Saltar ao contido

A Pena, Cenlle

A Pena
Igrexa de San Lourenzo da Pena.
ConcelloCenlle[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°20′41″N 8°06′30″O / 42.344777777778, -8.1082777777778
Poboación119 hab. (2013)
Entidades de poboación7[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Lourenzo da Pena é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 119 habitantes (64 mulleres e 55 homes), 73 menos ca en 1999.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita coas parroquias de Esposende ao sur, a de Cenlle ao leste, as de Osmo e San Clodio ao norte e a de Bieite ao oeste.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Houbo nesta freguesía un castelo do Conde de Ribadavia. A igrexa de San Lourenzo está situada a medio camiño entre as aldeas da parroquia. O curado é de entrada e ten por anexo o de Esposende. A casa reitoral de San Lourenzo, tamén de fábrica románica, atópase en ruínas.[2]

Hai tres cruceiros na parroquia: un xusto ao lado da igrexa, outro na estrada de Lentille e outro en Cuñas.


Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]
As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.

Lugares da Pena

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Pena no concello de Cenlle

Cacabelos | O Coedo | Cuñas | Lentille | Pazos Ermos | Roucos | San Lourenzo

Parroquias de Cenlle

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. ↑ González Pérez, Clodio (2015). "A Casa reitoral de San Lourenzo da Pena (Cenlle): restos dunha obra románica do s. XII-XIII". Boletín Avriense (45): 157–170. ISSN 0210-8445.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]