Endoderma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Durante a gastrulación fórmase o endoderma.
Sección a través dun embrión.
Sección a través dun embrión implantado no útero.

O endoderma é unha das tres capas xerminais primarias que aparecen nas fases máis iniciais do desenvolvemento do embrión. As outras dúas son o ectoderma (capa externa) e o mesoderma (capa media), en tanto que o endoderma é a capa máis interna.[1] As células que emigran cara ao interior ao longo do arquénteron forman a capa interna da gástrula, que se desenvolve orixinando o endoderma.

O endoderma consta de células inicialmente aplanadas, que despois se fan columnares. O endoderma formará o revestimento epitelial de moitos órganos.

Elementos derivados do endoderma[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa indica os órganos derivados do endoderma.

Capa Categoría Sistema
Xeral [2] Tracto gastrointestinal. o canal alimentario completo agás parte da boca, farinxe e a parte terminal do recto (que está revestida por involucións do ectoderma), as células que revisten todas as glándulas que verten no tubo dixestivo, incluíndo o fígado e páncreas
Xeral Tracto respiratorio a traquea, bronquios e alvéolos dos pulmóns
Xeral Glándulas e órganos endócrinos o epitelio de revestimento dos folículos da glándula tiroide e do timo
aparato auditivo o epitelio do tubo auditivo e da cavidade timpánica
aparato urinario a vexiga urinaria e parte da uretra

O fígado e o páncreas pénsase que derivan dun precursor común.[3]

Nos humanos, o endoderma pode diferenciarse en órganos distinguibles xa na 5ª semana do desenvolvemento embrionario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Langman's Medical Embryology, 11th edition. 2010.
  2. A categoría xeral indica que todos ou a maioría dos animais que conteñen esta capa producen a partir dela as partes sinaladas.
  3. Zaret KS (2001). "Hepatocyte differentiation: from the endoderm and beyond". Curr. Opin. Genet. Dev. 11 (5): 568–74. PMID 11532400. doi:10.1016/S0959-437X(00)00234-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]