Osmo, Cenlle
| Osmo | |
|---|---|
Cruceiro de Osmo. | |
| Concello | Cenlle[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°21′49″N 8°06′03″O / 42.3635885, -8.1008531 |
| Poboación | 53 hab. (2013) |
| Entidades de poboación | 11[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Osmo é unha parroquia do concello de Cenlle, que limita ao norte con Anllo, ao leste con Beariz, ao sur con Navío e ao oeste con San Clodio. Segundo o IGE en 2013 tiña 53 habitantes (23 mulleres e 30 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 80 habitantes. O curato é de primeiro ascenso e padroado laical do Conde de Ribadavia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Fermoso lugar pola súa situación, na ladeira do monte Barazal que lle concede privilexiadas vistas do val do Avia sementado de verdes carballos, castiñeiros, amieiros...
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Miguel de Osmo é de fábrica orixinal románica con pinturas manieristas no seu interior.
Hai tres ermidas de propiedade particular e outras tantas dos veciños. Nesta parroquia atopamos boas casas señoriais como o Pazo de Rioboó ou a Casa dos Toubes.
As Escolas Pías de Riobó vello símbolo da educación rural atópase na parroquia, fundadas en 1780 polo dono do pazo de Riobó Bernardino de Prado Ulloa quen decidirá crear unha fundación para formar a nenos e nenas das aldeas de Riobó, Anllo, Osmo, Navío e outras da contorna. O Complexo educativo constaba de dúas escolas separadas unha para nenos e outra de nenas, as dúas con aulas amplas, boa cantería e balcóns de forxa. A de nenos conserva unha inscrición da súa fundación e da súa reforma posterior en 1915, dando conta do longo uso. Hoxe en día as escolas a diferenza do pazo sofren un profundo abandono incluídas no rexistro de bens patrimoniais en risco de desaparición(Lista Roja), os teitos están danados, madeira podrecida e a vexetación avanza sobre as fachadas.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Osmo, Cenlle.
-
Fachada da igrexa.
-
Detalle da fachada principal da igrexa.
-
Capela da Virxe do Socorro.
-
As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.
-
Pena Corneira dende Osmo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Osmo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Osmo no concello de Cenlle | |
|---|---|
|
Aquelcabo | O Balcón | A Carreira | O Casar | O Couso | Osmo | Piñeiro | Rego de Abaixo | Rego de Cima | Riobó | A Sobreira |
Parroquias de Cenlle
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "Patrimonio en perigo: Galicia suma catro novos bens á Lista Roja de Hispania Nostra". Historia de Galicia. 13 de outubro 2025. Consultado o 27 de outubro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Geografía General del Reino de Galicia, Tomo XI. Vicente Risco. Ediciones Gallegas, S.A. (1980).
- Historia de Ribadavia. Samuel Eiján. Editorial Alvarellos. (1920). Edición Facsímile. (1981).