTC)

categorizar linguas[editar a fonte]

Ola, R. Estou dedicándome a revisar categorías inexistentes, é dicir, artigos categorizados en categorías inexistentes (polo que aparecen en vermello). Onte á noite había nada menos que 3.124 categorías así. Mándoche o paquete das categorías de linguas, para que o fagas ti neste eido: borrar, crear, corrixir... o que vexas. Perdoa o chollo que representa, pero creo que debemos evitar esta situación que non leva a ningures. Moitos casos, polo que levo vendo, son causa dunha tradución que trae as categorías das wikis castelá ou portuguesa, outras veces son erros mecanográficos, e outras de concepto. Ben. Todo teu. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:17, 19 xullo 2009 (UTC)

  • Linguaxes formais ‎(4 páxinas)
  • Linguas malaio-polinesias ‎(4 páxinas)
  • Linguas de Italia ‎(3 páxinas)
  • Linguas de Europa ‎(2 páxinas)
  • Linguaxes funcionais ‎(2 páxinas)
  • Linguas tocarias ‎(2 páxinas)
  • Linguas amerindias de Canadá ‎(2 páxinas)
  • Linguas altaicas ‎(2 páxinas)
  • Linguas iranianas ‎(2 páxinas)
  • Linguas ‎(2 páxinas)
  • Linguas esquimo-aleutianas ‎(2 páxinas)
  • Lingua rusa ‎(2 páxinas)
  • Lingua protoindoeuropea ‎(2 páxinas)
  • Linguas do Reino Unido ‎(2 páxinas)
  • Familias de linguas ‎(2 páxinas)
  • Linguas de México ‎(2 páxinas)
  • Linguas de Francia ‎(1 páxina)
  • Lingua aglutinante ‎(1 páxina)
  • Linguas de Dinamarca ‎(1 páxina)
  • Lingua Irlandesa ‎(1 páxina)
  • Linguas de Croacia ‎(1 páxina)
  • Linguas de Chile ‎(1 páxina)
  • Linguas de Canadá ‎(1 páxina)
  • Linguas de Arxentina ‎(1 páxina)
  • Linguas de Alxeria ‎(1 páxina)
  • Linguas da India ‎(1 páxina)
  • Linguas célticas continentais ‎(1 páxina)
  • Linguas cuxitas ‎(1 páxina)
  • Linguas chinesas ‎(1 páxina)
  • Idiomas artificiais ‎(1 páxina)
  • Linguas uto-aztecas ‎(1 páxina)
  • Linguas chibcha ‎(1 páxina)
  • Linguas banto ‎(1 páxina)
  • Linguas romances orientais ‎(1 páxina)
  • Linguas amerindias de Estados Unidos ‎(1 páxina)
  • Linguas romances ‎(1 páxina)
  • Linguas nixero-congolesas ‎(1 páxina)
  • Linguas amerindias ‎(1 páxina)
  • Linguas mandé ‎(1 páxina)
  • Linguas africanas ‎(1 páxina)
  • Lingua vasca ‎(1 páxina)
  • Linguas escandinavas ‎(1 páxina)
  • Lingua turca ‎(1 páxina)
  • Linguas en periogo de extinción ‎(1 páxina)
  • Linguas do Turcmenistán ‎(1 páxina)
  • Lingua lituana, lingua samoxiciana ‎(1 páxina)
  • Linguas desaparecidas de Europa ‎(1 páxina)
  • Lingua española ‎(1 páxina)
  • Linguas de Somalia ‎(1 páxina)
  • Lingua ergativa ‎(1 páxina)
  • Linguas de Norteamérica ‎(1 páxina)
  • Lingua córnica ‎(1 páxina)
  • Lingua coreana ‎(1 páxina)
  • Linguas de Malawi ‎(1 páxina)
  • Lingua britónica ‎(1 páxina)
  • Linguas de Madagascar ‎(1 páxina)
  • Lingua bretoa ‎(1 páxina)
  • Lingua asturiana ‎(1 páxina)
  • Euskera ‎(2 páxinas)

Denominacións de linguas e dialectos[editar a fonte]

Boa noite, RNC. Pois coido que tes razón. Trátase dun tema complexo e o mellor vai ser ir caso por caso analizando o peso das referencias, a opinión maioritaria da comunidade de expertos e a denominación habitual da lingua ou dialecto a nivel social. Non obstante, si sería bo que deixasemos estabelecido un criterio serio ao respecto do caso valenciano en particular. Respectuosamente e sen alterar ao persoal, claro, que ben sabes que con estes temas se levanta polémica á mínima e ao cabo ten formada unha opinión até a verduleira máis lercha. En calquera caso, o que hai é bo abondo, pero se te animas a facer unha pescudiña lingüística ao respecto, mellor que mellor. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 20:49, 9 agosto 2009 (UTC)

Non podo facer outra cousa máis que darche a razón e as grazas por unha explicación tan completa. De feito, isto teríalo que pór no artigo dalgunha maneira, pois aclara moitas dúbidas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:15, 10 agosto 2009 (UTC)

Cruceiros[editar a fonte]

Repasa a frase da orixe dos cruceiros (vicente Ferrer vs bretóns) porque agora queda mal redactada ó move-lo texto e a referencia. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 15:47, 11 agosto 2009 (UTC)

Moitisimas grazas[editar a fonte]

Ola RNC ! Agradecoche moito a limpeza dos artigos, ti vas moito máis rapido ! Por si che queda unha dubida podes consultar as edicións desa IP, sobre 1427 contribucións atopadas en 32 proxectos, podense contar nos dedos da mán as que non estan relacionadas co tema da suposta dinastía portuguesa. Non apuntei todas ligazóns externas que xustifican esto, pero se fose necesario para convencer outros usuarios da comunidade do que se esta a limpar, pois serame posible. Saúdos e graciñas fasme ganar tempo para dedicarllo a outras cousas na Galipedia ElviraConversa comigo 14:57, 12 agosto 2009 (UTC)

Títulos dos cadros en galego[editar a fonte]

Boas noites, RNC. Fixen a proposta que corresponde ó asunto, na que opinaches, a ver que din os galipedistas e chegar a un consenso. Asumo que estás de acordo coa proposta pero bótalle un vistazo aquí. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:13, 17 agosto 2009 (UTC)

Fugueta ou fughetta[editar a fonte]

Boas, RNC. Non din atopado fontes fiábeis que me permiten saber se en galego cómpre falar de fugueta ou deixalo co termo orixial italiano fughetta. A ver se me sacas a dúbida e así aseguramos que este artigo da Fuga está ben escrito. Amais, persoalmente, teño curiosidade e interese por saber cal é a forma galega ou se o son as dúas. Un saúdo e graciñas de antemán. --Atobar (conversa comigo) 20:43, 17 agosto 2009 (UTC)

Iso mesmo pensei eu, pero non me termina de gustar o do gh de fughetta. Se ao menos fose fuguetta, pois se cadra veríao con mellores ollos. Aínda non sei se consultar aos do ILG, que adoitan responder a estas preguntas. Graciñas, RNC, e se hai novidades faimo saber. --Atobar (conversa comigo) 21:43, 17 agosto 2009 (UTC)

Disculpa que te moleste. Tengo ascendencia gallega por parte de padre (mi abuela nació en Ferrol, pero yo soy argentino). ¿Hay alguna userbox que pueda agregar a mi página de usuario que diga algo así como "este wikipedista es de ascendencia gallega? Saludos cordiales. Ferbr1 15:58, 28 agosto 2009 (UTC)

¿Queres dicir que o título correcto do artigo debería ser -só- "Alacant - Alicante"? ¿que a forma "Alacante" é incorrecta? Quero confirmalo antes de facer nada xa que non só esixe cambios en Wikipedia:Toponimia‎ senón nas redireccións, que, de ser certo o que deduzo, só debería quedar "Alacant" -> "Alacant-Alicante"; e buscar e corrixir as posibles aparicións de "Alacante" noutros artigos. Espero haber explicado ben as miñas dúbidas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:34, 28 agosto 2009 (UTC)

Iván Turgeniev[editar a fonte]

RNC, como se chamaría Turgueniev en galego? Eu púxeno polo nome que máis me soa e polo que aparece na wiki portuguesa. Transcribir do ruso dista moito de ser o meu forte. Que dis?, valerá así? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:29, 28 agosto 2009 (UTC)

Universidade (de) Harvard[editar a fonte]

Pero ¿mantemos a redirección con de cara o artigo sen de? Dígoo porque o normal -eu mesmo- será buscar de Harvard, aínda que non sei se este argumento serve para manter unha entrada que resulta ser errónea. Ti dirás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:07, 29 agosto 2009 (UTC)

Grazas a destempo[editar a fonte]

Queríache dar as grazas por responder con tanta celeridade as miñas preguntas sobre toponimia, ata hoxe non vin as respostas porque cría que aparecerían na miña páxina de conversa e non no taboleiro de administradores.--Aprofa (fálame) 12:14, 31 agosto 2009 (UTC)

Vertente[editar a fonte]

Hola RNC! A clasificación está baseada na definición de ría que dá a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, na que inclúe a ría de Ortigueira nas Rías Altas (propiamente ditas) nun artigo moi extenso sobre a orixe xeolóxica das rías. O resto está menos confuso. Á parte da costa sinalei a cunca do Miño separada do resto das vertentes porque non desemboca nas Rías Baixas, e pola súa importancia en canto a superficie. Despois quedaban as cuncas que levan as augas fóra de Galicia, que ahí si que inventei os nomes.

Aínda acabo de empezar agora a editar na wikipedia, e aínda non sei moi ben o que se pode facer ou non. Principalmente quería traballar sobre a Hidrografía de Galicia, busquei se había algo similar e vin o de Ríos de Galicia que era un listado por orde alfabética. Editei nel e engadin unha clasificación xeográfica correspondente á do artigo Vertente, e fixen os mapas que puxen na Commons. Falei tamén con Atobar, Lameiro e Xas.

A miña intención principal é que se faga un artigo ben feito sobre a hidrografía de Galicia, coherente cos que están relacionados, e busquei por ahi pero non hai ningunha clasificación clara, polo que propuxen unha, e espero que corrixamos entre todos ata ter un artigo verificable e completo.

Espero axudar e non estragar nada. Un saudo! --Iagocasabiell 19:42, 4 setembro 2009 (UTC)

  • Ok estou de acordo. De todos xeitos, non hai un cadro que se pode incluir no artigo pedindo referencias externas? Eu busquei pero non atopei, igual así alguén pode verificar ou correxir o que puxen. --Iagocasabiell 20:37, 4 setembro 2009 (UTC)
  • Tes razón. Tal vez o que se deba facer para o artigo da hidrografía sexa en vez de chamarlle vertentes, que sería incorrecto, buscarlle outro nome coma, grupo de cuncas das Rías Baixas, ou cunca das Rías Baixas... etc algo así, para diferencialas das cuncas dos ríos. Onde podería consultar iso? --Iagocasabiell 20:48, 4 setembro 2009 (UTC)
  • Procedo entón a eliminar todo o que engadín estes días ata ter referencias claras, nas que volverei a copiar o borrado. Por exemplo, se atopo que as Rías Baixas limitan co Cabo Silleiro ó Sur e co Cabo Fisterra ó norte, nalgunha enciclopedia ou atlas, aínda que non veña sinalado como cunca, podo colocar un mapa con todas as augas que vacían nesa costa, e colocar a referencia ó libro, sen estar inventando nada, non? Necesito estar seguro de como proceder. --Iagocasabiell 21:06, 4 setembro 2009 (UTC)
  • Vale creo que agora xa o vou pillando.. jejej. Entón non é necesario borrar o artigo da hidrografía de galicia, onde agrupo as cuncas por rías e costas, nin quitar os links ós mapas, pero non é bo atreverse con artigos mais concretos como por exemplo o das vertentes, ou dicir expresamente que Galicia divide as súas augas dunha determinada maneira. É así non? Un saúdo --Iagocasabiell 21:31, 4 setembro 2009 (UTC)

Lingua leonesa[editar a fonte]

Ponlle atención ao artigo ti que sabes destas cousas. Non digo eu que haxa nada incorrecto, pero pode habelo, porque houbo catro edicións distintas, se ben menores, nestes últimos días, e sobre todo por usuarios novos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21:16, 7 setembro 2009 (UTC)

Mandeiche un correo. --Atobar (conversa comigo) 22:51, 7 setembro 2009 (UTC)
Como vexo que entendes do tema estaría ben que lle botases unha ollada ó artigo lingua leonesa, sobre todo a esta edición [2], que pode que tivera algo aproveitable. Porén ó ser parte dunha guerra de edicións entre varios usuarios apresureime a mante-la última edición anterior ó conflito. Se lle botaras unha ollada, quizais podería logo protexe-la páxina durante un tempo, para evitar isto. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 13:48, 8 setembro 2009 (UTC)

Á moda / de moda[editar a fonte]

Son as dúas válidas? Estar á moda e estar de moda? E de paso a ver se nos sacas de dúbidas con esta: Conversa:Hidacio Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 15:19, 16 setembro 2009 (UTC)

A. S. Neill[editar a fonte]

Ola RNC; graciñas por andares pendente. O certo é que ese foi un dos primeiros artigos que traducín, e hai dous anos o meu nivel de galego non era tan bo, en boa parte está mellorado grazas á galipedia.

Non lle botei un ollo moi preciso porque non son horas e tou cansiño; A ver se mañá reviso o artigo de novo. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:57, 16 setembro 2009 (UTC)

Rubiáns[editar a fonte]

Cncordo entón. A verdade é que supuxen que se trataba diso, dunha tradución automática, aínque sen lelo pensei que podía ter algo aproveitable, pero vexo que non. Procedo a borralo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 13:46, 29 setembro 2009 (UTC)

Re: Pascual Candel[editar a fonte]

Ola RNC. Estou de acordo, para min é de eliminación rápida, cando puxen o marcador GloriaVa pensaba niso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:08, 4 outubro 2009 (UTC)


Pudingas[editar a fonte]

Ola! Perdoe, pero resulta que hai un erro, eu non pretendo promocionar a revista porque non son o coordinador. Son coñecedor da súa existencia xa que levo parte do departamento de normalización. Este é un proxecto de alumnos e eu intento publicar a existencia e coñecemento da revista, nada máis. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Wikilandia (conversacontribucións) ás 17:37 do 9 de outubro de 2009 (UTC)


  • Claro que non é promoción. A ver, que aínda imos ter que repasar o dicionario. Promocionar é facer publicidade, mentres que expoñer é publicar ou dar á luz un coñecemento. Ou estasme a dicir que a Galipedia é unha web de anuncios, daquela? Veña, pensemos mellor o que dicimos. Un saúdo. WIKILANDIA

Pronomes átonos[editar a fonte]

Vaia e tanto que está mal! Hahaha! Non me decatara e todo por ver, antes dese, un pronome mal colocado que fixo que me cegase á hora de colocar o seguinte. Mil desculpas e grazas polo aviso!!!

Graciñas pola mensaxe[editar a fonte]

Agardo estar de contado de volta. Moitas grazas polos teus desexos. --Pexego(conversa) 14:00, 16 outubro 2009 (UTC)

Pelota saltarina[editar a fonte]

RNC, unha pregunta: como dirías en galego pelota saltarina? pelota saltona, talvez? --Atobar (conversa comigo) 13:37, 17 outubro 2009 (UTC)

O problema que eu lle vexo a pelota brincadeira é que ese brincadeira pode crear confusión, como se fose unha pelota de broma. Pero eu unha opción, graciñas. --Atobar (conversa comigo) 13:43, 17 outubro 2009 (UTC)

Referencia ben posta[editar a fonte]

A verdade é que estoume estreando nisto e cansei de buscar por como se utilizaba esa forma correcta de referenciar, mais non a dei atopado e deixeina momentaneamente así. Así que, graciñas pola túa apreciación. --O monstro da ria

Outono, nunha das súas acepcións, ten o significado de mes de outubro, como sabes. Ora ben, pódese dicir 3 de outono de 1976, é un hiperenxebrismo ou como é o asunto? Non atopo onde se nega a posibilidade de facelo e mesmo vexo que nalgunhas páxinas da propia Galipedia [3], revistas [4] e mesmo páxina da USC [5]. A ver se me sacas de dúbidas. Un saúdo e graciñas, RNC. --Atobar (conversa comigo) 17:15, 18 outubro 2009 (UTC)