Conversa:Hidacio

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bibliografía[editar a fonte]

Penso que na bibliografía, ou cando menos na galega, é máis frecuente o uso de Idacio, e non de Hidacio. AlberteSi, digame? 01:49, 7 abril 2008 (UTC)

Nin idea, pero se é así, adiante con mover a páxina. Non é nada terríbel: hai linguas nas que se escribe con h (inglés, español) e nas que se escribe sen ela (portugués contemporáneo, francés). --Xabier Cid 07:55, 7 abril 2008 (UTC)
Pode algún administrador mudar as redireccións e pór como artigo principal Idacio? Graciñas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:57, 16 setembro 2009 (UTC)
Non lembro exactamente se na enciclopedia "A Gran Historia de Galicia" empregaban Idacio ou Hidacio, paréceme que o usaban co h. --Alberte Si, dígame? 12:54, 16 setembro 2009 (UTC)
Pode alguén conseguir referencias dun ou doutro uso? --Xabier Cid Conversa 14:35, 16 setembro 2009 (UTC)
  • Hai unha referencia bastante importante para manter a forma Hidacio, a tradución galega do seu cronicón titúlase O Cronicón de Hidacio, o seu autor é César Candelas Colondrón e segundo conta na Introdución elixiu Hidacio por etimoloxía, Hidatius relacionado coa palabra grega para a auga, pois nas fontes antigas existen unha ducia de grafías diferentes e é imposible saber cal é a correcta.--RNC 16:17, 16 setembro 2009 (UTC)