Conversa usuario:Lansbricae/arquivo1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Lansbricae!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 20:54, 17 novembro 2006 (UTC)

Imaxe sen licenza[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:IMG 1188.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:IMG 1188.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios) --Lmbuga Commons - Galipedia 20:54, 17 novembro 2006 (UTC)

  • Mentres as imaxes non teñen os datos solicitados debidamente cumprimentados son retiradas das páxinas. É preferible que non a incorpores esa imaxe. Observei que tiñas dificultade para a incorporares. Unha posibilidade é escribir [[Image:IMG 1188.JPG|miniatura|right|200px|Breve descrición da imaxe]]. Tes máis información sobre isto en Wikipedia:Como engadir imaxes.

Se tes dificultade para engadir os datos da imaxe, podo botarche unha man sempre que me indiques (Como contactar con outros usuarios) a orixe da imaxe, de onde sae. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:02, 17 novembro 2006 (UTC)

Re:Da 1ª imaxe que subo[editar a fonte]

Ola de novo. Vouche ir dicindo o que deberías facer paso a paso. Convén que o fagas ti (eu non podo elixir a licenza da imaxe por ti) e así aprendes a facelo.

Engadir os datos que lle falta á imaxe[editar a fonte]

  • Nesta páxina (só ocorre isto na parte superior da túa páxina de usuario ou de discusión (User:Lansbricae/arquivo1 ou User talk:Lansbricae/arquivo1) verás unha pestana que pon "galería". Facendo click nela poderás ver as imaxes que subiches á Galipedia.
  • Cando esteas nesa túa galería de imaxes, fai click sobre o nome da imaxe que desexes editar para lle variar a información que contén.
  • Xa estás na páxina da imaxe, fai click na pestana "editar" que está na parte superior.
  • Se é unha imaxe fotografiada por ti (como me dixeches), tes que escribir os seguintes datos na caixa que está por debaixo dunha pequena barra de botóns e que ocupa case toda a pantalla:

-Orixe: Imaxe realizada por min

-Licenza: Escolle unha (eu póñoche 2 como exemplo, podes ver máis aquí) Podes poñer {{PD-propia}} (neste caso a imaxe estará no dominio público sen restricións de copyright) {{GFDL-propia}} (neste caso, se alguén quere usar a imaxe ten que nomear o autor e a orixe, de onde a colleu). O que tes que escribir é {{GFDL-propia}} ou {{PD-propia}}

  • Garda a página

Engadir a imaxe a unha páxina[editar a fonte]

[Image:IMG 1188.JPG|miniatura|right|200px|Breve descrición da imaxe] Como xa che dixen na mensaxe anterior, tes que escribir antes da 1ª liña da páxina isto (escribe exactamente o que pon aquí, non edites esta páxina): [[Image:IMG 1188.JPG|miniatura|right|200px|Breve descrición da imaxe]].

  • Thumb: fai que a imaxe teña un marco
  • right, center, left: coloca a imaxe na páxina
  • 200px, 220px, 250px: indica o tamaño con que se verá a imaxe
  • Ó final di algo da imaxe.

Espero que o poidas facer. Supoño que si. Se non es capaz, indícame a licenza que prefires para a imaxe e fágoo eu. Por certo, cando te dirixes a outro usuario convén que asines facendo click no penúltimo botón que hai en tódalas páxinas en que se escribe (ten unha sinatura por debuxo). Ó facer click nese botón, aparece isto: --~~~~. Ó gardar, convértese na túa sinatura.

Non teñas medo a facer algo incorrecto, todo se pode corrixir, e todos metemos algunha vez a pata. As túas contribucións han ser máis importantes ca uns poucos erros que sempre poden ser corrixidos. Ninguén nace aprendido. Contacta comigo cando desexes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:24, 18 novembro 2006 (UTC)

Máis[editar a fonte]

  • Só che falta unha cousa. Esquecíchela. Tes que indicar expresamente a orixe, tes que volver editar as imaxes que subiches e escribir Feitas por min ou Eu son o fotógrafo ou algo así. O motivo é que moitos usuarios colocan unha imaxe ó azar. Posto que iso xa mo dixeches a min sobre a imaxe Image:IMG 1188.JPG, eu mesmo escribín nesa imaxe Autor: User:Lansbricae.

Tes dúas opcións editar ti a outra imaxe que subiches (Image:IMG 1144.JPG) e engadir ese dato, ou comunicarmo. En caso de non o faceres, podería ser marcada para borrar, inda que eu crea que foi realizada por ti. Grazas polas túas contribucións. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:19, 19 novembro 2006 (UTC)

A Pena[editar a fonte]

Agradeceríache que aclarases un pouco o artigo. Non puiden facelo eu por non ter claro onde queda. Podería comezar así, se estou no certo:

A Pena é unha aldea de Santa María de Cenlle, no concello de Cenlle

O anterior escríbese deste xeito:

'''A Pena''' é unha aldea de [[Santa María de Cenlle, Cenlle, Cenlle|Santa María de Cenlle]], no concello de [[Cenlle]]

Ó final do artigo hai que poñer a categoría Category:Cenlle ([[Category:Cenlle]]). Calquera dúbida, aquí me tes. --Lmbuga Commons - Galipedia 21:53, 19 novembro 2006 (UTC)

Re:A Pena[editar a fonte]

  • Engadín ós artigos pertencentes ó concello de Cenlle a marca [[Category:Cenlle]]. Esa marca fai que poidas encontrar tódolos artigos en Category:Cenlle

Os artigos presentan un problema de edición, case todos eles carecen -como che puxen na mensaxe anterior- de encabezamento que aclare se son vilas, parroquias e a localización das mesmas. No caso do artigo. Por exemplo, quen lese Casa dos Toubes (engadín xa eu a localización) non sabería onde queda esa casa. A estrutura do encabezamento debe ser semellante á da mensaxe anterior que che enviei.

A única maneira que se me ocorre para axudarche é que fagamos un listado pas parroquias e dos lugares que cada parroquia contén e dos que ti desexas realizar artigo. Unha vez feito, axudaríache a darlles nome. Podes axudarme a compoñer o listado aquí mesmo:

A estrutura que o nome dos lugares debe ter é: Nome do lugar, nome da parroquia, nome do concello

Parroquias de Cenlle:
Lugares:
Lugares:
Santa María de Cenlle, Cenlle, Cenlle
A Pena, Cenlle, Cenlle
A Quintá, Cenlle, Cenlle
A Torre, Cenlle, Cenlle
O Pereiro, Cenlle, Cenlle
Názara, Cenlle, Cenlle
Lugares:
Lugares:
Lugares:
Lugares:
San Lorenzo da Pena, A Pena, Cenlle
Lentille, A Pena, Cenlle
Cuñas, A Pena, Cenlle
Lugares:
Lugares:
Lugares:
Lugares:

Se algún artigo non concorda con estes nomes, procedo a movelo ó nome correcto. Espero que así se poida aclarar a situación. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:59, 20 novembro 2006 (UTC)

Chekhov[editar a fonte]

Ola! Benvido á Galipedia. Quería indicarche que xa existe un artigo sobre Chekhov (Anton Chekhov). Se queres podes engadir información nese e logo redirixir alí a páxina que creaches. Un saúdo.--AlberteSi, digame? 23:20, 24 novembro 2006 (UTC)

Outra benvida[editar a fonte]

Benvido á Galipedia Lansbricae. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:51, 25 novembro 2006 (UTC)

Sobre as convencións de títulos[editar a fonte]

Vin as mensaxes que lle deixaches a Albert galiza e apoveito a benvida para facer algúns comentarios. Con respecto ao tema dos nomes das persoas e organizacións, aínda que con diferenzas nalgúns apartados, pode servir de axuda consultar isto O tratamento dos préstamos doutras linguas para ver os criterios que se seguen. Iso explica porque papas ou reis están geleguizados e noutros casos non. Sobre os escritores en lingua rusa, polo que comentas hai erros na clasificación. Se empregan máis dunha lingua deben estar clasificados naquelas que sexa preciso e se non empregan o ruso nas súas obras cómpre retiralos desa clasificación. Nos casos nos que poida resultar rechamante que o escritor de certo territorio estea clasificado nunha lingua diferente á dese lugar, faise imprescindible poñer na páxina de discusión algunha advertencia para que non se produzan erros no futuro. en canto a Itálica existe unha páxina chamada con ese nome onde aparece unha lista de homónimos coas distintas acepcións do termo. Ás veces os usuarios fan buscas sen tiles, ocasionalmente facemos redireccións pero só en casos moi concretos.

Por último, dicir que moitas veces os colaboradores entran a facer unha edición rápida e pode que quede pendente de resposta algunha mensaxe, iso non quere dicir que as mensaxes se ignoren ou deba deducirse unha actitude desconsiderada. Apreciamos enormemente a chegada de novos colaboradores e o que iso supón para a mellora da Galipedia, por iso gústanos facer deste wiki un lugar propicio para colaborar sen trabas. Como dixen na mensaxe de benvida para calquera cousa que nos necesites aquí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:51, 25 novembro 2006 (UTC)

  • Ola, sinto que me malinterpretaras. Resulta que o artigo que ficheches (Anton Chejov) eu o vía baleiro, é dicir, sen ningunha letra escrita. Pensando que o que querías facer era borralo, decidín facer unha redirección ó artigo xa existente, a cal tampouco me saía como feita e volvíame saír o artigo baleiro. Non sei se sería culpa do meu navegador, do meu ordenata ou doutra cousa. Pido desculpas por facer o que teña feito. Síntoo, non volverei a entrometerme--AlberteSi, digame? 19:09, 25 novembro 2006 (UTC)
    • Desculpas aceptadas. Creo que na galipedia existe un bo ambiente, basicamente porque todos unha mesma ilusión (facer unha enciclopedia de calidade na nosa lingua) e non cobramos por elo, polo que para qué enfadarse cando non cobras? Boa estadía e traballo. Saúdos.--AlberteSi, digame? 20:35, 26 novembro 2006 (UTC)
  • Se se perdeu algo do que fixeches en Anton Chejov pódese buscar no historial (na primeira contribución) e logo engadilo a Anton Chekhov. En canto a como facer a transliteración penso que é mellor consultar con Sobreira (outro colaborador da Galipedia) que eu saiba é o máis experto no tema. Non semella ser unha cousa fácil, posto que se te fixas no interwiki do lateral esquerdo, hai unha variadade de solucións segundo as diferentes linguas abraiante. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:09, 27 novembro 2006 (UTC)

kh[editar a fonte]

agora respóndoche: aínda que sei que non hai norma de transcrición estou buscando máis argumentos. --Sobreira (parlez) 21:58, 29 novembro 2006 (UTC)

  • Pois ben, ó tema. Comezo cos topónimos. En castelán é un caos (por que na Biblia é Canaán e agora Qanah? porque os xornalistas teñen présa e copian directamente de Europa Press sen crítica), pero en galego aínda estamos relativamente a tempo de facer as cousas ben. Cando se transcriben os nomes de lugares de países que tamén teñen grafías latinas, eu non atopo problema, aínda que xa os hai. A miña proposta é sempre conservalos. A pesares da falta de tradición ó nomear estes lugares, manter o topónimo orixinal evita moitos problemas e sistematización. Outra cuestión é deixarse levar acriticamente polas tradicións inglesa ou francesa. Se ben en Francia usan Ouagadougou (escribo de memoria), non é preciso tanto "ou" para que nós digamos un /u/ (transcrición fonolóxica). Podemos simplemente dicir Uagadugú (nótese que nós acentuámolo para que sexa oxítona). Niso consiste a adaptación ó galego.
  • Sempre quedan lugares nos que a tradición é enorme: non usariamos London ou Buenos Aires (ou si?).
  • O consello da ONU é que se tenda a unha internacionalización dos exotopónimos (recomendación do presidente da Comisión da UNESCO para os nomes xeográficos). A recomendación inclúe unha etapa transitoria (supostamente indefinida) onde as variantes dun mesmo topónimo deben repertirse segundo contextos de uso.
  • Esta falta de tradición é bastante cuestionable, pero en certa medida é actualmente irrelevante. Nas cantigas medievais usábase Badallouce para Badajoz, Seabra para Sanabria e creo lembrar que Valedolide para Valladolid. Sen irmos tan lonxe, no franquismo (xa en castelán) usábase Maguncia, Francfort del Meno, Nuremberga e Mastrique (Mainz, Frankfurt am Main, Nüremberg e Maastricht). Como sabes, poucos saben isto agora e menos aínda o usan. Estes procesos están constantemente en activo. Así evitamos estupideces coma a do español de escribir "Múnich" e ter que dicir /'munik/, ou "México" e "Texas". En galega xa hai certa tendencia a dicir Bélfast e non Belfást, ou a dicir Aachen e non Aquisgrán, ou Trier e non Trieste. Isto cambia con cada xeración, pero cada unha é máis letrada cá anterior.
  • Cando a lingua orixinal non ten grafía latina (agora imos co "kh"): polo que se ve, xa sabes que en inglés e francés se usa para transcribir o fonema /x/. Loxicamente, como na adaptación do léxico común e sobre todo dos palabros terminolóxicos, o criterio (un deles) debería ser a harmonía con outras linguas románicas. Vale, o inglés é xermánica, pero o francés non. Outro criterio é a tomar en consideración da perspectiva portuguesa. Que fan eles? É certo que lingüísticamente son máis cultos (polo menos multiculturalmente, pois o plurilingüísmo é máis habitual) e que alí o "j" é outra cousa moi distinta que o fonema /x/, pero tamén teriamos que aprender da súa filosofía:
  1. conservar o orixinal (poden adaptar "Saragosa", "Catalunha" e "Havana" sen "La", e escriben "Badajoz" ou "Guadalajara" e os pronuncian con sonora (ou con /x/?), pero a brasileira que vive comigo confírmame que usan "Buenos Aires"). Quero dicir con isto que non adaptan todo sistemáticamente coma nós no franquismo, son abertos a aprender que Warszawa é Varsovia e Kraków é Cracovia, e se Ldoz (pl) se pronuncia /wodz/ son listos e escriben unha cousa aínda que pronuncien outra.
  2. que facer cando non se pode? exemplo aplicado: pt:Katauli. Pero hai que ser coherentes e partir do orixinal na lingua orixinal: pt:khan (en castelán, Kan, o de Kublai Kan). Iso si, eles tamén teñen as súas tradicións: pt:Cartum (Jartum en castelán: fíxate na transcrición do árabe), pero é tradición deles, non temos que respectala. Para nós, un exemplo é Cairo
  • porque "gh" non? pois porque é un invento relativamente moderno. Agora non teño datos, pero creo lembrar que é así. Sempre podo preguntar se che interesa que comprobe o que digo de memoria. Porque tamén o portugués non coñece o "gh" pero si o "kh". Por certo, non sei se te decataches, pero a aspirada da gheada é menos forte có /x/="j" castelán
  • considero que cos antropónimos debería aplicarse o mesmo.
  • xa buscarei á parte datos de uso real en corpus se queres (non só en google, algo máis oficiais ou oficialistas)

[podo continuar, pero tería para rato e estou canso. Se isto xa che fai replantear algo, mellor é que espere á túa resposta] Saúdos moi cordiais e cando queiras seguimos falando do tema. --Sobreira (parlez) 23:04, 29 novembro 2006 (UTC)

NOTA: todo o que escribin de grafemas entre "" deberían ser entre <>, pero é máis cómodo escribilo así e enténdese igual. --Sobreira (parlez) 00:13, 30 novembro 2006 (UTC)

  • Desculpade que entre na conversa, pero a única razón para escribir Chekhov é que os ingleses transcriben así. Nós temos un son perfectamente acomodábel a iso, que é a aspiración da gheada. Nunhas zonas ten realizacións, por dicilo pedestramente, máis suaves (h), e noutras máis fortes (kh). Sinxelamente, creo que non temos que inventar nada cando xa está no galego. Outra cousa é que queiramos a resolver transcricións de dígrafos -dj-, como os que se producen na capital do Chad, porque aí seguramente a solución é sempre insatisfactoria. Con respecto á novidade... certamente o emprego do dígrafo -gh- para representar as formas con gheada na escrita é relativamente nova, pero non o é máis có 'kh'. A transcrición máis lóxica, sen dúbida ningunha, é Cheghov.

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Lansbricae. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:43, 6 decembro 2006 (UTC)

Categrías de historia[editar a fonte]

Pasei os 4 artigos de Category:Historiadores a Category:Personalidades da historiografía e borrei a primeira porque non segue o esquema de Category:Personalidades

Category:Exipto e Category:Antigo Exipto son categorías diferentes por ser realidades diferentes o actual Exipto e o antigo. O mesm ocorre con Category:Historia do Exipto que contén como subcategoría Category:Historia do Antigo Exipto.

Na Wikipedia española tamén distinguen entre es:Categoría:Antiguo Egipto e es:Categoría:Egipto

Non encontro ningunha categoría Category:Historia do Exipto antigo ou Category:Historia do exipto antigo.

Espero que che axude algo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:05, 8 decembro 2006 (UTC)

Imaxes propias[editar a fonte]

Ola de novo. Esqueciches indicar que as imaxes seguintes son feitas por ti. Non as marquei coa etiqueta sen orixe porque todas as que sobes son feitas por ti, pero se non incorporas ese dato, calquera pode marcalas para borrar.

Image:Castro de baroña 2.JPG

Image:Portalón Pazo de Rioboó.JPG

Por outra banda, grazas por subir tantas imaxes. É algo importante para que os arquivos luzan, mais tamén ten valor en si, acadaremos que a Galipedia sexa visitada pr ese motivo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:05, 8 decembro 2006 (UTC)

  • Non te preocupes, eu despístome tamén bastante

O das categorías entenderalo se dás coa principal Category:Índice. Dentro dela hai outras categorías (son subcategorías con respecto a Category:Índice). Dentro desas últimas hai páxinas e subcategorías que á súa vez teñen máis páxinas e subcategorías dentro delas.

Trátase dunha estrutura en árbore que permite viaxar tematicamente e na que queda moito traballo por facer. Unha aperta--Lmbuga Commons - Galipedia 19:24, 8 decembro 2006 (UTC)

Wassily Kandinsky - Vasili Kandinski[editar a fonte]

Tes razón. Os nomes non coinciden en nada. Se tes claro o nome que debería quedar a solución sería a expresada en Wikipedia:Mensaxes predefinidas#Xuntar dous artigos que falan do mesmo. A escolla Wassily Kandinsky é a que teñen en inglés (en:Wassily Kandinsky) e en portugués (pt:Wassily Kandinsky), polo que estimo que é a correcta.

En caso de que non esteas seguro, o mellor será avisar na Taberna e preguntar cal dos dous debe quedar.

Eu vou ir deitar. Se non o fas ti, xa fago eu mañá. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 23:10, 8 decembro 2006 (UTC)

Transliteración[editar a fonte]

Vexo que, tras Chekhov, van saltando máis lebres, como Kandinsk*. Celebro que xurda este problema, pero lamento que non haxa solución unánime e/ou de fonte primaria. Vexo que non te convence de todo o do "kh". O de Chindasvinto, non sei, porque xa non é o tema dunha transcrición dunha lingua viva, o ruso, senón a recuperación dun antropónimo antigo. Todo depende da lingua orixinal e do procedemento de transliteración, pero agora mesmo diso xa sei moito menos. Igual mesmo hai na actualidade algún antropotopónimo orixinado no seu nome ou no dalgún semellante ou un cognado que non se asemelle nin a "Ch" nin a "Kh".

  • Respecto a Kandinsky, usaría a versión francesa, pois polo que se le tamén estaba nacionalizado francés.
  • Respecto a Chekhov, non o comezaría con "Tch" como o francés nin por asomo: o francés pronuncia "ch" coma o noso "x", por iso lle mete o "T" (lembro que o fonema de "ch" = fonema de "t" + fonema de "x"; cf. euskera "etxebarria" = [Banco] Echebarría, a primeira galega). De todolos xeitos, non podemos ser fonte primaria e non podemos inventar. Deberíamos buscar usos reais en textos galegos ou aplicar un método previamente proposto. Pola miña parte, xa buscarei (e, para documentalo, crearei un artigo) a proposta de transliteración que propuxo Jairo Dorado Cadilla nun número recente da revista "Viceversa", aínda que era para o serbio. Non sei se Luz Méndez tamén o fixo para o ruso nas "Actas do IV congreso internacional de investigación en lingua galega"-Oxford. Cito todo isto de memoria, podo ter un lapsus memoriae. Iso é todo o capaz que son agora de achegarme ó concreto e fuxir do académico e xenérico.

PD: Se queres e non che molesta, vouche avisando dos erros ortográficos que vaias cometendo, porque nas túas mensaxes á páxina de discusión hai algún algo gordo (así podes decatarte deles e evitalos nos artigos). Saúdos vixintimilenaristas --Sobreira (parlez) 17:23, 9 decembro 2006 (UTC)

Caixa de datos[editar a fonte]

Non che dixen nada sobre a caixa de datos, nin che avisei da marca PendenteImaxe por non te molestar. Non é grave que a caixa de datos non apareza nunha imaxe. O preferible é que os datos estean incorporados mediante esa caixa, pero tal como ti estás incorporando os datos das imaxes, non hai risco ningún de que sexan borradas e iso é o que importa.

Acabo de incorporar a caixa de imaxes a tres imaxes túas (Image:Pirámide de Quéfren 2.jpg, Image:Pirámide de Quéfren.jpg, Image:Esfinxe.jpg). Podes empregala de aquí en diante, se o desexas (abonda con que a copies e a pegues na seguinte imaxe variando os datos necesarios). Hai tamén un aviso sobre esa caixa que che pode servir de axuda en Template:CaixaImaxes.

Sexa como sexa, grazas por te interesares polo feito de que colocase ese PendenteImaxe. O teu xeito de proceder está a demostrar a túa valía como editor na Galipedia --Lmbuga Commons - Galipedia 17:01, 23 decembro 2006 (UTC)

Maximino o Tracio[editar a fonte]

Boas, Lansbricae. Non che me dín de conta que xa existía un artigo sobre Maximino. Fai ó que ti vexas, eu non teño problema. Por certo, a ilustración que acompaña os artigos da Vía Nova e de Miliario, é un miliario adicado a Maximino e o seu fillo Máximo.Un saúdo. XAVIER(talk) 19:07 , 29 decembro 2006 (UTC).

Grazas[editar a fonte]

É unha sorte contar coa túa axuda. Estás a facer un traballo moi valioso para a Galipedia, por iso quero agradecerche a túa contribución e as edicións que levas feito. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:11, 31 decembro 2006 (UTC)

Mensaxe recibida :-) Grazas polas túas amables palabras. Feliz aninovo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:21, 31 decembro 2006 (UTC)

Castelos de Castrodouro e da Frouxeira[editar a fonte]

Ola, Lansbricae, como vai? Había un pouco de confusión sobre os mesmos por estaren ambos en Alfoz e pertenceren probablemente ambos a Pardo de Cela, pero o Castrodouro está na parroquia do Castro ou Castrodouro e a foto da torre é deste mesmo. Do que aínda non hai foto na wiki é dos restos do castelo da Frouxeira. Un saúdo, e parabéns tamén polo teu traballo --Xoán Carlos Fraga 11:09, 18 febreiro 2007 (UTC)

Image:Castelo de Pambre.jpg[editar a fonte]

Ola Lansbricae, cando se carga unha imaxe procedente de Flickr na caixa de datos hai que poñer o enderezo completo da orixe da imaxe, dese xeito pódese comprobar a licenza. Outro aspecto importante é deixar unha mensaxe agradecendonlle ao autor que poña a disposición a imaxe baixo unha licenza libre. Nesa mensaxe cómpre especificar a licenza exacta baixo a que está dispoñible nese momento, é imprescindible facelo porque moitos usuarios de Flickr mudan a licenza a outras máis restritivas e incompatibles coa Wikipedia. O texto sirve de proba para acreditar que cando se colleu a imaxe a licenza era compatible (certamente a mensaxe pode borrarse pero non por iso hai que deixar de facelo). As licenzas Creative Commons non son revogables aínda así temos que utilizar todos os medios para probar que a licenza no momento da carga era compatible. Unha vez que poñas o enderezo completo verificarei a imaxe e mirarei de adaptar un marcador que hai en Commons para estes casos. Grazas polo estupendo traballo que estás facendo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:50, 18 febreiro 2007 (UTC)

Grazas por poñer o enderezo (o exacto é http://www.flickr.com/photos/capitulo0/159914748/in/set-72157594154948962/) e a licenza non permite uso comercial. Podes velo en http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.0/ . Por ese motivo non podemos mantela, no canto diso podemos poñer o enlae a imaxe en ligazóns externas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:13, 18 febreiro 2007 (UTC) Algo que soe facer Lmbuga e dirixirse ao autor e pedirlle que modifique a licenza para permitir o seu uso libre. En moitas ocasións consigue autorización. --Prevert(talk) 12:16, 18 febreiro 2007 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da Semana/8 2007[editar a fonte]

A imaxe Image:Ponte Maceira 2.JPG é a imaxe da semana agora mesmo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:26, 20 febreiro 2007 (UTC)

A imaxe Image:Fachada igrexa de gomariz.JPG é a imaxe é a desta semana. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:21, 26 febreiro 2007 (UTC)

Artigo destacado de marzo[editar a fonte]

Escollin o teu artigo sobre o Castelo da Rocha Forte como artigo destacado de marzo (aparecerá a partir de mañá). Podes aproveitar para melloralo ainda máis, se queres e é posíbel. Unha aperta. --Xosé (✉) 20:22, 28 febreiro 2007 (UTC)

  • Levo unha tempada na que non podo responder coa debida rapidez todas as preguntas. Quixera facelo agora, perdoa por cuestións de falta de tempo en principio non poderei responder ata finais da semana que vén. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:33, 7 marzo 2007 (UTC)

De Delphidius sobre Prisciliano en Wikipedia[editar a fonte]

Saludos, LAnsbricae. He contestado a tus dudas en la página de discusión de Prisciliano

Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Patrimonio histórico e artístico de Galicia[editar a fonte]

Xa está creada a páxina coa proposta de debate sobre o Patrimonio histórico e artístico de Galicia. Puxen o enlace á categoría por se a queres crear para ir engadindo de xeito provisorio os artigos aí e gañar tempo para cando sexa definitiva. Penso que neste caso en pouco tempo pode estar aprobada. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:08, 11 marzo 2007 (UTC)

O Wikiproxecto categorías é máis para conseguir unidade e ver cales son as mellores solucións que para votar. Por exemplo vin que temos a categoría Cruceiros e segundo o esquema debería ser Cruceiros de Galicia. Non sei se iso ten sentido ou non, quero dicir se vai haber artigos que correspondan a cruceiros que non sexan de Galicia, supoño que non. Iso é algo que temos que considerar e resolver. Na miña opinión podes ir creando aquelas categorías que sexan imprescindibles e logo, se é preciso, podemos facer as modificacións que fagan falta. Cando desenvolvemos ramas de categorías buscamos que sexan coherentes co resto das ramas e ademais ver que problemas poden surxir e debatir como solucionalos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:09, 11 marzo 2007 (UTC)

Artigos duplicados[editar a fonte]

Boas! Respecto ó das categorías véxoo difícil, habería que comentalo en Wikipedia:Wikiproxecto Categorías. En canto ós artigos duplicados o procedemento é engadir na páxina a unir o marcador {{Fusión}} seguido do nome do artigo ao que se debe unir [[nome doutro artigo]]. Así: {{Fusión}} [[nome doutro artigo]]. Na páxina que se faga a fusión debe escribirse na zona superior: {{Fusióndesde}} [[nome do artigo ou artigos unidos]].

Ademais podes engadilos á páxina Wikipedia:Artigos duplicados, para que outros editores os atopen e os fusionen.

O encontro aquel que tivemos resultou bo para min, xa que me dicidín a ler o libro de Chekhov Dos males que provoca o tabaco e resultou moi bo. Saúdos.--AlberteSi, digame? 10:54, 18 marzo 2007 (UTC)

Gracísimas[editar a fonte]

Polo da carreira. Corrixido! Eu actualizara algúns datos pola súa web, pero aí tamén poñen que aínda están na Uefa... ;) --Xabier Cid 01:12, 19 marzo 2007 (UTC)

Luís Seoane[editar a fonte]

Sintoo moito, porque é un estupendo traballo, pero imos ter que borrar as fotos dos cadros de Luís Seoane (faltame por comprobar o que di a lei arxentina pero no caso da española é claro). Trátase de obras derivadas, neste caso hai dous dereitos: o do autor do cadro (Luís Seoane) e o autor da fotografía (ti mesmo). Os dereitos do pintor teñen unha duración de 70 anos (segundo a lei española) contados desde a data da morte do autor, a non ser que haxa algún outro elemento que haxa que ter en consideración e descoñezamos e modifique esa data. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:48, 20 marzo 2007 (UTC)

Non che deixei o aviso para "darche o toque", paréceme un bo traballo que está feito para mellorar a Galipedia. Deixei a mensaxe porque a min me toca moitas veces verificar o tema das imaxes. A ver se hai sorte e conseguimos o permiso. O tema do dereitos ás veces complícase moito. Este artigo é unha interesante reflexión sobre o tema, nel pódense ler algúns casos sorprendentes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:05, 20 marzo 2007 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

  • Moitas grazas polos parabéns no referente ás revisións no artigo Pedro Madruga, e tamén por falar de aprender de min. A verdade no artigo tamén ti prestache moita axuda valiosa. Cóidate moito. --Xoán Carlos Fraga 12:50, 23 marzo 2007 (UTC)

Oestrimnios[editar a fonte]

  • Eliminei o marcador de atención. Desde que o marquei mellorou dabondo (compara), especialmente no que fai á súa historicidade, que na primeira edición dábase por feita. Un saúdo. --Xosé (✉) 16:41, 27 marzo 2007 (UTC)

San e Santo[editar a fonte]

Xustamente, San antes de consoante e Santo antes de vogal.;) --Xabier Cid 00:47, 29 marzo 2007 (UTC)

Panteón Real[editar a fonte]

Si, tes razón, deberia ter posto que está na Catedral, pero ainda non atopei nengunha forma de indicar ben onde está situado exactamente (un plano ou algo asi). Haberia que incluir unha pequena definición no artigo principal e un link ao outro. A ver se hoxe acabo o artigo e o fago.
Até logo! Emilio juanatey 14:49, 30 marzo 2007 (UTC)

Fortaleza de San Paio de Narla[editar a fonte]

  • A miña fonte: Anselmo López Morais e Mª Rosa Casado Nieto (1989): Viaje por los pequeños museos de Galicia. León, Editorial Everest (Guías Everest).--Xosé (✉) 19:12, 2 abril 2007 (UTC)
    • Esta é a miña única referencia. Resulta, lendo a introdución, que é unha recopilación de artigos xornalísticos, o que o limita un pouco como tal. Fai como vexas. --Xosé (✉) 21:15, 2 abril 2007 (UTC)

Adam Małysz[editar a fonte]

Hello. Would you like to write sth about Polish ski jumper, Adam Małysz in gl.wiki? You can based it in es.wiki. I can write sth for you in pl.wiki (about your city etc.) I'll be really grateful. Best regards, Szoltys

Muchas gracias :) Escribiré algo pero cuando termino trabajar con Małysz :) Saludos, Szoltys

calidade "gastronómica", que non "alimenticia"[editar a fonte]

¿que queres que che diga, Lansbricae? Non podo aceptar "alimenticia" porque esta lagosta será menos saborosa, máis seca, cá lagosta propia (a nosa), a dicir dos gourmets, pero desde logo non hai ningunha diferencia "alimenticia": as dúas especies teñen igual composicióon nutritiva e, polo tanto, alimentan igual, se é que se pode dicir que as lagostas "alimenten". O mesmo acontece con outras parellas semellantes, como o boi galego ou o irlandés, a nécora galega ou a francesa, a ostra de arcade ou a de Turquía, etc.

O adxectivo "alimenticio" fai referencia a algo que alimenta, e por iso podemos falar de "produtos alimenticios", "sustancias alimenticias". Fronte a el temos "alimentario", que se aplica a conceptos "relacionados" cos alimentos, pero que en si mesmos no alimentan: industrias alimentarias, papel de uso alimentario, seguridad alimentaria, intoxicacións alimentarias, etc.

Neste caso, como o que se quere dicir é que son menos saborosas, cambio o adxectivo por "gastronómico".

Saúdos e grazas por perde-lo tempo lendo estes meus artigos. Pedro --Pedro 22:55, 6 abril 2007 (UTC)

Moderador[editar a fonte]

  • Manteño dacordo co que dís, pero no obstante "cada cabeza, a súa sentencia". Se emprego unha linguaxe un tanto ambigüa é que porque habitalmente teño a costume de facelo así. De feito a miña intención non cosiste en espantar a ninguén, senón de facer observancia un pouco das normas wiki, senón e ti seguramente o observaches, isto acabaría sendo zona de guerra. Prégoche que isto esposto non che amole para nada, xa que de seu é un pouco a miña misión (a falta de outros moderadores no momento); dos cales están a orde dos meu movementos, e tampouco nada dixeron na contra miña. Dis cometer erros, eu; como ves, tampouco son perfecto, e trato de emenda-lo da medida das miñas posibilidades. Un saúdo e espero que entendas o meu modo de criterio. --Moderador 20:04, 7 abril 2007 (UTC)

Licenzas[editar a fonte]

Grazas. Para ser compatible coa Wikipedia a licenza Cretive Commons ten que permitir uso comercial e obras derivadas. Intentarei incluír na páxina de políticas máis información sobre iso. Agora non podo comprobar a licenza da imaxe que citas, fareino noutro momento. En canto as imaxes das obras de Luís Seoane xa as retiro e borrro eu, no caso de que haxa unha resposta positiva poden recuperarse. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:04, 10 abril 2007 (UTC)

Comprobei a licenza e si que semella ser compatible, esta páxina que hai en Commons pode servir de axuda commons:Commons:Creative Commons copyright tags, nela están todas as licenzas Creative Commons compatibles. Nela está incluída dita licenza. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:16, 10 abril 2007 (UTC) Engadido: en commons:Commons:Copyright_tags#Free_Creative_Commons_licenses tamén tes información, a licenza by-2.0 é unha das licenzas Creative Commons antigas. Sería preferible no caso de mudar a licenza unha das actuais (versión 2.5), pero como dixen antes semella ser compatible aínda que non fai referencia explícita ao uso comercial non o prohibe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:23, 10 abril 2007 (UTC)
Non me decatei de contestar o dos selos. É un asunto complexo. Nunha resposta rápida dicir que en principio teñen copyright pero hai algúns que non. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:04, 10 abril 2007 (UTC)

foto trabucada[editar a fonte]

Amigo Lansbricae, creo que a fotografía que subiches ao artigo de Domingo de Andrade é da parte posterior da fachada do Obradoiro de Fernando de Casas Novoae non a torre do reloxo. Cómpre substituíla. Creo ademais que és a persoa indicada para ilustrar con imaxes os artigos de Clemente Fernández Sarela Pedro de la Sierra Castro Canseco Gambino eMateo de Prado, Historia de Galiza dada a túa acreditada experiencia en mellorar artigos. Alguén coma ti bótase de menos na wiki en español para mellorar e ilustrar os artigos que teñen que ver con Galicia. ¿por que non te animas?

Gracias e un saúdo.

Castelo[editar a fonte]

OK, vou desfacer o que borrei se o cres así. Eu borreino por simple estética (así evitaba a aparición do índice), pero agora que o dis creo que fixen mal. Saúdos.AlberteSi, digame? 21:26, 14 abril 2007 (UTC)

  • Penso que o concepto en si é bo (encabezar as cousas concretamente para facilitar as cousas ó lector e darlle a máxima ingormación posible: parroquia, concello, provincia...). O caso é que o que non me acaba de convencer, como gusto persoal, é o comezar un artigo cun encabezado, senón que a min gústame comezar un artigo con texto, para logo partir as seccións, pero non son quen para impoñer nada a ninguén, simplemente fixen esa edición sen saber quen fixera o artigo nin se había outros que seguían a mesma estrutura. Saúdos sonámbulos.AlberteSi, digame? 23:32, 14 abril 2007 (UTC)

Castelo de Sobroso[editar a fonte]

Trátase do mesmo, procedo a corrixir para unha axeitada identificación e conseguinte enlace. Grazas.

Galiza - Galicia[editar a fonte]

Non son exactamente erros. Co uso das maiúsculas teño eu tamén bastantes dúvidas. Hai algun tempo atopei un texto da Universidade da Coruña bastante claro e que talvez adapte para ver se nos é útil. Creo que tes razón, que as categorías acordouse que fosen con Galicia. Por certo, que pensas deses varios artigos que é posíbel que queiran ser o mesmo, pero con distintas denominacións como, por exemplo, Galicia na Idade Moderna (artigo) e Category:Idade Moderna de Galicia (categoría)? A min en particular gústame máis a primeira formulación, pero non é algo taxativo. Canto a Simón Rodríguez, Rodríguez acentúase. O de xuntar os dous historiais... hai tempo que non o fago e non o lembro ben como se procede. Agora queria ir durmir. Se mañá non está feito mirarei, logo, ainda que teño unha semana moi apertada de traballo. Un saúdo. --Xosé (✉) 21:57, 15 abril 2007 (UTC)

  • Molesta-me cantas veces queiras :-). Que hai que facer coa categoría, pasala a Category:Reis de Galicia? Eu tamén só son un aficionado á história... Pensei que ti eras un profesional!! Parabéns. Comprendo os teus argumentos e non teño unha opinión formada ao respecto, dá-me máis ou menos igual. --Xosé (✉) 22:10, 18 abril 2007 (UTC)

Reis de Galiza[editar a fonte]

1. Eu sempre poño Galiza, non sabia que houbese nengunha política a respeito para estes artigos, se é preciso cambio-o agora que estou comezando e é menos choio.

2. No da subcategoría tes razón, pero nunca o fixen, vou agora provar.

Saúdos e até a próxima que agardo sexa cedo.

Emilio juanatey 12:02, 16 abril 2007 (UTC)

Re:carácter universalista[editar a fonte]

Ola. Coincido pelnamente co que me dixeches na miña páxina de discusión. A VERDADE É QUE, CANDO CHE CONTESTEI, NON ME DIN CONTA DE QUE SE PODÍA UTILIZAR DE NOVO ESTA NOMENCLATURA PARA OUTROS SISTEMAS LITERARIOS. Pareceume unha boa obserbación. Canto poida. cámbiolle de novo o título. Un saúdo--Xohán Baldomir 13:51, 16 abril 2007 (UTC)

Conservatorio Nacional de Arte Galega[editar a fonte]

Boa tarde. Só quería dicirche que non tes por que desculparte, ti non podías saber que naquel preciso instante eu ía gardar o traballo. Polo de non pechar sesión, si que a pechei, mais non me supón un grande traballo rescribir o artigo. Un saúdo--Xohán Baldomir 19:37, 17 abril 2007 (UTC)

Exeria[editar a fonte]

Ola! estaba agora mesmo facendo-o, o artigo habia que modificá-lo rápido porque estaba copiado dun artigo da Voz de Galicia (até aparecia a autora), modifiquei-no o xusto.non o atopabas porque tiven dúbidas sobre o nome. Di-me que opinas, puxen escritora porque é polo que a coñecemos, ainda que cada wiki escolle un distinto. Até logo

Emilio juanatey 11:31, 18 abril 2007 (UTC)

Muchas gracias[editar a fonte]

Muchas gracias por la ayuda en tu traducción. --El filóloco El filóloco - Hablemos (en castellano, por favor) 11:33, 18 abril 2007 (UTC)

Pregunta de El filóloco[editar a fonte]

Estimado amigo: ¿podría solicitar por el mismo método la traducción de los artículos, relacionados con el anterior, Teoría conspirativa y Método de las cajas chinas de la Wikipedia en castellano o ya sería abusar demasiado? El filóloco El filóloco - Hablemos (en castellano, por favor) 11:47, 18 abril 2007 (UTC)

Muchas gracias[editar a fonte]

Muchas gracias de nuevo. El filóloco El filóloco - Hablemos (en castellano, por favor) 11:52, 18 abril 2007 (UTC)

  • A verdade é que descoñecía ese programa, en proximas interareino experimentar haber como vai; de feito soio utilizar algun que outro plug-in pero de xeito enfocado a traballo de artes gráficas. Outra cousa que está (e isto xa é de cara o proxecto) de forma provisoria (pero agárdase que sexa definitiva) é unha paxina da wiki que permite subir e intercambiar programas, fotos, etc.... de ate 5 Gb's (aunque coido que isa vai a ser a capacidade do servidor) cunha duración de 30 días (usuario non rexistrado) e 45 días (usuario rexistrado). O enderezo é o seguinte: [1]. Un saúdo e grazas de novo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:49, 19 abril 2007 (UTC)
  • Ola, Lansbricae, é pavillón, sería un erro involuntario, o que está claro é que estaba intentando eliminar o b e mudalo por un v, mais quedei a medio camiño e non o vin. Está ben que avisaras. Recibe un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 19:22, 22 abril 2007 (UTC)

Re: American Beauty[editar a fonte]

Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:52, 23 abril 2007 (UTC)

  • Ola, Lansbricae. Non sei que dirás tu, pero a min a túa introdución paréceme máis apropiada que a que fixera eu. Se estás de acordo, pódese volver a poñer e quitar de paso a etiqueta de Revisión. E de nada polas correccións, mentres faga un pouco de tempo -porque haber sempre o hai-, irei corrixindo algo. Si, o artigo das liñaxes foi quedando ben, grazas ás colaboracións de todas as persoas editoras. Recibe un cordial saúdo, e moita saúde. --Xoán Carlos Fraga 14:53, 23 abril 2007 (UTC)
  • Ola de novo. Vaia. Antes de ler a túa mensaxe xa puxera de novo a túa introdución, mais agora deixo nas túas mans calquera mudanza que desexes facer, e ademais apago o ordenador unhas horas. --Xoán Carlos Fraga 15:02, 23 abril 2007 (UTC)
  • Ola outra vez. Si, o artigo quedou ben, grazas a todos. As imaxes danlle moita vida aos artigos, e este agradeceuno ben. Grazas polos parabéns, tu tamén andas mellorando artigos, que ben o vexo, así que o mesmo che digo, parabéns polo teu traballo. Con respecto ao mosteiro de las Huelgas, eu deixaríao en principio porque no texto ponse de exemplo de destino de fillas de alta nobreza e realeza, -e temos ligazón internas co mosteiro e co códex de Las Huelgas-; de todas formas, isto non quita de pór tamén algún galego, pois paréceme boa idea. Tu mesmo podes poñelo onde che pareza ben. --Xoán Carlos Fraga 19:34, 23 abril 2007 (UTC)

Protecion[editar a fonte]

  • Boas, vin a túa exposición sobre o tema de Casa Grande de Lentille; e ate que Prevert non decida outro punto de vista a tomar, tomeime a licenza de meterlle unha proteción a modo de prevención. Esta inclúe que ninguén poderá editar no artigo en cuestión en adxuntos, agás os administradores. Se necesitas editar no mesmo artigo ou artigos que teñan ligazón directa con este, por favor, ponte en contacto cun administrador a fin de proceder a unha desproteción. Un saúdo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:52, 23 abril 2007 (UTC)

RE: Caixas de lugares[editar a fonte]

Saúdos. Faigo o que poido có das caixas. De momento teño que amañar un problemiña coa categorización das que xa existen, e cando remate esto acabarei as de Castro de Rei. En canto teña todo isto feito prométoche que me poño coas de Cenlle ;). Un saúdo. BaNjO(tell me) 11:15, 25 abril 2007 (UTC)

Combinar historiais Pedro Monteagudo e Pedro de Monteagudo[editar a fonte]

Feito. Grazas por fusionalos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:14, 28 abril 2007 (UTC)

Combinar artigos Galiza prehistórica e Prehistoria de Galiza[editar a fonte]

Grazas por combinar ti os dous artigos, porque o que é por min seguirían así, xa que non sei. Polo de agora estou escribindo sen máis o que podo (cando teño tempo), pero todo o que pase de crear ou ampliar páxinas é demasiado para min. Pido desculpas se hai moitos erros técnicos. No que toca á periodización da Historia de Galiza, non está mal. A ver se con un pouco de tempo a damos rematado. Un saúdo, e moitas grazas pola benvida.--María Baldomir 18:34, 1 maio 2007 (UTC)

Re: Combinar artigos Galicia prehistórica e Prehistoria de Galiza[editar a fonte]

Grazas polo aviso. Feito. Mantiven a redirección orixinal no canto de borrala para que non se duplique o artigo outra vez, quizais haxa que facelo noutros artigos que inclúan Galicia/Galiza. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:16, 3 maio 2007 (UTC)