Trasariz, Cenlle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Trasariz
Igrexa de Santiago de Trasariz, Trasariz, Cenlle.jpg
Igrexa de Santiago de Trasariz.
Parroquia de Trasariz do concello de Cenlle.png
ConcelloCenlle[1]
ProvinciaOurense
Poboación93 hab. (2013)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Trasariz é unha parroquia do concello de Cenlle na marxe do río Miño. Segundo o IGE en 2013 tiña 93 habitantes (42 mulleres e 51 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes. O curado é de primeiro ascenso e padroádego laical.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na igrexa de Santiago de Trasariz consérvase unha ara romana dedicada a Xúpiter e que na actualidade se usa como pía bautismal. Na parte superior do templo hai un mural representando a Santísima Trindade sentada a mesa. Na igrexa hai unha imaxe do patrón Santiago, na que o apóstolo aparece aparece entronado.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.

Lugares de Trasariz[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Trasariz no concello de Cenlle

O Balcón | Mira | O Pumar | Trasariz

Parroquias de Cenlle[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.