Vilar de Rei, Cenlle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Vilar de Rei
Igrexa de San Miguel de Vilar de Rei, Cenlle.jpg
Igrexa de San Miguel de Vilar de Rei.
Parroquia de Vilar de Rei do concello de Cenlle.png
Concello Cenlle
Poboación 76 hab. (2017)
Entidades de poboación 5

San Miguel de Vilar de Rei é unha parroquia do concello ourensán de Cenlle, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2009 tiña 98 habitantes (50 mulleres e 48 homes), distribuídos en 5 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 132 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia ocupa unha pequena cunca rodeada de pequenas alturas inferiores ós 500 metros, na parte central desa cunca atópanse os núcelos habitados. Componse dos seguintes lugares: Vilar de Rei, A Lama, O Casar, Cima de Vila e A Saínza. Tradicionalmente as lindes desta parroquia eran "o terreo que se abarcaba coa vista dende o adro da igrexa de Vilar de Rei".

A parroquia limita ó norte e ó leste co concello de San Amaro, cara o sur coa parroquia de Razamonde (antes este linde era coa parroquia de San Andrés de Ervededo desaparecida a finais do século XIX aínda que mantense a súa pequena igrexa parroquial como capela) e ó oeste coa de Cenlle.

Historia[editar | editar a fonte]

Vilar de Rei pertenceu á Xurisdición de Roucos con cabeceira e fortaleza en Roucos, baixo o señorío do Conde de Ribadavia.

Algúns veciños da parroquia tiñan cargas en especie do mosteiro de San Clodio e do Cabidos das Catedrais de Ourense e Santiago.

A primeira referencia escrita a Vilar de Rei aparece relacionada cunhas herdades localizadas en Fornellos e citadas na documentación do Mosteiro de San Clodio de Leiro entre 1318 e 1429. Na actualidade non hai un lugar que manteña o topónimo Fornellos aínda que aparece o nome Forniño, pertencente ó lugar da Lama.

Durante a Guerra de 1808 estas terras foron ocupadas polos fanceses, permanecendo dous días no lugar e matando a varios veciños fidalgos (quizais en represalia pola resistencia armada), roubando e destruindo propiedades (entre elas obxectos litúrxicos).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O elemento patrimonial máis relevante é o conxunto parroquial cun tempro barroco que está baixo a advocación de San Miguel e corresponde ó século XVII con reforma posteriores, cando Vilar de Rei era un anexo á parroquia de Cenlle.

Hai catro cruces de pedra no termo parroquial: unha cruz alta no lugar das Pereiras, un cruceiro no campo da festa (A Naveira), con mesa ou pousadoiro, outra cruz alta no lugar da Lama e outra máis no Monte do Chao.[1] Tamén houbo unha cruz baixa no Casar, no camiño que cruzaba cara a Cima de Vila, hoxe desaparecida.

Mantéñense restos de algunhas construcións antigas con aspecto de teren sido de certa importancia sendo a máis destacable a casa dos Carvajal de Prado en Vilar de Rei, na cima do pobo, que amosa restos de edificacións datables entre os séculos XVIII e XIX no seu conxunto pechado por unha cerca de pedra. Tamén hai unha eira lousada no lugar de Cima de Vila e algúns hórreos de madeira segundo a tipoloxía habitual da zona conservados en varios lugares. Tamén se conservan varios muíños no regato da Fareixa.

A principios do século XX nunha "carballeira da parroquia" (sic.) parece ser que apareceron restos arqueolóxicos dun acocho prehistórico con cinco ou seis machados de talón con aneis feitos en fundición de bronce. Un deles, de dous aneis de 244 x 50 mm, foi depositado no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense por Maximino Álvarez, alcalde que foi do Carballiño, desta época poderían datar tamén os gravados de A Sainza, xusto no linde co concello de San Amaro. Tamén houbo unha capela adicada ó San Verísimo, hoxe desaparecida (quedan restos de cachotes e tellas), e localizada no monte do mesmo nome, na linde tradicional coa parroquia de Cenlle segundo se desprende do uso tradicional dos veciños da parroquia. Consérvase a maiores no monte comunal o topónimo Coto da Forca, recordo do antigo sistema de xustiza da Xurisdicción de Roucos e linde coa parroquia de Cenlle na Corredoira.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilar de Rei[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilar de Rei no concello de Cenlle

Campos | O Casar | Cima de Vila | A Lama | Vilar de Rei

Parroquias de Cenlle[editar | editar a fonte]

As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]