New York Five

New York Five (ou The Five Architects) é un grupo de arquitectos formado por John Hejduk, Peter Eisenman, Richard Meier, Michael Graves e Charles Gwathmey.
Historia e características[editar | editar a fonte]
No ano 1972 publícase un libro de fotografías en branco e negro que recolle o traballo arquitectónico dos cinco arquitectos titulado Five Architects[1][2], de aí o nome do grupo. Esas fotografías xa formaran parte, uns poucos anos antes, dunha exposición para o MOMA. O libro foi publicado en 1975 por Oxford Press, alcanzando moita máis notoriedade.
Ocasionalmente reciben o alcume de Brancos (Whites) en referencia a súa rivalidade co grupo dos Grises (Greys), integrado por Romaldo Giurgola, Allan Greenberg, Charles Moore, Jaquelin T. Robertson e Robert A. M. Stern, que no ensaio "Five on Five", publicado na revista Architectural forum,[Cómpre referencia] acusaban o grupo de Hejduk e compañía de non ter en conta nin a contorna, nin os usuarios nin a funcionalidade nos seus edificios.
Os New York Five en Galicia[editar | editar a fonte]
En Galicia hai tres obras deste grupo de arquitectos, as tres en Santiago de Compostela: dúas delas no monte Gaiás, a Cidade da Cultura de Peter Eisenman e as Torres Hejduk, e o edificio do centro sociocultural A Trisca no barrio de San Pedro, estes dous últimos de John Hejduk[3].
Ademais Peter Eisenman tamén planificou un redeseño do estadio de Riazor que nunca chegou a concretarse[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Goldberger, Paul (1996-02-11). "ARCHITECTURE VIEW;A Little Book That Led Five Men to Fame". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 2017-04-11.
- ↑ Five architects: Eisenman, Graves, Gwathmey, Hejduk, Meier. [New York]: Wittenborn. 1972. ISBN 9780815004226.
- ↑ "Centro Sociocultural da Trisca". www.santiagoturismo.com. Consultado o 2020-04-29.
- ↑ "El Guggenheim soñado de Lendoiro". www.laopinioncoruna.es (en castelán). 2015-01-04. Consultado o 2020-04-29.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Stern, Robert (1973). "Five on Five" (PDF). The Architectural Forum: 46-48. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 2021-11-21.