Coipú
Coipú Rango fósil: Plioceno tardío-Actual | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Myocastor coypus (Molina, 1782) |
O coipú[2][3] (Myocastor coypus) é unha especie de roedor semiacuático grande e único membro da familia Myocastoridae (miocastóridos). Orixinalmente era nativo da Suramérica tropical e temperada, pero foi introducida en Norteamérica, Europa, Asia, e África, principalmente para a obtención das súas peles.[4] Aínda que segue sendo valorado pola súa pelaxe nalgunhas rexións, o seu comportamento alimenticio destrutivo e o feito de que escava tobeiras fai que esta especie invasora sexa unha auténtica praga en moitas áreas e que se fagan esforzos por controlar as súas poboacións en varios países. Está incluído na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[5] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN).
O M. coypus vive en tobeiras que escava ao longo das zonas húmidas. Aliméntase dos talos das plantas das ribeiras dos ríos.[6]
Etimoloxía e nomes[editar | editar a fonte]
O seu nome científico de xénero deriva do grego mys e kástor (a través do latín castor), que significa 'rato-castor'.[7] O nome específico coypus procede da voz koypu da lingua do pobo mapuche chileno (mapudungun).[8][9]
En galego úsase para este animal o nome coipú.[2][3] Coipú e coipo son os nomes máis usados para el na súa zona de procedencia de Chile.[9][10][11] Menos frecuente é o nome quiyá, de orixe tupí-guaraní usado en Paraguai e países veciños. Na América hispánica, especialmente na zona andina, chamóuselle a este roedor nutria (que significa 'londra'), malia que o animal non ten nada que ver coas verdadeiras londras, que son mustélidos e non roedores. Tamén se lle chama rata-nutria. O nome nutria pasou ao inglés debido ao comercio de peles, idioma onde tamén se chama coypu ou river-rat ('rata de río').[1][12][13][14] En Brasil o animal coñécese como ratão-do-banhado, nútria ou pola voz da lingua tupí caxingui. En francés chámase ragondin, en holandés beverrat ('rata-castor'), en alemán Wasserratte ('rata de auga'), termo tamén usado para outros roedores, en italiano nutria e castorino ('pequeno castor'), en sueco sumpbäver ('castor de pantano') etc.
Taxonomía[editar | editar a fonte]
O M. coypus foi descrito por Juan Ignacio Molina en 1782 co nome Mus coypus, clasificado como membro do xénero do rato.[15] O xénero Myocastor foille asignado en 1792 por Robert Kerr,[16] mentres que Geoffroy, independentemente de Kerr, nomeou esta especie Myopotamus coypus,[17] e ocasionalmente aínda hoxe é ás veces chamado por este nome.
Xeralmente recoñécense catro subespecies:[15]
- M. c. bonariensis: norte da Arxentina, Bolivia, Paraguai, Uruguai, sur do Brasil
- M. c. coypus: centro de Chile, Bolivia
- M. c. melanops: illa de Chiloé
- M. c. santacruzae: Patagonia
M. c. bonariensis, a subespecie presente na parte máis ao norte (subtropical) da súa área de distribución, crese que foi o tipo de M. coypus que normalmente foi introducido noutros continentes.[14]
Aspecto[editar | editar a fonte]
Este roedor lembra en parte unha rata moi grande ou a un castor cun rabo curto. Os adultos pesan normalmente de 4 a 9 kg (o máis habitual é entre 4,5 e 7 kg) e teñen unha lonxitude de 40 a 60 cm, cun rabo de 30 a 45 cm; non obstante, chegan a pesar ata 17 kg.[18][19][20] Teñen un pelame externo marrón escuro áspero con pelos máis internos suaves grises. Tres características distintivas son unha mancha branca no fociño, pés posteriores palmados e incisivos grandes de cor amarelo-laranxa brillantes.[21] As mamilas da femia están situadas bastante arriba nos seus flancos, o que permite que as crías se alimenten mentres a nai está na auga.
Ás veces o M. coypus pode confundirse con Ondatra zibethicus (rata de almiscre), que é outro roedor semiacuático moi estendido que nalgunhas zonas ocupa os mesmos hábitats de zonas húmidas. Porén, a rata do almiscre é de menor tamaño e máis tolerante aos climas fríos e ten unha cola aplanada lateralmente que usa para nadar, mentres que a do M. coypus é redonda. Pode confundirse tamén cun pequeno castor, xa que ambas as especies teñen anatomías parecidas, pero as colas dos castores son aplanadas como pas.
Historia vital[editar | editar a fonte]
Pode vivir ata seis anos en caividade, pero normalmente é raro que vivan máis de tres anos. Segundo un estudo, o 80% dos individuos morre no seu primeiro ano de vida, e menos do 15% dunha poboación salvaxe ten máis de tres anos de idade.[22] Os machos chegan á madurez sexual xa aos catro meses, e as femias aos tres meses de idade; porén, ambos poden ter unha prolongada adolescencia, ata a idade de 9 meses.[23] Unha vez que as femias están preñadas, a xestación dura 130 días, e paren desde unha soa cría a trece. As crías nacen con todo o pelo e cos ollos abertos; poden comer vexetación xunto cos seus pais ás poucas horas de nacer. As femias poden empreñar de novo o día seguinte de dar a luz.[23] Potencialmente, unha femia pode enxendrar tres veces ao ano. As crías son aleitadas durante de seis a oito semanas e despois abandonan as súas nais e fan vida independente.[23]
Ademais de reproducírense moi rapidamente, cada exemplar consome grandes cantidades de vexetación, que supoñen aproximadamente o 25% do seu peso corporal ao día, e aliméntase durante todo o ano.[23][24] Como é un dos roedores máis grandes que existen pode causar moitos danos na vexetación.[25][26] Comen a base dos talos das plantas e a miúdo escavan na capa orgánica do solo para comer as raíces e rizomas enterrados.[27] Orixinan nos ecosistemas zonas arrasadas onde despareceu a maioría da biomasa da vexetación aérea ou enterrada, orixinando un ambiente salpicado de zonas destruídas, o cal altera o hábitat doutros animais e o dos humanos que dependen das marismas e pantanos.[28]
O M. coypus vive normalmente en marismas e pantanos de auga doce, pero tamén pode habitar en marismas salobres e máis raramente en marismas salgadas.[29][30]
Aspectos comerciais e medioambientais[editar | editar a fonte]
A extinción local na súa área de distribución nativa debido a un exceso de capturas levou a que se criase en granxas peleteiras a finais do século XIX e inicios do XX. As primeiras granxas exitosas establecéronse na Arxentina na década de 1920[31] e despois en Europa, Norteamérica e Asia. Estas granxas xeralmente non foron investimentos exitosos a longo prazo, e as granxas de coipús a miúdo deixaron libres ou escapáronselles os animais a medida que as súas operacións deixaron de dar beneficios. O primeiro intento de crear granxas de coipús fíxose en Francia a inicios da década de 1880, pero non foi un éxito.[31] As granxas suramericanas posteriores foron, ao contrario, moi rendibles e iso fixo que se creasen granxas similares en Norteamérica e Europa. Como os animais das granxas a miúdo escapaban ou eran liberados á mantenta para que servisen como animais de caza ou para eliminar a vexetación acuática, acabaron por establecerse poboacións silvestres.[32]
Introducíronse nos ecosistemas de Louisiana na década de 1930, ao escaparen de granxas peleteiras que as importaran de Suramérica. A primeira importación fíxose en 1937, cando E. A. McIlhenny trouxo 13 exemplares á illa Avery.[33] Na década de 1940, algúns dos coipús escaparon durante un furacán e poboaron rapidamene as marismas costeiras, pantanos de terra adentro e outras áreas húmidas.[34] Desde Louisiana, o coipú estendeuse polo sur de Estadios Unidos, causando estragos nas marismas.
A medida que a demanda das peles de coipú foi declinando, o coipú pasou a converterse nunha praga en moitas áreas, destruíndo a vexetación acuática, marismas e sistemas de rego, e mordendo e estragando produtos como pneumáticos e paneis de madeira das casas en Louisiana, causando erosión nas ribeiras dos ríos e desprazando a animais nativos. Os danos en Louisiana eran dabondo graves desde a década de 1950 como para merecer a promulgación de leis para o seu control.[35]:3 A inicios da década de 2000, estableceuse o Coastwide Nutria Control Program, que empezou a pagar recompensas por coipú cazado en 2002.[35]:19–20 Na rexión da baía de Chesapeake en Maryland, onde foran introducidos na década de 1940, estimábase que o coipú destruíra de 2.800 a 3.200 ha de marismas no Blackwater National Wildlife Refuge. Como resposta a esta situación, en 2003, púxose en marcha un programa multimillonario de erradicación.[36]
Na península Ibérica, non se esableceran poboacións libres na década de 1960, posteriormete a súa introdución procedeu de escapes e soltas desde granxas peleteiras de Francia e Cataluña desde principios dos anos 1970. Actualmente existen poboacións localizadas na vertente atlántica (Val de Arán en Cataluña; Soba en Cantabria; ribeira do Bidasoa en Guipúscoa; Baztan, Valcarlos e exemplares dispersos na cunca do Ebro, en Navarra). Tamén existen algúns núcleos de moi baixa densidade na vertente mediterránea catalá (Sant Feliù de Buixalleu e Arbúcies, no Montseny na provincia de Xirona). [37] Non se establecue en Galicia. A expansión desta especie invasora limítase a zonas onde non baixa moito a temperatura en inverno. Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, foi incluída no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.
No Reino Unido o coipú introducírase en 1929 en East Anglia, para crialo polas súas peles, pero moitos escaparon e danaron os sistemas de drenaxe e posteriormente un programa concertado polo MAFF o erradicou en 1989.[38] Porén en 2012, matouse en County Durham un animal que se sospeita que era un coipú.[39]
A carne de coipú é magra e baixa en colesterol, pero os intentos de introdcir a súa carne nos mercados foron infrutuosos. Unha compañía recibiu subvencións[40] para establecer unha fábrica en Louisiana para utilizar a carne de coipú para fabricar alimento para cans. En 2012, a Louisiana Wildlife Federation recoñeceu a esa compañía co premio ao "Negocio conservacionista do ano" por encontrar un uso para esa proteína ecosustentable.[41]
Nas antigas repúblicas soviéticas de Asia Central comercialízase a carne de coipú en mercados locais.[42] En 2016, a carne está usándose con éxito nun restaurante de Mosú, como parte do movemento ruso locálvoro e como unha moda hipster.[42][43]
Ademais dos danos directos ao medio ambiente, o coipú hospeda o nematodo parasito Strongyloides myopotami, que pode infectar a pel humana, causan do unha dermatite similar á da estronxiloidíase.[44][45]
Distribución[editar | editar a fonte]
A distribución do coipú tende a contraerse ou expandirse cando se dan sucesivos invernos fríos ou suaves. Durante os invernos fríos, o coipú a miúdo sofre a conxelación das súas colas, que lle orixina infeccións e a morte. Como resultado as poboacións de coipús contráense e mesmo chegan a extinguirse localmente ou rexionalmente como nos países escandinavos e, nos Estados Unidos, nos estados de Idaho, Montana e Nebrasca durante a década de 1980.[46] Durante as épocas con invernos suaves, tende a expandirse cara ao norte. Por exemplo, en anos recentes, expandiuse polos estados de Washington e Oregón[47] e Delaware.[48]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 {{{assessors}}} (2008). "Myocastor coypus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 6 de xaneiro de 2009.
- ↑ 2,0 2,1 "coipú" en Dicionario Digalego. Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 5. Páxina 477. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ LeBlanc, Dwight J. 1994. Prevention and Control of Wildlife Damage – Nutria Arquivado 03 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.. Animal and Plant Health Inspection Service.
- ↑ Lowe, S., M. Browne, S. Boudjelas, M. De Poorter (2004). "100 de las especies exóticas invasoras más dañinas del mundo. Una selección del Global Invasive Species Database" (PDF). Aliens (12): 12. Consultado o 26 de setembro de 2010.
- ↑ 6. Grace, James B.; Marx, B.D.; Taylor K.L. The effects of herbivory on neighbor interactions along a coastal marsh gradient. American Journal of Botany, Volume 84, Number 5 (May 1997), pp. 709-715.
- ↑ Nutria Biology. Nutria.com. 2007. Retrieved on September 5, 2007.
- ↑ "Coypu". Collins English Dictionary (Complete & Unabridged 10th ed.). United States: Dictionary.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 2 March 2014.
- ↑ 9,0 9,1 Muñoz Urrutia, Rafael, ed. (2006). Diccionario Mapuche: Mapudungun/Español, Español/Mapudungun (en castelán) (2.ª ed.). Santiago, Chile: Editorial Centro Gráfico Ltda. p. 155. ISBN 956-8287-99-X.
- ↑ The American Heritage Dictionary of the English Language (2006). "Coypu" (en inglés) (4.ª ed.). Houghton Mifflin. Consultado o 9 de setembro de 2010.
- ↑ Merriam-Webster Online Dictionary. "Coypu" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2010.
- ↑ Castorologia: or The history and traditions of the Canadian beaver, Horace T. Martin, p.35
- ↑ "Myocastor coypus". Consultado o 23 September 2011.
- ↑ 14,0 14,1 Carter, Jacoby. Worldwide Distribution, Spread of, and Efforts to Eradicate the Nutria (Myocastor coypus) – South America. United States Geological Survey. January 29, 2007. Retrieved on September 4, 2007.
- ↑ 15,0 15,1 C. A. Woods, L. Contreras, G. Willner-Chapman, H. P. Whidden. 1992. Mammalian Species: Myocastor coypus. American Society of Mammalogists, 398: 1-8.
- ↑ ITIS Report. "ITIS Standard Report: Myocastor". Consultado o September 5, 2007.
- ↑ ITIS Report. "ITIS Standard Report: Myopotamus". Consultado o December 19, 2007.
- ↑ Capel-Edwards, M. (1967). Foot-and-mouth disease in Myocastor coypus. Journal of comparative pathology, 77(2), 217-221.
- ↑ Doncaster, C. P., & Micol, T. (1990). Response by coypus to catastrophic events of cold and flooding. Ecography, 13(2), 98-104.
- ↑ Hillemann, H. H., Gaynor, A. I., & Stanley, H. P. (1958). The genital systems of nutria (Myocastor coypus). The Anatomical Record, 130(3), 515-531.
- ↑ Coypu - Myocastor coypus - Overview - Encyclopedia of Life
- ↑ Nolfo-Clements, Lauren E. (September 2009). "Nutria Survivorship, Movement Patterns, and Home Ranges". Southeastern Naturalist (United States: Eagle Hill Publications) 8 (3): 399–410. ISSN 1938-5412. doi:10.1656/058.008.0303.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 23,3 "Biology". Nutria. Louisiana Department of Wildlife and Fisheries. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 2 March 2014.
- ↑ McFalls, Tiffany B.; et al. (September 2010). "Hurricanes, floods, levees, and nutria: vegetation responses to interacting disturbance and fertility regimes with implications for coastal wetland restoration". Journal of Coastal Research (United States: Coastal Education & Research Foundation) 26 (5): 901–11. ISSN 1551-5036. doi:10.2112/JCOASTRES-D-09-00037.1.
- ↑ Hygnstrom, Scott E.; Timm, Robert M.; Larson, Gary E., eds. (1994). "Nutria". Internet Center for Wildlife Damage Management. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2013. Consultado o 2 March 2014.
- ↑ "Detail (Coypu)". Barcelona Zoo. España: Barcelona City Council. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2014.
- ↑ Carter, Jacoby; et al. (March 1999). "Modeling the effects of nutria (Myocastor coypus) on wetland loss". Wetlands (Springer) 19 (1): 209–19. ISSN 1943-6246. doi:10.1007/BF03161750.
- ↑ Ford, Mark, and J. B. Grace. 1998. "Effects of Vertebrate Herbivores on Soil Processes, Plant Biomass, Litter Accumulation and Soil Elevation Changes in a Coastal Marsh." Journal of Ecology 86(6): 974-982.
- ↑ Jordan, Jillian, and E. Mouton. 2011. "Coastwide Nutria Control Program 2010-2011." <http://www.nutria.com/uploads/1011CNCPfinalreport.pdf>
- ↑ Lyon, W.J., and J.B. Milliet. 2000. "Microbial Flora Associated with Louisiana Processed Frozen and Fresh Nutria (Myocastor coypus) Carcasses." Journal of Food Science 65(6): 1041-1045.
- ↑ 31,0 31,1 National Wetlands Research Center (June 2000), Nutria, Eating Louisiana's Coast, United States Geological Survey
- ↑ Carter, Jacoby, and Billy P. Leonard. "A Review of the Literature on the Worldwide Distribution, Spread Of, and Efforts to Eradicate the Coypu (Myocastor coypus)." JSTOR. N.p., 2002. Web. 2 Nov. 2015.
- ↑ Nutria, Eating Louisiana's Coast (PDF) (Informe). U.S. Geological Survey/National Wetlands Research Center. June 2000. USGS FS-020-00. Consultado o 28 March 2016.
- ↑ Bernard, Shane K. "M'sieu Ned's Rat? Reconsidering the Origin of Nutria in Louisiana: The E. A. McIlhenny Collection, Avery Island, Louisiana." JSTOR. N.p., 2002. Web. 1 Nov. 2015.
- ↑ 35,0 35,1 Scarborough, Janet; Mouton, Edmond (30 June 2007). Nutria Harvest Distribution 2006-2007 and a Survey of Nutria Herbivory Damage in Coastal Louisiana in 2007 (PDF) (Informe). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2009. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ "A Plague of Aliens" Arquivado 11 de outubro de 2009 en Wayback Machine. Feb/Mar 2003 edition of National Wildlife magazine, published by the National Wildlife Federation, article by Laura Tangley; acceso online o 8 de decembro de 2006.
- ↑ [1] Arquivado 10 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Atlas y libro rojo de los mamíferos de España.
- ↑ Gosling, Morris (4 March 1989). "Extinction to Order". New Scientist (London) 121 (1564): 44–49.
- ↑ "Police To Investigate Man Who Killed 4ft Rat". Sky. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 14 May 2012.
- ↑ http://www.dailycomet.com/article/20110719/ARTICLES/110719361/1026/sitemaps04?p=1&tc=pg
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ 42,0 42,1 https://www.theguardian.com/world/2016/nov/18/hot-rat-is-so-hot-right-now-moscow-falls-for-the-rodent-burger
- ↑ "Rats! Rodent burger now the latest food craze in Moscow". November 24, 2016.
- ↑ eMedicine: Strongyloidiasis
- ↑ Bonilla; et al. (xuño de 2008). "Nutria Itch". Archives of Dermatology (en inglés) 136 (6). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2008. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ Carter, Jacoby and Billy P. Leonard: "A Review of the Literature on the Worldwide Distribution, Spread of, and Efforts to Eradicate the Coypu (Myocastor coypus)" Wildlife Society Bulletin, Vol. 30, No. 1 (Spring, 2002), pp. 162–175.
- ↑ Sheffels, Trevor Robert; Sytsma, Mark (December 2007). Report on Nutria Management and Research in the Pacific Northwest (Informe). Center for Lakes and Reservoirs Publications and Presentations, Portland State University. Consultado o 2016-09-24.
- ↑ Montgomery, Jeff (2012). "Invasive nutria found in Kent County". The News Journal (19 Jan 2012). delawareonline. Consultado o 19 Jan 2012.
Foi unha sorpresa, francamente," dixo o mércores Steve Kendrot, un xestor ds servizos de vida salvaxe do Departamento de Agricultura de EUA. "Non esparabamos atopalo tan ao norte.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coipú |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Coipú |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Sandro Bertolino, Aurelio Perrone, e Laura Gola "Effectiveness of coypu control in small Italian wetland areas" Wildlife Society Bulletin Volume 33, Issue 2 (June 2005) pp. 714–72.
- Carter, Jacoby e Billy P. Leonard: "A Review of the Literature on the Worldwide Distribution, Spread of, and Efforts to Eradicate the Coypu (Myocastor coypus)" Wildlife Society Bulletin, Vol. 30, No. 1 (Spring, 2002), pp. 162–175.
- Carter, J., A.L. Foote, e L.A. Johnson-Randall. 1999. Modeling the effects of nutria (Myocastor coypus) on wetland loss. Wetlands 19(1):209-219
- Lauren E. Nolfo-Clements: Seasonal variations in habitat availability, habitat selection, and movement patterns of Myocastor coypus on a subtropical freshwater floating marsh. (Dissertation) Tulane University. New Orleans. 2006. ISBN 0-542-60916-9
- Sheffels, Trevor e Mark Systma. "Report on Nutria Management and Research in the Pacific Northwest" Center for Lakes and Reservoir Environmental Sciences and Resources, Portland State University. Decembro 2007. Available on-line: [2]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Historia, distribución e espallamento das introducións do coipú en todo o mundo e esforzos por erradicalo con ligazóns a outros sitios sobre o coipú.
- The Effect of Nutria on Marsh Loss in the Lower Eastern Shore of Maryland informe do USGS
- Portland State University Informe do coipú no noroeste do Pacífico de Norteamérica.
- Species Profile- Nutria (Myocastor coypus), National Invasive Species Information Center, United States National Agricultural Library. Lista de informacións xerais e recursos sobre o coipú ou "nutria".