Niki Terpstra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNiki Terpstra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Beverwijk, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Altura190 cm Editar o valor em Wikidata
Peso75 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista , ciclista de pista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoClásica Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
2005-2006 Koga
2007-2010 Milram
2011-2018 Etixx-Quick Step
2019-2022 Direct Énergie Editar o valor em Wikidata
Participou en
2022UCI Europe Tour de 2022 (pt) Traducir (751º)../... 25+ Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMike Terpstra Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnikiterpstra.nl Editar o valor em Wikidata
Facebook: NikiTerpstra Twitter: NikiTerpstra Editar o valor em Wikidata


Niki Terpstra, nado en Beverwijk o 18 de maio de 1984, é un ciclista profesional dos Países Baixos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Terpstra compaxinou durante parte da súa carreira a participación en probas de estrada co ciclismo en pista, no ano 2005 nos mundiais da especialidade celebrados nos Ánxeles, acadou unha medalla de prata na proba de persecución por equipos.

No 2008 firmou o seu primeiro contrato cun equipo pro Tour, o Milram. No ano 2010 gañou o campionato nacional de Holanda por primeira vez, vitoria que repetiu en 2012 e 2015. Este triunfo abriulle as portas do equipo Quick-Step, no que acadou os seus maiores logros deportivos.

Ás ordes de Patrick Lefevere no Quick-Step destacou como especialista en clásicas gañando dous monumentos do ciclismo a París-Roubaix de 2014 e o Tour de Flandres de 2018 e outras carreiras importantes como Le Samyn (2016 e 2018), a Dwars door Vlaanderen -tamén coñecida como A Través de Flandres- (2012 e 2014) ou a E3 Harelbeke de 2018.

En carreiras de varios días gañou a clasificación xeral do Tour de Qatar en 2014 e 2015, o Eneco Tour de 2016 e o Tour de Valonia de 2015.

Co equipo Quick-Step conseguiu ser catro veces campión do mundo de contra o crono por equipos (12,13,16 e 18)

Dende o 2019 compite no equipo francés Direct Énergie[1].

Foi olímpico en dúas ocasións coa selección holandesa nos Xogos de Pequín e Londres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Niki Terpstra". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-05-06.