Florentino Ameghino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Florentino Ameghino
Florentino Ameghino.jpg
Florentino Ameghino
Nacemento18 de setembro de 1854
 Luján
Falecemento6 de agosto de 1911
 La Plata
CausaDiabetes mellitus
NacionalidadeArxentina
Educado enUniversidad Nacional de La Plata
Ocupaciónnaturalista, antropólogo, paleontólogo, zoólogo, catedrático de universidade e biólogo
editar datos en Wikidata ]

Florentino Ameghino, nado o 18 de setembro de 1854 en Luján, provincia de Buenos Aires, Arxentina, e falecido o 6 de agosto de 1911 en La Plata, foi un científico autodidacta, naturalista, climatólogo, paleontólogo, zoólogo, xeólogo e antropólogo arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Florentino Ameghino no seu depósito arqueolóxico.
Pyrotherium romeroi ou besta do fogo. Mamífero fósil descuberto e clasificado por Ameghino. A pesar da súa trompa non estaba relacionado cos elefantes, pertenecía aos Xenungulata dentro dos Meridiungulata.

Foi mestre de escola e despois director da Colexio Municipal de Mercedes, na provincia de Buenos Aires.

Autodidacta, para os seus traballos científicos sempre contou co apoio do seu irmán menor Carlos, e para o seu financiamento só cos exiguos fondos obtidos da súa librería situada na cidade de La Plata.

Estudou o solo da provincia de La Pampa e recolectou numerosos fósiles. A súa colección está considerada como unha das máis importantes do seu tempo.

Tamén estudou restos de fósiles do home cuaternario no xacemento arqueolóxico de Chelles, Sena e Marne, Francia.

Foi nomeado profesor de zooloxía da Universidad Nacional de Córdoba. En 1886, Francisco P. Moreno nomeouno vicedirector e secretario do Museo de La Plata, asignándolle a sección de Paleontoloxía, que Ameghino arrequeceu coa súa propia colección (que vendeu ao estado provincial). Por último, foi director do Museo Nacional de Buenos Aires.

Para explorar o territorio patagónico, custeou unha expedición a cargo do seu irmán Carlos, para o cal estableceu unha librería, que atendeu persoalmente, en La Plata.

Faleceu en La Plata, á idade de 57 anos, o 6 de agosto de 1911, enfermo de diabetes e tamén por resistirse a unha intervención cirúrxica. Está soterrado no cemiterio de La Plata.

Principais obras[editar | editar a fonte]

1878 - La antigüedad del hombre en el Plata.
1878 - Los mamíferos fósiles en la América Meridional.
1884 - Filogenia.
1889 - Contribución al conocimiento de los mamíferos fósiles de la República Argentina.
1891 - Los monos fósiles de la República Argentina.
1984 - Énumeration synoptique des espèces de mammifères fossiles des formations éocènes de Patagonie.
1895 - Sur les oiseaux fossiles de la Patagonie.
1900 - 1903 L'Âge des formations sédimentaires de Patagonie.
1902 - Línea filogenética de los proboscídeos.
1902 - On the primitive type of the Plagiodont molars of Mammalia.
1903 - Los Diprotodontes del orden de los plagiaulacoides y el origen de los roedores y de los Polimastodontes.
1904 - Recherches de morphologie phylogénétique sur les molaires supérieures des ongulés.
1906 - Formaciones sedimentarias del Cretáceo Superior y del Terciario de Patagonia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Varias localidades arxentinas levan o nome de Florentino Ameghino, así como diversos establecementos educativos en todo o país, bibliotecas, museos, escolas, prazas, rúas e parques en distintas localidades.
  • A súa obra Contribución al conocimiento de los mamíferos fósiles de la República Argentina valeulle a medalla de bronce na Exposición Universal de París de 1889.
  • Un cráter da Lúa leva o seu nome.

Epónimos[editar | editar a fonte]

Na honra de Florentino Ameghino nomeáronse unhas 110 especies, entre elas:

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Ameghino emprégase para indicar a Florentino Ameghino como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Garate, Justo (1970): "Ameghino, Florentino", en Dictionary of Scientific Biography, 1, New York: Charles Scribner's Sons, pp. 129–132, ISBN 0-684-10114-9.
  • Shampo, M. A. & Kyle, R. A. (1987): "Argentinian paleontologist contributes to the understanding of humans and the environment". Mayo Clin. Proc. 62 (9): 855.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]