Clotilde
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
Nome orixinal | (fr) Clotilde, Clothilde (la) Crotechildis (de) Crochtechilde (es) Cloetilde (español) |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 474 Lión, Francia |
Morte | 3 de xuño de 545 (Gregoriano) (70/71 anos) Tours, Francia |
Lugar de sepultura | Catedral de Notre-Dame de París |
Raíña dos francos | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | consorte |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 3 de xuño |
Patrón de | Bride (en) , viúva, exilio, proxenitor e Adopción |
Outro | |
Título | Burgund prince (en) Raíña dos francos |
Familia | Burgundian dynasty (en) |
Cónxuxe | Clodoveo I (493 (Gregoriano)–511 (Gregoriano)), morte do cónxuxe |
Fillos | Ingomer, Clodomiro, Childeberto I, Clotario I, Clotilde |
Pai | Chilperico II da Borgonha |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Clotilda, St. |
Clotilde, nada en Lión o 475 e finada o 3 de xuño do 545, foi unha princesa burgundia e raíña dos francos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Chilperico II de Burgundia. A sona da súa beleza e posibles alianzas políticas fixeron que o rei pagán dos francos Clodoveo I casara con ela no ano 492. Tivo que padecer a dor do asasinato dos seus pais por parte do seu tío Gundevaldo no ano 493. O seu primoxénito Ingomiro, finou ao pouco de nacer.
Afervoada cristiá, rachou a tradición das elites francas bautizando ao seu segundo fillo Clodomiro e, máis tarde, conseguiu a conversión do seu home. Este era remiso pola humillación ante os seus xenerais de abandonar os seus deuses guerreiros ancestrais por desexos da súa muller. Porén, o catolicismo era a relixión maioritaria da poboación galoromana polo que necesitaba a súa adhesión para exercer a auctoritas sobre a Galia. Este apoio viuse fundamental ante a ameaza da invasión alamana vencida na batalla de Tolbiac. Finalmente, foi bautizado polo bispo Remixio de Reims, no ano 496, xunto con tres mil guerreiros francos na igrexa de San Martiño de Tours. Aínda que este acontecemento se ten visto como o nacemento do primeiro reino medieval, o certo que e xa existía un precedente no Reino Suevo da Gallaecia con Requiario
Clotilde impulsou a evanxelización dos francos e favoreceu a organización de esmolas e a atención aos esfameados e doentes. Isto contribuíu ao recoñecemento da autoridade dos xermanos en toda a Galia.
Fracasou nos intentos de reconciliación entre os seus fillos Clodomiro, Khildeberto I e Clotario I, tralo pasamento do seu home no ano 511. Retirouse a Tours onde se adicou á esmola e a oración.
Legado
[editar | editar a fonte]Gregorio de Tours deixou dela unha visión histórica probablemente idealizada. Venerada como santa pola Igrexa Católica, as súas reliquias foron destruídas na Revolución francesa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clotilde |