Horacio Allegue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHoracio Allegue
Nome orixinal(es) Horacio Allegue Lamas Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Ares, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992rowing at the 1992 Summer Olympics – men's eight (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: horacio-allegue-lamas Editar o valor em Wikidata

Horacio Allegue Lamas, nado en Ares o 7 de marzo de 1972, é un remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro do Club de Remo Ares, foi campión de España infantil e pouco despois entrou na selección española, onde foi adestrado polo campión olímpico soviético Oleg Golovanov, de cara aos Xogos Olímpicos de Barcelona.[1] Competiu na cita olímpica con só 20 anos, integrado no equipo español de oito con temoneiro, quedando na derradeira posición tanto na serie inicial como na repesca.[2]

Posteriormente pasou ao Real Club Náutico de Vigo, e en 1994 foi sétimo no Campionato de Europa de Remo, en oito con temoneiro.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los protagonistas, unos pocos dispuestos a sacrificarse". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 1991. p. 45. 
  2. "Oito con temoneiro nos Xogos Olímpicos de 1992". sports-reference.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  3. "El aresano Horacio Allegue fue séptimo en el campeonato de Europa de Remo". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xullo de 1994. p. 40. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]