Triploblásticos
Os triploblásticos ou triblásticos son animais (metazoos) en cuxo desenvolvemento embrionario temperán se diferencian tres follas embrionarias ou capas de tecido embrionario: ectoderma, endoderma e mesoderma. Esta última está ausente nos diploblásticos, cuxo nome alude á presenza de só dúas follas embrionarias (por exemplo, no caso dos cnidarios).
Os triblásticos forman un clado, é dicir, suponse que son monofiléticos, xa que se cre que todos derivan dun mesmo antepasado común; é unha característica presente en todos os animais do clado Bilateria (bilaterais), e hai hoxe algúns estudos que propoñen a posíbel triploblastia nun grupo de animais radiados, os ctenóforos.[1][2]
A sistemática dos triploblásticos baséase no destino do blastóporo embrionario; así, distínguense dúas grandes liñaxes:
- Protóstomos: o blastóporo orixina a boca, e o ano é de neoformación, aínda que non sempre se presenta, como é o caso dos platihelmintos.
- Deuteróstomos: o blastóporo orixina o ano, e a boca é de neoformación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martindale, Mark Q.; Henry, Jonathan Q. (outubro de 1999). "Intracellular Fate Mapping in a Basal Metazoan, the Ctenophore Mnemiopsis leidyi, Reveals the Origins of Mesoderm and the Existence of Indeterminate Cell Lineages". Developmental Biology (en inglés) 214 (2): 243–257. doi:10.1006/dbio.1999.9427.
- ↑ Sieving, R. (2009-04-27). "Mesoderm bei Ctenophoren". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research (en inglés) 15 (1): 1–8. doi:10.1111/j.1439-0469.1977.tb00529.x. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Para información detallada sobre as características, filoxenia e grupos incluídos nos triblásticos véxase: